martes, 1 de setembro de 2026

ANTA-DOLMEN DAS NAMELAS 3. Santa María de Ventosa, Agolada.

ANTA-DOLMEN DAS NAMELAS 3

10.-POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ

"Toda forma de desprecio, si interviene en la política, prepara o instaura el fascismo."

Albert Camus.

 


Debuxo da Anta das Namelas 3, Moncho Boga.

E chegamos, con certa ilusión e algún cansancio, á sorprendente Anta das Namelas 3, que se sitúa a preto de cen metros da anta das Namelas 2. Atópase a uns 600 metros de altitude nunha aba que vai descendento de xeito nada abrupto coa dirección norte-sul, caendo  paseniñamente cara ao río Arnego, non sin antes interromperse por algunha cativa vagoada ou depresión (onde están precisamente As Namelas 2 e 3) ou por algunhas extensas chairas (onde se situa a Anta Chaira do Medio). 


Mapa de situación da Anta das Namelas 3. Google maps.

Para chegar a estas terras altas valen tanto ou tan pouco as mesmas indicacións que para a meirande parte das antas que compoñen esta estupenda ruta..., polo que considero realmente indispensable levar o XPS, tendo en conta que en caso contrario, probablemente non atoparemos ningunha destas magníficas antas que salpican a terra dezana de Agolada e Rodeiro.


Planta das Namelas 3,
versión propia a partir de Fábregas/Penedo, 1995.

A necrópole da que forma parte este exemplar (como xa debiamos saber) está composta por cinco mámoas das que dúas aínda están a conservar restos da estrutura arquitectónica. A mámoa onde se acubilla  acada unhas dimensións de tipo medio que se cifran en dezaoito metros para o diámetro que vai do norte ao sul, case vinte no do leste-oeste así como unha altura que non chega ao metro. 


Fotografía de Alex Negreira
extraída do blogue megaliticia.blogspot.com


A anta 3 debuxa unha cámara que se adscribe formalmente ás do tipo poligonal simple (sen atisbos de corredor de entrada) e está a conservar cinco esteos de granito, faltándolle a tampa ou pedra cobertora. Semella moi probable que estivera constituida por un esteo mais, a xulgar polo debuxo da planta. As dimensións desta cativa e feitiña anta non chegan ao metro de lonxitude o que lle confire un certo aspecto de cista, mais polo tamaño que pola estrutura. Segundo Fábregas/Penedo, os incendios forestais afectaron sobre todo á parte superior dos chantos.


Esteo onde está a gruvura do antropomorfo.
Fotografía Fábregas/Penedo, 2001 (ver bibl)

A excepcionalidade desta anta ven dada pola existencia dunha gravura antropomorfa que ocupa a cara interna dun dos esteos, excepcionalidade pola case inexistencia de representacións deste tipo tanto en Galicia coma no Norte de Portugal. Ademais, excepcionalidade debido ao contexto: trátase dunha área megalítica cunha inusitada cantidade de antas decoradas tanto con técnicas pictóricas como con gravuras e é a única cun antropomorfo. Excepcionalidade porque a meirande parte destas representacións desenvólvense a través de motivos xeométricos. 


O Esteo coa gravura antropomorfa.
Fotografía de Manuel Busto Galego de ospendellos.blogspot.com

En efecto, cabe incidir en que as representacións antropomorfas tanto en Galicia coma no Norte de Portugal, son extremadamente escasas, de aí a excepcionalidade da gravura da Anta de As Namelas 3. Pouco mais ou menos teñen representacións antropomorgas as seguintes: a Anta 2 de Portela do Pau, a Anta de Pedrao, a Mámoa da Eireira, o esteo dos Campiños, a estela de Poio ou o posible do Coto dos Mouros en Rodeiro.


Debuxo do antropomorfo a partires do calco de Anxo R. Paz.
En Fábregas/Penedo (ver bibl)

Segundo a descrición de Fábregas/Penedo (2001), o esteo que amosa a singular gravura antropomorfa, ten unhas medidas que non sobrepasan os sesenta centímetros de altura e uns corenta centímetros para o ancho. A figura humana debúxase de forma centrada e ocupa os dous terzos da superficie do chanto. Estase a conservar en perfecto estado, si se esceptúa a cabeza, incompleta e de forma trapezoidal.


Fotografía de Alex Negreira extraída do blogue
megaliticia.blogspot.com


Segundo a caracterización que estou a seguir, as pernas describen unha liña continua en forma de "U" invertida, que continúa cara a enriba cun trazo lixeiramente ondeado: o que debe ser o tronco. As extremidades superiores son moi longas, desproporcionadas talvez, e o brazo dereito amosa, á altura da metade, mais ou menos, unha oquedade que interpretan coma un ornato ou un instrumento musical... O brazo esquerdo remata adquirindo unha forma algo redondeada e, moi preto deste extremo, xurden tres liñas ou trazos rectilíneos lixeiramente diverxentes. Un pouco mais lonxe, outro trazo ou liña con forma curva. Todo o antropomorfo foi feito mediante a técnica do repicado, cuxas pegadas aínda se poden apreciar na parte mais alta.


Fotografía de Alex Negreira extraída do blogue
megaliticia.blogspot.com


As conclusións do somero e impactante estudo de Fábregas/Penedo pódense resumir do seguinte xeito: as coincidencias coa ubicación do gravado coas outras das antas inmediatas, ocupando case a totalidade da superficie do esteo. As proporcións desmesuradas das extremidades superiores, a cabeza ben diferenciada do conxunto, feitos todos eles que a diferencian notoriamente doutras representacuóns luso-galaicas.


Fotografía extraída  de Fábregas/Penedo 2001 (ver Bibl)

En canto á cronoloxía manexada, á luz doutras datacións, considérase que a gravura en cuestión debe ser coetanea co momento de construción do monumento. Coa prudencia debida, situano cara ao IV milenio a. de X.C, o que coincide coas datacións realizadas en Dombate e Antelas.


Panel coas antas da ruta.

En suma, o realmente importante desta gravura humana consiste en que as representacións antropomorfas tanto en Galicia como no Norte de Portugal son moi escasas, como dicía mais enriba. Si consideramos a enorme extensión do horizonte megalítico nesta área e a cada vez mais numerosa aparición de restos de pintura e gravuras, estas representacións poden contarse cos dedos da man.



Debuxo da Anta de  As Namelas 3, Moncho Boga 2025.

Desde aquí, por último e para rematar, súmome ás voces que piden a gritos a proteción destes elementos únicos, a proteción, defensa e posta en valor duns monumentos decorados que, si non se adican os medios axeitados, estarán irremediablemente avocados á desaparición. Exemplos dabondo hai nesta increíble Terra do Deza.


EN SIGRÁS, NUN DÍA CHUVIOSO DO ESTÍO DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!


BIBLIOGRAFÍA E ENLACES ABSOLUTAMENTE NECESARIOS

https://megaliticia.blogspot.com/2015/11/mamoas-da-chaira.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/77106/2015/08/mamoa-de-coto-cornellal/

https://patrimoniogalego.net/index.php/77217/2015/08/mamoa-cima-da-costa-2/

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/

Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.

Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela.  Gallaecia, 2001. (PDF)

Fábregas Vácarce e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.

Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.

Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Ortostato grabado de Agolada (Pontevedra): Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del NW Penínsular.", Ed. Sociedade Portuguesa de Antropología Cultural, 1995.

Fernando Carrera Ramírez: "El dolmen de Os Muíños (Agolada, Pontevedra). Intervención para la documentación y protección de la pintura megalítica conservada".

Fernando Carrera Ramírez e Ramón Fábregas Valcarce: "Arte parietal megalítico en el Noroeste Peninsular. Conocimiento y conservación" Tórculo Edicións, 2006.

https://ospendellos.blogspot.com/2018/05/aldeas-con-corazon-axiaz-rio-vilar.html

https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html

https://ospendellos.blogspot.com/2016/03/mamoas-do-coto-cornellal-axiaz.html
https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html

https://www.instagram.com/manuelbustogalego/

http://www.agolada.es/turismo/que-ver

https://ospendellos.blogspot.com/

https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/

aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra

https://dagolada.blogspot.com/

https://aquamlatam.blogspot.com/

https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII

https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html

https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-deza/agolada/
iglesia-de-san-xulian-de-ventosa

https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/
sobreirais-do-rio-arnego-agolada-pontevedra-668906

https://ospendellos.blogspot.com/2017/01/roteiro-cultural-dos-petroglifos-de.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/77720/2015/09/petroglifos-do-couto-da-aspra/

https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919/photo-29452676

https://www.rios-galegos.com/ulla/index.html

https://historiadeza.wordpress.com/2024/12/14/la-iglesia-de-san-xulian-de-ventosa-la-catedral-del-arte-rural-gallego/

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/sobreiral-do-arnego/20240705081019201775.html

https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/306/302/256

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7467/pazo-de-borraxeiros?langId=es_ES&tp=9&ctre=36

https://genealogiasdegalicia.wordpress.com/2012/01/21/condado-de-borrajeiros/

https://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/search?q=Anta+Coto+do+Cornellal

https://historiasdedeza.wordpress.com/category/xeografia/