ANTA-DOLMEN DO COTO DO CORNELLAL 4
6.-POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ
"Como vivo en milenios, siempre se me hace raro el oír hablar de las estatuas o los monumentos. No consigo pensar en una estatua que le esté dedicada a un hombre de mérito sin imaginarla derribada y destruida a causa de las guerras del futuro."
Walter Benjamin
No mesmo lugar de Axiaz, na mesma parroquia de Santa María de Ventosa, no mesmo Concello de Agolada..., sigo entretido intentando ensinar e divulgar os megaliterios segredos destas menesterosas terras. Sigo na Terra do Deza, sigo no Corazón de Galicia.
É como sigo por estes amenos paisaxes, xa é o intre de recordar o xeito de como achegarse, a ser posible en automóbil, que andar cansa moito: pois ben, desde a estrada N-640, saíndo da capital municipal, hai que obrigatoriamente coller cara á dereita como si fósemos para a Igrexa parroquial. Desde aí xurde unha desviación que leva dereitamente a Axiaz e, neste morriñento lugar, é convinte coller outro desvío cara ao sul na busca do río Turubelo. A case pouco menos dun quilómetro, desviámonos unha vez mais á dereita por unha pista-estrada ata que, si non chegamos á necrópole, é que estamos perdidos. Por iso recomendo encarecidamente conectar o XPS. As mámoas dispóñense mais ou menos na direción do suroeste.
A Anta-dolmen mámoa do Cornellal 4 (mámoa da Chaira 2) a talhora ubícase nunha especie de vagoada ou cunca de moi sueve e lixeirísima pendente. O monte baixo é o rei das especies botánicas que salpican a contorna inmediata e a non tan inmediata: prosperan de xeito milagreiro os fentos, a carqueixa, as silvas, algún toxo e, por riba de todos, a xesta.
Esta mámoa parece ser que non estivo a sofrir graves alteracións antrópicas, malia que onde se manifesta con rotundidade e alevosía é no consabido burato do espolio, que xa parece formar parte consustancial da estrutura dunha calquera mámoa-túmulo galega. Segundo me contan, debido aos relativamente numerosos incendios forestais, a mámoa estivo a sufrir un proceso de erosión mais rápido e consistente, coa conseguinte perda dunha boa parte da masa tumular apreciable sobre todo en altura.
Como se pode colexir, a nosa mámoa 4 atópase bastante ben conservada cunhas dimensións de tipo medio, a fochanca de espolio está bastante colmatada e unha boa morea de restos de pedra, elementos necesarios para unha potente coiraza pétrea.
As medidas da mámoa van desde os case dezasete metros no diámetro orientado cara ao norleste-suroeste até os quince metros no que vai cara ao noroeste-suleste. En canto á altura, non sobresae mais dos setenta centímetros. O burato do espolio, desfeita ou violación, amosa unha medidas aproximadas duns case catro metros por pouco mais dos tres. A profundidade é de pouco mais de trinta centímetros debido á colmatación.
No que respecta aos poucos restos que se están a conservar da estrutura arquitectónica ou cámara, pódense cifrar en tres esteos. Semella que un deles non corresponde á devandita estrutura da cámara e os outros dous están arrimados un case enriba do outro e non se aprecia que estean imbricados. Por iso non é posible reconstruir a súa planta, a súa disposición xeral nin, polo tanto, o que poidera medir.
As dimensións cativas destes esteos son moi similares: ao redor de pouco mais de sesenta centímetros de ancho, entre dez e quince para o grosor e uns corenta centímetros de altura. A lousa mais cativa apenas chega aos corenta de ancho, pouco mais de dez de groso e o mesmo para a altura.
Con esta somera descrición, vou rematando, pouco a pouco, case sen decatarme, o relato das características formais das antas que aínda se están a conservar milagrosamente da necrópole do Cornellal.
En Sigrás, despois das vacacións estivais de 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!
BIBLIOGRAFÍA E ENLACES QUE NON SE DEBERÍAN ESQUECER:
https://megaliticia.blogspot.com/2015/11/mamoas-da-chaira.html
https://patrimoniogalego.net/index.php/77106/2015/08/mamoa-de-coto-cornellal/
https://patrimoniogalego.net/index.php/77217/2015/08/mamoa-cima-da-costa-2/
https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/
Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.
Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.
Fábregas Vácarcel e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.
Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.
Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular", 1995
Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.
Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.
Fábregas Vácarcel e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.
Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.
Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular", 1995
Fernando Carrera Ramírez: "El dolmen de Os Muíños (Agolada, Pontevedra). Intervención para la documentación y protección de la pintura megalítica conservada".
https://ospendellos.blogspot.com/2018/05/aldeas-con-corazon-axiaz-rio-vilar.html
https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html
https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html
https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html
https://www.instagram.com/manuelbustogalego/
http://www.agolada.es/turismo/que-ver
https://pendellos.blogspot.com/
https://ospendellos.blogspot.com/
https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/
aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra
https://dagolada.blogspot.com/
https://aquamlatam.blogspot.com/
https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII
https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html
https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-deza/agolada/
iglesia-de-san-xulian-de-ventosa
https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/
sobreirais-do-rio-arnego-agolada-pontevedra-668906
https://ospendellos.blogspot.com/2017/01/roteiro-cultural-dos-petroglifos-de.html
https://patrimoniogalego.net/index.php/77720/2015/09/petroglifos-do-couto-da-aspra/
https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919/photo-29452676
https://www.rios-galegos.com/ulla/index.html
https://historiadeza.wordpress.com/2024/12/14/la-iglesia-de-san-xulian-de-ventosa-la-catedral-del-arte-rural-gallego/
https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/sobreiral-do-arnego/20240705081019201775.html
https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/306/302/256
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7467/pazo-de-borraxeiros?langId=es_ES&tp=9&ctre=36
https://genealogiasdegalicia.wordpress.com/2012/01/21/condado-de-borrajeiros/
https://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/search?q=Anta+Coto+do+Cornellal