ANTA-DOLMEN MINA DE ESPIÑAREDO
ROTEIRO MEGALÍTICO DO MONTE CORZÁN 1"Todas las guerras son santas. Os desafío a que encontréis un beligerante que no crea tener al cielo de su parte."
Jean Anouilh
Debuxo de Moncho Boga, Sigrás 2025. |
E xa estamos na máxica chaira do mítico Monte Corzán e, cun pouco de sorte, estamos tamén na depresión suave onde se asentan as antas que vou describir nesta entrada. Estamos, pero antes tivemos que facer o camiño, tivemos que chegar e, si arriscades e non empregades o XPS, aí vai unha pequena descrición do percorrido: desde a aldea de Pedralonga, débese coller unha pista asfaltada que sae na dirección sul cara á aldea de Vilar. Logo de percorrer aproximadamente un quilómetro e medio (un pouco menos) a mámoa aséntase maxestuosa a uns cen metros mirando ao oeste.
Denominada tamén Anta da Mámoa do Monte Corzán 10 atópase, pois, no lugar de Pedralonga formando parte dunha necrópole dunhas trece mámoas. A área conforma unha ampla superficie achairada atravesada polo río corzán. A contorna actualmente está repobaoda de diverso arborado no que predominan os piñeiros e os eucaliptos. Deste xeito tan glamuroso, toda a superficie da mámoa aparece sulcada por varias liñas de eucaliptos e piñeiros. Acompanando esta masa arbórea, a mámoa tamén está cuberta de monte baixo a saber, de silvas e toxo.
A mámoa ten unha dimensións considerables, acadando no eixo norte-sul ao redor de trinta e cinco metros, uns trinta e un no eixo leste-oeste así como unha altura, tamén aproximada, de pouco menos de tres metros. A extensión da violación (na busca dos inexistentes tesouros dos máxicos mouros) vai desde os catro metros e sesenta centímetros no eixo norte-sul, uns seis metros e trinta centímetros no eixo leste-oeste, ata o metro de profundidade.
Como vemos, no centro, na croa ábrese ese amplo e vigoroso funil de violación no que aínda sobresaen tres esteos que formaron parte da estrutura arquitectónica (Murguía identificara oito). O mais grande emprázase no lado leste e mide de altura uns oitenta centímetros e, na parte baixa, mais dun metro de anchura, que vai diminuíndo ata chegar aos pouco mais de trinta centímetros. O segundo esteo apenas sobresae do chan tumular pero acada unha lonxitude de mais de cincuenta centímetros así como unha anchura dun trinta. Por último, o terceiro esteo mide uns oitenta centímetros de lonxitude, os trinta e oito de ancho así coma un grosor de dazanove centímetros. Ningún destes chantos amosan restos de gravuras, aínda que no primeiro deles intúense unhas liñas verticais.
Pouco mais podo dicir sobre esta senlleira mámoa e os poucos restos que se están a conservar..., mais que engadir que é necesario tomar as medidas oportunas para protexer estes senlleiros exemplares da nosa época megalítica.
Para rematar non o quero facer sen referirme aos mouros, aos nosos mouros que tamén habitan toda a Terra da Barcala: os nosos particulares elfos que, xunto ás súas fermosas compañeiras mouras de cabelos louros, custodian tesouros e as mouras peitean os seus cabelos dourados á beira dos cristalinos ríos ao mencer... Desde Ponte Maceira (construida polos mouros), ata as lendas dos ritos da fertilidade ou a mítica e ubicua Raíña Lupa, que tamén transitou por estes lares...
Unha ultimísima nota: a Anta de Espiñaredo que estudamos aquí non é a das gravuras de E. Shee, de Murguía ou de Sobrino Lorenzo-Ruza. Desa ocupareime noutra entrada, é a anta sinalada co número 11.
EN SIGRÁS, REMATANDO OS MAIOS, 2026
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!
Sobrino Lorenzo-Ruza, R.: "Megalitos del Monte Corzán". Zephyrus IV, 1953.
García Martínez e E. Shee: "Tres tumbas megalíticas decoradas en Galicia". Trabajos de Prehistoria, T. 30, 1973.
Antón Bouzas Sierra e Fernando Alonso Romero: "Los cercados del macizo del Corzán." (Negreira, A Coruña)
https://megaliticia.blogspot.com/2017/05/monte-das-mamoas.html
BIBLIOGRAFÍA
Manuel Murguía: "Historia de Galicia".
García Martínez e E. Shee: "Tres tumbas megalíticas decoradas en Galicia". Trabajos de Prehistoria, T. 30, 1973.
Antón Bouzas Sierra e Fernando Alonso Romero: "Los cercados del macizo del Corzán." (Negreira, A Coruña)
https://megaliticia.blogspot.com/2017/05/monte-das-mamoas.html
https://megaliticia.blogspot.com/2017/05/mamoa-de-espinaredo-e-mamoa-do-raposo.html
https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/dolmenes-corzan-20795179
https://lindeiros.net/negreira-publica-un-mapa-on-line/
https://concellodenegreira.gal/gl/novas/mapa-en-lina-de-turismo-descubrenegreira
https://goo.gl/kWmjbn
https://xurdemoran.blogspot.com/2014/02/mapas-del-camino-fisterra-y-muxia-etapa_4911.html#google_vignette
https://concellodenegreira.gal/uploads/media/document/guia_turistica.pdf
https://lindeiros.net/negreira-publica-un-mapa-on-line/
https://concellodenegreira.gal/gl/novas/mapa-en-lina-de-turismo-descubrenegreira
https://goo.gl/kWmjbn
https://xurdemoran.blogspot.com/2014/02/mapas-del-camino-fisterra-y-muxia-etapa_4911.html#google_vignette
https://concellodenegreira.gal/uploads/media/document/guia_turistica.pdf
https://concellodenegreira.gal/uploads/media/document/guia_turistica.pdf
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2016/08/pazo-de-coton-negreira.html
https://loboquirce.blogspot.com/2016/06/ponte-vell-do-maceira-coruna.html
https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=20795179
https://megaliticia.blogspot.com/2017/05/mamoa-de-espinaredo-e-mamoa-do-raposo.html
https://pefcgalicia.org/camino-fisterra-muxia-es/4-negreira/