ANTA-DOLMEN DO CHAN DE FONTESECA 2
SENDA DAS MÁMOAS DE MARÍN VIII BIS
"El aire se mueve siempre, ya que, en efecto, todas las cosas que se transforman no se transformarían si no se movieran."
Anaxímenes de Mileto
A Anta que amoso no debuxoxa non existe (era así no ano 1994), sen embargo pódense ollar os seus tristes restos: como veredes foi destruída ao contruir un muro. Engádoa na Senda como un elemento mais...
E sigo, paseniñamente, achegándome pouco a pouco ao final deste especial percorrido polas espectaculares terras do Morrazo, península especial onde as haxa, península de peregrinacións prehistóricas, outro dos moitos fins do mundo Galaicos, aló onde morre o sol, onde se albiscan perspectivas de monstros, de seres descoñecidos, aló onde remata o mundo.
.
O emprazamento desta mámoa atópase na estribación setentrional do Coto do Home, na inflexión da pendente oriental. Rodeada, como non, de eucaliptos así como dunha cativa presenza de carballos e piñeiros. Tamén predomina o monte baixo a saber, toxos, brexo e fentos.
A mámoa acada dimensións medianas: non sobrepasa a ducia de metros no seu diámetro e tampouco chega ao metro e medio de altura. No centro da mámoa eríxese o sempiterno funil de saqueo de onde asomaba unha anta adscrita ás da tipoloxía poligonal coa entrada orientada ao sueste. Estaba formada por catro esteos na súa posición orixinal, imbricados a partir da pedra da cabeceira, de meirandes dimensións.
O perímetro da mámoa tamén está alterado no flanco leste pola construción dun muro. No lindeiro do lado norte asoma unha pedra/esteo que podería formar parte do anel peristalítico.
Croquis de situación. |
Pouco logo do ano 1994, a construción dunha granxa de coellos significou a destrución case total destá noutrora fermosa anta: no muro oeste das ditas instalacións, pola parte exterior, apareceron unha grandes pedras que se corresponden coa cámara do túmulo. Unha auténtica desfeita, literalmente.
Hoxe sábese que a Anta de Fonteseca 2 foi destruída en mais da metade nesas datas ao construir a granxa e pode contemplarse o que queda da mámoa sobre a que pasa o muro de peche disa instalación.
OUTRAS COUSAS NO MORRAZO
Outro dos fins do mundo, dicía mais enriba, dos fisterrae galaicos, outro dos misteriosos e intrigantes lugares máxicos de Galicia: o Castro de Donón no Monte Facho, poboado celta coñecido como Beróbriga. Mais que probable santuario galaico, lugar de peregrinacións prehistóricas, lugar das 174 aras galaicas adicadas ao deus Bero Breus, caso único e seguramente irrepetible en toda a Europa Atlántica. A meirande parte das aras galaico-romanas achadas neste impresionante emprazamento atópanse custodiadas no Museo Quiñones de León en Vigo.
Aquí, conta a lenda, apareceu un enorme monstro que asomou ameazante das augas atlánticas do Morrazo: o xoven Oridón, valente e ousado onde os haxa, venceuno e as púas do arrepiante monstro ficaron perificadas, converténdose nas picudas rochas que podemos albiscar desde os cantís.
En Sigrás, nun setembrino día de 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
ENLACES, BIBLIOGRAFÍA
https://megaliticia.blogspot.com/2024/07/Senda-mamoas-Marin.html
https://arqueologia-patinho.blogspot.com/2008/07/chan-de-armada-desvela-sus-secretos.html
https://www.concellodemarin.es/pxom/
https://historiaymitos.blogspot.com/2009/04/mamoas-bajo-asedio-en-o-morrazo.html
https://ahoradosmouros.blogspot.com/2012/01/duas-lousas-da-mamoa-do-chan-da-armada.html
F. Carrera Ramírez e R. Fábregas Valcarce: "Arte parietal megalítico en le Noroeste Penínsular". Tórculo Edicións, 2006.
SOBRINO LORENZO-RUZA, Ramón. “Prospecciones arqueológicas en Morrazo”. El Museo de Pontevedra. Pontevedra. 1956.
https://patrimoniogalego.net/index.php/4681/2011/09/mamoa-de-chan-da-armada-1/
https://megaliticia.blogspot.com/2024/07/Senda-mamoas-Marin.html
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-das-mamoas-de-marin-219310977/photo-132766529
https://cousasdecarragal.blogspot.com/2025/03/marin-la-recomendada-ruta-das-mamoas.html
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/o-morrazo/ruta-pasada-auga-estrear-senda-das-mamoas/202406162121471308969.html
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/o-morrazo/nueva-senda-das-mamoas-marin-podra-realizarse-proximo-2-junio/202405011229341302690.html
https://www.carriola.es/index.php/noticias-de-marin-by-julio-santos/7174-el-concello-inaugura-el-proximo-domingo-la-ruta-das-mamoas-con-una-andaina-desde-el-lago-de-castineiras
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/2024-roteiro-das-mamoas-de-marin-otonal-noviembre-desde-lago-castineiras-a-lagocheiras-192112111/photo-118661999
https://nl.wikiloc.com/routes-wandelen/ruta-das-mamoas-de-marin-circular-desde-lago-castineiras-jmc-mamoas-192531087
https://it.wikiloc.com/percorsi-escursionismo/vilaboa-lago-de-castineiras-y-rio-maior-204892555
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/marin/2008/03/15/arqueologos-reconstruiran-mamoa-chan-armada/0003_6653268.htm
https://pt.wikiloc.com/trilhas-trekking/ruta-das-mamoas-de-marin-circular-desde-lago-castineiras-jmc-mamoas-192531087
https://pt.wikiloc.com/trilhas-trekking/ruta-das-mamoas-de-marin-circular-desde-lago-castineiras-jmc-mamoas-192531087