ANTA-DOLMEN DA NECRÓPOLE DO OUTEIRO DE OMBRA
SENDA DAS MÁMOAS DE MARÍN V
"Más le vale a un hombre tener la boca cerrada, y que los demás le crean tonto, que abrirla y que los demás se convenzan de que lo es."
Gorgias de Leontinos
Debuxo de Ramón Boga, 2025. |
Hoxe non é un día no que me sinta especialmente optimista; hoxe é un día escandaloso para un compañeiro de especial relevancia no meu espazo laboral. Hoxe será un día difícil de olvidar. Será imposible olvidar a unha persoa insustituible e proverbial. Ata sempre.
E sigo por ises intratables universos virtuais que están cambiando de xeito bestial a vida das nosas xentes, as nosas vidas: sigo transitando por esas autopistas virtuais a velocidade de vértigo, por eses incandescentes e inextricalbles universos que controlan as nosas vidas, que saben o que pensas, o que talvez sexas, o que comes, o que mercas... Unha realidade omnisciente, unha realidade omnipotente, unha realidade invisible que está en todas as partes.
Pois ben, nesa realidade ando eu, sen paracaídas, en caída libre: un vértigo que ameaza todo aquilo que consideraba inmutable, estable e ordenado.
Unha vez amainada a miña indignación polas inxustizas arrogantes e arbitrarias nas que incurren ás veces as administracións, continúo coas miñas divagacións megaliteiras, coas miñas obsesións dolménicas: con aquilo que semella permanecer estable e incorruptible a través dos milenios.
E hoxe remato coa necrópole das Chans de Outeiro de Ombra, a segunda etapa na Senda das Mámoas de Marín, esa ruta que fará marabillas para os amantes do turismo megaliteiro galego.
Fotografía megaliticiablogspot.com |
A Anta-dolmen, mámoa, de Outeiro de Ombra 5, atoparémola seguindo o camiño-senda de referencia das mámoas anteriores e atópase na marxe dereita, ao redor de cento vinte metros ao suroeste da último túmulo, e a uns douscentos cincoenta metros da necrópole das Lagocheiras, que será obxecto das próximas entradas. Orográficamente aséntase no consabido outeiro, na parte alta da penechaira-espolón, na pendente que discorre cara a Chan de Armada.
Trátase dunha mámoa de reducidas dimensións, que non destaca especialmente na controrna debido a que está bastante arrasada: a mámoa non chega aos once metros de diámetro en calquera dos seus eixos e, para a altura, non sobrepasa os oitenta. Asoma, no centro, na croa, un chanto que sobresae pouco mais de corenta centímetros e cunha anchura duns oitenta centímetros máximo. Á súa beira sobresae outro esteo que tamén pode susbsistir na súa posición primixenia. Probablemente están na súa posición orixinal e o meirande podería ser o esteo de cabeceira da anta.
![]() |
Fotografía wilkiloc rutas-sendeirismo. |
Aparte dos dous esteos, ortostatos ou chantos da cámara megalítica, sobre a mámoa aprécianse algunhas pedras que poideron formar parte da coiraza pétrea.
Como estaba a contar nas entradas anteriores adicadas a esta necrópole, a relación entre camiños prehistóricos e necróples megalíticas en Galicia non pode ser casual. Esta relación atópase documentada amplamente na literratura megalítica desde os albores da disciplina arqueolóxica galega. Como lugares simbólicos dalgún tipo nas rutas prehistóricas de tránsito, como marcadores espaciais para ser vistos a longa disttancia..., aínda hoxe moitas mámoas e pedrafitas funcionan de marcos de término entre parroquias, concellos, provincias e incluso nacións.
En Sigrás, no día da infamia de 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
ENLACES IMPORTANTES E IMPRESCINDIBLES
https://megaliticia.blogspot.com/2024/07/Senda-mamoas-Marin.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario