domingo, 7 de setembro de 2025

ANTA-DOLMEN DA NECRÓPOLE DO OUTEIRO DE OMBRA. Santo Tomé de Piñeiro, Marín.

ANTA-DOLMEN DA NECRÓPOLE DO OUTEIRO DE OMBRA

SENDA DAS MÁMOAS DE MARÍN IV

"Con tanto ardor deben los ciudadanos pelear por la defensa de las leyes, como por la de sus murallas, no siendo menos necesarias aquéllas que éstas para la conservación de una ciudad".

Heráclito de Éfeso



Debuxo de Moncho Boga, 2025.

Esta nova mámoa da necrópole do Outeiro de Ombra, fito necesario da Senda das Mámoas de Marín, atópase emprazada sobre o final da cativa ombreira, ou talvez espolón, da Chan de Outeiro de Ombra. Aséntase a uns poucos metros ao noroeste da anterior e tamén destaca moi pouco sobre a paisaxe, debido ás graves alterracións producidas ao longo dos tempos e das horas.



Fotografía de megaliticiablogspot.com

Hoxe en día, sobre todo grazas á inclusión na Senda, a súa contorna inmediata e a súa superficie xa non están cubertas de eucaliptos e, na área circundante, predomina a repoboación de carballos que veñen a dignificar estes ilustres elementos da nosa prehistoria. Malia todo iso, as alteracións producidas noutrora na superficie da mámoa foron o suficiente salvaxes como para que toda a súa estrutura véxase profundamente danada.



Fotografía de megaliticiablogspot.com

A mámoa é de reducidas dimensións co correspontente burato de saqueo do que asoman dous poderosos esteos que formaron parte da estrutura arquitectónica da cámara ou anta/dolmen. Tamén, froito da limpeza da  súa superficie, hoxe pódense contemplar numerosos restos da coiraza pétrea, sobre todo na esquina que mira ao oeste.


Itinerario da Senda das Mámoas de Marín. Dos paneis da Senda.


En Sigras, mirando cara ao outono de 2025.

Saúde, sorte e libros!!!


ENLACES 

https://megaliticia.blogspot.com/2024/07/Senda-mamoas-Marin.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario