sábado, 10 de noviembre de 2012

Pedrafita-menhir do Marco da Pena Longa. Sober

Pedrafita-menhir do Marco da Pena Longa, Sober.

A pedrafita do Marco da Pena Longa foi o marco de termo que delimitaba as parroquias de Canaval, Neiras, Refoxo e Mañente, no concello de Pantón.

Descubriuse cando se realizaban as obras dun paso da vía férrea e foi inmediatamente trasladada ao Museo Provincial de Lugo para a súa conservación.



Fotografía proporcionada por
Xabier Moure Salgado en maio de 2014.


Trátase dunha poderosa pedrafita que acada unha altura aproximada dun metro e setenta e seis centímetros. Amosa unha apariencia de formas achanzadas e redondeadas como se fose pulida, con varias cazoliñas alineadas. Tamén amosa diversos sucos e o que se pode denominar "círculo prepucial" que coroa o elemento e que lle da unha certa impronta fálica. O que podemos dicir desde aquí é que desde logo é un claro rebaixe ou escotadura artificial.

Segundo os veciños este era o marco divisorio dos señoríos das casas dos Andrade e dos Tor.



Fotografías: coladovento.blogspot.com.es



Pedrafita-menhir de Toalde. Santiago de Louredo. O Sabiñao

Pedrafita-menhir de Toalde. Santiago de Louredo

Nas brumosas terras do Saviñao, á beira dunh cierre, nunha propiedade privada (Angelito, o canteiro da pedra) atópase ergueita esta singular pedra que ben podería pasar a engrosar o xa elevado número das pedrafitas galegas. Aínda así, non podo testemuñar desde aquí a súa adscrición crono-cultural, e dubido que se poda facer algún día.

Atópase, dicía, ubicada a carón da estrada que leva a Buxán e mide ao redor de tres metros de altura e nas súas caras non se aprecian a simple vista restos algúns de gravuras.






Fotografía de Xabier Moure en o noso patrimonio, blog

Máis información:

Pedrafita-menhir do Marco. Camposancos-A Guarda

Pedrafita-menhir do Marco. Camposancos-A Guarda

Tamén é coñecida como pedrafita da Picota ou pedra do Abellón. Fai e fixo de marco de termo entre as parroquias de A Guarda e Camposancos. Aínda que hoxe non está no seu lugar orixinal -foi trasladada uns metros- sabemos que á súa beira transitaba o vello Camiño Real, camiño costeiro, camiño do mar... mesmo ao pé do impoñente Castro de Santa Trega. 

O nome da Picota ten que ver co axustizamento de reos, cuxas cabezas quedaban penduradas no marco.

A pedrafita aparece moi erosionada, precisamente debido aos fortes ventos marinos que a acompañan continuamente. Debido a esto case xa non se aprecian as moitas cazoliñas que cubrían a súa faciana. Aínda que antiguamente foi moito máis alta, na actualidade acada máis de dous metros.



Fotografía e información proporcionada por
 Alberte Alonso Fernández


Pedrafita-menhir de Padriñán. Sanxenxo

Pedrafita-menhir de Padriñán. Sanxenxo

Tamén se coñece co nome de Pedra do Santo ou Pedra de San Xinés. Como lles ocurre a tantas outras posibles pedrafitas galegas, fai de marco de termo entre as parroquias de Padriñán e Sanxenxo.

Atópase nun xardín e ao acometer deversas obras, respectaron o seu lugar de orixe, caso raro onde os haxa. Amosa na superficie diversas gravuras así como cazoliñas, ferraduras e algún cruciforme. Acada unha altura de ao redor dun metro. Segundo Alberte Alonso esta pequena pedrafita está relacionada con cultos á fertilidade.



Fotografía de Rafael Quintía,
blog: a sombra de bouza panda



Fotografía de Xabier Moure, o noso patrimonio


Pedrafita-menhir do Monte Lourado. Marcón

Pedrafita-menhir do Monte Lourado. Marcón


Atópase entre as parroquias de A Canicouva, Marcón e Ponte Sampaio.

Extraña pedrafita cun lado cóncavo e outro convexo, non parece moi grande. A sección na planta semella triangular. Segundo Alberte Alonso esta pedrafita debe ser considerada como das do tipo de observación astronómica.


Fotografía Alberte Alonso, en Xabier Moure, onosopatrimonio.



Fotografía de Rafael Quintía en a sombra de bouza panda.



Pedrafita-menhir Chan de Parafita. Marcón, Pontevedra

Pedrafita-menhir Chan de Parafita. Marcón

Atópase no alto do Monte da Facha. Aínda que non podo dicir moito máis deste en apariencia bonita pedrafita, podo colexir que se trata dun elemento con sección rectangular e forma tamén xeral rectangular. Semella que se erixe nun pequeno outeiro e a base está calzada cunha morea de pequenas pedras.

Segundo información recollida de Xabier Moure, Martiño Sarmiento recolleu diversas lendas como a que conta que neste lugar realizábanse diversas xuntanzas ou reunións, aínda que non sabemos quenes nin para que.



Fotografía de Rafael Quintía do blog
 a sombra de bouza panda.