martes, 14 de mayo de 2013

Cista do Xacemento de Tarais. Riasón, A Illa de Arousa

CISTA DO XACEMENTO DE TARAIS. Riasón, A Illa de Arousa

Unha das tres cistas das que se compón a necrópole do xacemento de Tarais é a que podemos ver nesta fotografía. Son, efectivamente, tres cistas que quedaron á vista debido á poderosa erosión que está a afectar esta zona. A cista que podemos contemplar na devandita fotografía conserva polo menos tres dos catro esteos que a conformaban. Non conserva sen embargo  a tampa ou pedra cobertora; a planta é rectangular.

Como se pode deducir pola fotografía, estas cistas corren un grave risco de desaparición, non só debido aos temporais e ás mareas, senon temén debido a que esta é unha área de forte explotación marisqueira.



Fotografía e texto extraídos de patrimoniogalego.net. Autor pandulleiros.


Anta-dolmen nº 5 da Cruz de Méndez. Mourelos de Riba, Touro

Anta-dolmen nº 5 da Cruz de Méndez. Mourelos de Riba, Touro

Estamos diante dos restos da estrutura arquitectónica dunha anta inserida no contexto dunha necrópole megalítica composta por cinco mámoas.

Conserva "in situ" dous esteos da anta, polo que non se pode deducir nin definir a forma da planta. A mámoa na que se ubican eses dous esteos acada unha medidas aproximadas que van desde os dezanove metros e medio do eixo leste-oeste, ata os vinteun no eixo norte-sul. Sobresae cerca dun metro e medio.



Fotografía e textos extraídos do blogue onosopatrimonio de Xabier Moure