PEDRAFITA-MENHIR A1 DA BAIXADA DE SAN XOSÉ
1.RUTA DAS PEDRAFITAS-MENHIRES DA BAIXADA DE SAN XOSÉ."El hombre tiene el poder de elevarse hasta los dioses, o de caer hasta los demonios."
Giovanni Pico Della Mirandola
Segundo a tipoloxía proposta por Rafa Castro, esta pedrafita adscríbese ás do tipo A a saber, a sección é cadrada tendente a rectangular, a punta afiada e picuda e cunha lonxitude que neste caso case chega aos tres metros.
Debuxo: Moncho Boga, 2025. |
Sen ningún tipo de dúbidas a Pedrafita A1 da Baixada de San Xosé é un dos exemplares paradigmáticos e extraordinarios de de toda a xeografía pedrafiteira galega.
ETNOGRAFÍA, LENDAS: MITOLOXÍA
Malia que segundo escribe Rafa Castro, non atopou ningún tipo de lenda vencellada ás pedrafitas que nos ocupan, a contorna do Pozo do Demo ábresenos coma un libro aberto, un completo compendio de mitoloxía galaica. Unha das curiosidades a subliñar é que, paradóxicamente, sendo un lugar caracterizado e ligado á auga, feito pola auga, a meirande parte das lendas teñen como fío argumental o lume.
Extracto do Folleto turístico do Concello de Verín sobre o PRG-150: Ruta Pozo do Demo. |
Por exemplo a cuestión da profundidade do Pozo: cando os veciños animáronse a comprobar a súa profundidade, ataron cunha longa corda unha pedra e introducírona no burato sin que esta tocara fondo e, ademais, ao sacar a corda, a pedra desaparecera e o cabo co que estaba atada aparecía queimado... Unha versión do intento de mensura conta que tanto a corda como a pedra retornaron chamuscadas, queimadas...
Nas vindeiras entradas irei relatando outra interesante xeira de relatos mítico-lexendarios ao redor do fabuloso Pozo do Demo e da Baixada de San Xosé.
En Sigrás, no preludio doutro Nadal mais, esperando o 2026.
Saúde, sorte e libros!!!
BIBLIOGRAFÍA INDISPENSABLE E NECESARIA
Rafael Castro Vaamonde: "Novas exploracións no contorno do Pozo do Demo e das Fragas de Abedes." Traballo inédito.
https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/2014/03/pedrafitas-falicas.html
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html
https://www.diariodotamega.es/articulo/verin/verin-quere-facer-do-pozo-do-demo-maior-museo-natural-do-sur-galicia/20220214204758021561.html
ttps://www.laregion.es/comarca-de-monterrei/verin-recuperara-ruta-menhires-milenarios_1_20220223-2278229.html
https://osil.info/verin-proxecta-desenvolver-no-pozo-do-demo-o-maior-atractor-turistico-do-sur-de-galicia-cos-next-generation/
https://venagalicia.gal/noticia/2022/02/15/verin-quiere-convertir-pozo-do-demo-museo-aire-libre-referente-turismo-galicia/0003_202202O15C4991.htm
https://www.farodevigo.es/ourense/2021/02/27/denuncian-abandono-yacimiento-arqueologico-o-35760402.html
O_Bouzadoiro_un_xacemento_romano_unico_e.pdf
https://www.gciencia.com/retro/localizan-en-verin-o-castelo-medieval-de-cabreira/
https://estarvivobajoelcieloazul.blogspot.com/2013/03/pozo-do-demo.html
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/verin-comarca-de-verin-ourense-prg-150-sendeiro-do-pozo-do-demo-22216460/photo-14031936
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/punto-geodesico-de-montemaior-44984183/photo-29545613
https://verin.es/turismo/

