ANTA-DOLMEN DAS LAGOAS
"Siempre parece que se trate de una charla amigable, cuando estás sentada a una mesita y dejas que te cuenten un sinfín de historias, pero en realidad se trata de un trabajo duro. Lo más difícil es cuando he de dicir que no, sin resultar ofensiva, al pobre que tienes delante".
Petra Hartlieb: "Mi maravillosa Librería". Ed. Periférica, 2015.
Anta-dolmen das Lagoas, segundo versión de Moncho Boga, 2024. |
Outro dos innumerables espécimens megalíticos do Concello de Cualedro, nas xa non tan recónditas terras do Támega, da terra de Verín-Monterrei. Un mais, e estou seguro que non será o derradeiro.
Unha vez mais, polo tanto, en territorio de Cualedro: esta pequena e fermosa anta atópase na parroquia de San Roque de Carzoá, nunha área (seguindo a Bruno Rúa) de bastante bo acceso, nunha penechaira terminal que leva dirección a San Martiño e dicir, nunha aba de suave pendente, exposta ás escorrentías feito que pode explicar a inexistencia da mámoa na que se insería. Ademais a frondosa maleza parece ser que impide avaliar a existencia da posible mámoa. Conta Bruno Rúa que pola contorna inmediata pódense albiscar numerosos seixos que con moita seguridade formarían parte da coiraza da mámoa, do túmulo, que ou ben desapareceu froito da erosión, ou ben atópase disimulado entre a maleza.
Parece ser que os esteos que forman esta cámara megalítica están dispostos en semicírculo, cunha altura semellante cadanseu duns setenta centímetros e perfectamente labrados. Tamén observa Bruno Rúa que algúns deles foron removidos do seu lugar. O diámetro do que queda da cámara acada aproximadamente os dous metros.
Cara ao solpor, segundo Rúa, debúxase o que podería ser o corredor, que está construido con esteos mais pequenos que os que conforman a cámara: todo este conxunto, cámara e corredor, acada unha lonxitude aproximada duns cinco metros.
O topónimo "Lagoa" xa é un termo recurrente dentro da bibliografía galega ao redor do megalitismo. "Laco" ou "Lacuna" aparece con bastante frecuencia nos textos medievais para referirse a elementos megalíticos. Aparecen no contexto de pedrafitas, antas e mámoas. Pena Graña considera que se trataba de antas desfeitas cun funil de violación de xeito que semellaban lagoiñas pequenas. O que está claro é que na Idade Media, o termo "lacos" vencéllase sempre coas mámoas. A proba, segundo Dolores González, son os megálitos coma este, que reciben este nome: e dicir, si un lugar recibe este nome é sen dúbida pola existencia destes túmulos.
Xa Federico Maciñeira chamara a atención sobre estas "lacunas": "dados sus diámetros y configuración repetida ¿tratariase de sitios dispuestos para erigir otras tumbas en las respectivas necrópolis? ¿Practicaríanse estas escavaciones de una manera ritualística, a fin de extraer tierras humíferas con que formar los túmulos inmediatos, ya que generalmente fue el material empleado en los mismos? Ello es que entre los 300 por mi descubiertos, solo he observado estos cinco casos de los hoyos circulares (los otros tres en Somozas y As Pontes) a sus inmediaciones y ningún otro semejante en todas las montañas del país que durante 40 años recorrí con afán investigador".
Maciñeira, pp. 77-78.
En difinitiva, os frecuentes topónimos como A Lagoa, Lagoa, Alagoa, As Lagoas..., que se atopan tanto en Portugal como por toda Galicia, a meirande parte das veces refírense a estas pequenas lagoas artificiais de montaña e tamén ás propias antas, como é o caso.
Sexa como sexa estas lagoas (tanto para a captación de auga como para nomear algúns dólmenes) teñen orixe antrópico e nalgúns casos poideran servir para a captación das augas superficiais. Polas cercanías sempre discorren antigos camiños, vellas sendas naturais por onde circulaba o gando e que tamén percorrerían as sociedades de cazadores neolíticos: tamén a miudo nestes lugares ubícanse as necrópoles megalíticas.
Nesta zona de Cualedro, en Carzoá, zona de brañas, de humedais e de camiños antigos, neolíticos.
Saúde, sorte e libros!!!
En Sigrás, no último día de 2024.
https://arqueotoponimia.blogspot.com/2020/06/as-lagoas-como-moimentos-megaliticos.html
https://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=1764&cadena=iber
http://patrimoniogalego.net/index.php/102164/2019/02/dolmen-das-lagoas/
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2013/11/mamoas-e-antas-de-galiza-ii.html