jueves, 18 de octubre de 2012

Pedrafita-menhir Marco Carreiro. Estacas-César, Pontevedra.

Pedrafita-menhir Marco Carreiro. Estacas-César (Cuntis-Caldas de Reis), Pontevedra.

Trátase dun bloque cilíndrico de grano groso que se vai estreitando cara ao máis alto adoptando un remate cónico moi redondeado. Acada unha altura dun metro e oitenta centímetros e, na base, un perímetro de oitenta centímetros.



Fotografía: O Megalitismo en Cuntis
 Francisco Ameixeiras Sánchez, Olimpio Arca Caldas. 
Tapa, 29

Atópase no antigo Camiño Real (hoxe un cortalumes) e, segundo a tradición, tratábase dunha "pedra legua". Facía, como dicía antes, de moxón demarcatorio entre as parroquias de Estacas (Cuntis) e Santo André de César (Caldas de Reis).

Na superficie, perfectamente puída, aparecen diversos gravados modernos debido ao seu continuado uso como marco de termo, pero tamén aparecen varias cazoliñas que seguramente permiten a súa adscrición crono-cultural á prehistoria. Desde aquí apostamos pola adscrición á época megalítica.

Efectivamente, xunto con diversas mámoas, a pedrafita do Marco Carreiro segue a marcar hoxe en día os límites administrativos entre concellos e parroquias.

Fotografía: O Megalitismo en Cuntis 
Francisco Ameixeiras Sánchez, Olimpio Arca Calda. Tapa, 29 



BIBLIOGRAFÍA

PASADO E FUTURO DE CASTROLANDÍN (CUNTIS):
UNHA PROPOSTA DE RECUPERACIÓN E REVALORIZACIÓN
Xurxo M. Ayán Vila (Coord.) TAPA 29. Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento
Consejo Superior de Investigaciones Científicas - Xunta de Galicia

 

Estatua-menhir Cabeza de San Pedro. Amil-Rebón, Moraña. Pontevedrar

Estatua-menhir Cabeza de San Pedro. Amil-Rebón, Moraña. Pontevedra

Esta curiosa e rara peza ubícase no límite das parroquias pertencentes ao Concello de Moraña, San Mamede de Amil e San Pedro de Rebón. Foi descuberta no ano 1962 polo profesor Carlos Paratcha.



Foto Fran, Panoramio.


As hipóteses cronolóxico-culturais van desde a adscrición ao Megalitismo, pasando pola Idade do Bronce ata chegar á 2ª Idade do Ferro. 
Acada aproximadamente un metro de altura e atópase na ladeira dun monte a 300 metros de altitude.



Foto mikelmorana, panoramio
.

A nota distintiva desta rara avis consiste en que esculpiuse unha cabeza humana nunha alteración ou protuberancia natural da pedra: trátase dunha cabeza moi tosca na que se perciben claramente os ollos, a nariz e a boca. Debaixo da cabeza hai gravada unha cruz, o que pode denotar tanto a cristianización do monumento como ser a marca propia dun marco de termo, feito moi común na Idade Media.


 
Foto J Jorge Cr, panoramio

O estado de conservación non é moi bo e atópase hoxe en día no medio dun cortalumes habendo ao seu redor unha gabia moi profunda.
Aínda que a súa posición semella non cumprir moitas das constantes das pedrafitas galegas, hai que dicir que a chaira na que se atopa permite unha boa visibilidade o que tamén posibilita unha posible finalidade como marco de referencia, como distintivo anunciador.



Foto magago, patrimoniogalego.net

Segundo algúns investigadores, a datación desta pedra antropomorfa pódese fixar na 2ª Idade do Ferro (s. IV a C.) e sería unha divinidade protectora, semellante ás chamadas "cabezas cortadas" de tradición céltica.