viernes, 5 de junio de 2015

Anta-dolmen O Foxo do Cabrito, Santa Mariña de Brañas. Toques

Anta-dolmen O Foxo do Cabrito, Santa Mariña de Brañas. Toques

Cristina Vázquez e Xurxo Broz, amigos arqueólogos (do Museo Terra de Melide), coñecedores polo miudo desta sobranceira comarca galega, enviáronme, xa hai algún tempo, a fotografía e información ao redor desta anta denominada Foxo do Cabrito, situada no lugar ou aldea do mesmo nome, pertencente á parroquia de Santa Mariña de Brañas, lindeira xa co termo municipal de Palas de Rei.



Segundo antigas informacións recabados por mín, parece ser que neste lugar utilizaban o funil de violación dunha gran mámoa, cercana ao Foxo, como trampa para cazar os lobos: poñían no interior do funil un cabrito como cebo e esperaban emboscados a chegada do lobo. Sen embargo, segundo as actualizadas  informacións de Cristina e Xurxo, parece ser que na contorna aínda permanecen os restos dun auténtico foxo para cazar os lobos: os veciños coñecen ben a súa ubicación, pero atópase invadido pola maleza, o que fai moi dificultoso o achegarse a él.

Do interior deste dolmen, segundo un veciño, saía unha galiña cos seus pitos. 

A anta Foxo do Cabrito conserva actualmente sete esteos visibles, pero non está a conservar a tampa. Na parte que mira ao sur-surleste ábrese un oco bastante grande entre os esteos que, probablemente, se corresponda coa entrada deste monumento megalítico. 

Información e fotografía enviadas por Cristina Vázquez e Xurxo Broz.