PEDRAFITA-MENHIR O MARCO DO COTO
SOSPEITOSOS HABITUAIS IX
"La gran ventaja de las ciencias matemáticas sobre la moral consiste en esto, en que las ideas de las primeras, al ser sensibles, son siempre claras y precisas, la más insignificante distinción entre ellas es perceptible de inmediato, y los mismos términos expresan siempre las mismas ideas, sin ambigüedad ni variaciones. Un óvalo no se confunde jamás con un círculo, ni una hipérbola con una elipse. Los límites que distinguen el isósceles del escaleno son más precisos que los que distinguen el vicio de la virtud, el bien del mal. Con los términos definidos por la geometría, la mente por sí misma sustituye fácilmente en toda ocasión el término definido por su definición; o, incluso cuando no se emplea definición alguna, el propio objeto puede presentarse a los sentidos, y así ser firme y claramente aprehendido."
David Hume: "Investigación sobre el entendimiento humano".
Sección VII. Sobre la idea de conexión necesaria. (Primera Parte). Editora Nacional.
|
Pedrafit-menhir O Marco do Coto. Versión idealizada de Moncho Boga, 2024.
|
Como tantas outras veces, escudriñando polos siderais universos internetianos, por aquí e por acullá, rematei mergullándome no tantas veces repetido e magnífico blogue arqueotoponimia, de Dolores González de la Peña. Pois ben, nunha desas tantas incursións, atopei unha fermosa entrada que reflexionaba sobre o "Monumento ao carteiro Alfredo", no lugar de O Coto, na melidense parroquia de Leboreiro. Recordoume inmediatamentea outro monumento megalítico semellante do que escribín unha entrada neste blogue: o adicado Cuevillas na parroquia ourensá Santa María de Velle a saber, a pedrafita-menhir de Beiro, outra das nosas ilustres sospeitosas habituais. Como veredes, as semellanzas son moi significativas, e, adiantando, trátase doutro fragrante caso de reutilización moderna dunha pedrafita milenaria para fins conmemorativos, cousa que probablemente non é incompatible con algúns dos usos ou funcións que tiveron algunhas pedrafitas na época da súa colocación.
Baixo a meticulosa observación de Dolores González, observamos que a demarcación da parroquia de Orosa (Palas de Rei), lindante con Leboreiro, aparece, no Catastro da Ensenada, o Marco do Coto, como marco demarcatorio, reutilizado como tal. Rastrexando na microtoponimia descubriu a existencia dunha vía de comunicación prehistórica que serpenteaba ao redor de varios castros e tamén a existencia do topónimo "Torre Vella": unha posible fortificación para o control do camiño, que transitaba entre O Coto e Leboreiro. No Catastro da Ensenada, ademais da Mámoa do Xudeo, aparece o Marco do Coto ou do Escurial.
|
Marco do Coto ou "Monumento al cartero Alfredo". O Coto-Leboreiro. (C)Dolores González de la Peña, 2023.
|
A partires destes interesantes datos, sospeita que o "Monumento ao Carteiro Alfredo", á beira da Taberna O Carteiro no lugar do Coto, é o devandito marco de demarcación parroquial: "pedrafita reconvertida en monumento conmemorativo pola vía expeditiva de colocarlle unha plaquiña con adicatoria"; caso verdadeiramente idéntico ao de Cuevillas en Velle. Ademais tamén amosa serias dúbidas sobre a aseveración da páxina web de correos onde se conta que o esteo foi trasladado desde Triacastela, tendo en conta os marcos de demarcación territoriais que había entre Leboreiro, e precisamente un no Coto.
A verdade é que a forma deste esteo recorda á doutras moitas pedrafitas galegas: sección cadrangular na base que, pouco a pouco, vaise convertendo en cilíndrica ata acadar unha croa moi picuda e irregular. O desbastado é, sen moitas dúbidas, artificial, feito pola man do home, non un produto da erosión. Non sei si está a conservar ou se amosa algún tipo de gravura ou cazoliña.
Aínda así, e por todo o anterior, considero necesario incluir este fermoso esteo chantado no catálogo posible das pedrafitas galegas, que deixe de ser un sospeitoso habitual.
En Sigrás, nas postrimerías de 2024.
Saúde, sorte e libros!!!
ONDE ATOPAR MAIShttps://arqueotoponimia.blogspot.com/search?q=LEBOREIRO
https://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/search/label/Terra%20de%20Ourense
https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/
https://turismomelide.com/index.php/es/