Imos, de súbito, situarnos na mámoa 7 do noso percorrido, coma quen no quere a cousa. E aí estamos, fronte a unha curiosa anta, aos restos do que foi unha anta, para ser mais precisos. Todo grazas a limpeza e desbroce dos montes comunais levada a cabo nos derradeiros anos e, como non, grazas ao extraordinario blogue de Alex Negreira que me permitiu contemplar e admirar por vez primeira estes salientables elementos megalíticos da gran necrópole do Monte Penide.
 |
Situación da Anta 7. Google maps. |
Para chegar a esta ampla penichaira onde se asentan a meirande parte das mámoas da necrópole, supoñendo que esteamos diante da Mámoa do Rei, será necesario introducirmonos pola pista forestal que sae de fronte e así chegar a esta marabillosa anta. (Coa dirección leste).
 |
Fotografía de Alex Negreira do seu blogue, megaliticiablogspot.com |
Malia que a miña numeración é simplemente unha disculpa parra visitar as mámoas que teñen algún resto da cámara megalítica, considero necesario clarexar que esta é probablemente a mámoa sinalada por Mergelina no ano 1936 co número XVII; tamén que se trata da mámoa 16 de Hidalgo e Goberna e, así mesmo, é a mámoa 20 segundo a numeración levada a cabo polo grupo de arqueoloxía "Alfredo García Alén". A denominación oficial así como a súa numeración é "Conxunto Tumular da Chan da Cruz 13."
 |
Planta da anta 7 a partires de Vázquez Collazo. |
En canto ao emprazamento desta mámoa, non cambia absolutamente nada en relación coas que levamos visto: atópase na gran penichaira que foi repoboada con piñeiros e eucaliptos. Seguen por alí os mesmos cabalos en libertade tutelada. A vexetación que predomina é a consabida de toxos, fieitos, uces, silvas..., todo o que conforma o chamado monte baixo. Dicir tamén que é un monte comunal que pertence aos veciños da parroquia de Negros.
 |
Fotografía de Alex Negreira do seu blogue, megaliticiablogspot.com |
A mámoa na que se insiren os poucos restos conservados é das do tipo medio-pequeno sobrepasando a duras penas os trece metros no eixo norte-sul, case os trece no eixo leste-oeste e non sobresae mais que uns poucos sesenta centímetros (polo lado do leste). No lindeiro do sul pode apreciarse un forte movimento de remoción das terras tumulares.
 |
Fotografía de Alex Negreira do seu blogue, megaliticiablogspot.com |
En definitiva, a mámoa atópase en lamentables condicións, moi remexida, esnaquizada: non só está afectada polo conseguinte funil do espolio, senon que tamén se atopa moi remozada e remexida polos seus lindeiros. Admais até hai ben pouco a mámoa estaba salpicada por varios piñeiros e algún robo.
 |
A Anta 7: unha particular visión. |
No burato do espolio sobresaen dous esteos de granito e, á beira dese burato, aparecen outros tres chantos e unha boa morea espallada de pedras de granito que formarían parte da coiraza pétrea. O burato-funil, considerable, ten unhas medidas que van desde case un metro de profundidade, mais de dous metros na dirección norte-sul até ao redor dun metro e oitenta centímetros na orientación leste-oeste.
 |
A Anta 7 antes da limpeza, desbroce e tala. Foto de Xosé Couñago en, https://montepenide.wordpress.com/ |
Si consideramos que o que queda da cámara megalítica ou anta consiste en seis chantos, estas son as medidas aproximadas: a meirande sobresae os setenta centímetros e a mais ancha non sobrepasa os corenta. Algún dos esteos aparece esnaquizado pola metade.
 |
Panel con debuxos da ruta do Monte Penide. |
O esteo meirande amosa unha forma que recorda unha pirámide escalonada desde a metade para arriba: unha xeira de rebaixes que semellan artificiais fan que o esteo teña esta curiosa forma. Concluir que nas fotografías das que dispoño non se poden albiscar os outros catro esteos que parecen conservarse.
EN SIGRÁS, O DÍA QUE VEN MANUEL, 1 DE XULLO DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!
BIBLIOGRAFÍA E ENLACES MAGNÍFICOS, E POR ISO INDISPENSABLES
https://megaliticia.blogspot.com/2025/12/Necropole-Monte-Penide.html
José Manuel Hidalgo Cuñarro e Fernando Javier Costas Goberna, “El gran conjunto megalítico de Monte Penide, Redondela-Pontevedra.” El Museo de Pontevedra, XXXIV, 1980
Cayetano Mergelina, “Notas sobre arqueología gallega. Las mámoas de Chan da Pedra do Couto y de San Colmado.” Boletín del Seminario de Arte y Arqueología, Tomo 4,1º., curso de 1935-36. Valladolid, 1936.
Patiño Gómez, R.: “La necrópolis megalítica de Monte Penide – Vixiador”. Traballos de Arqueoloxía, 1992. Publicación do grupo de arqueoloxía Alfredo García Alén.
Filgueira Valverde y García Alén, “Inventario de monumentos megalíticos de la provincia de Pontevedra.” El Museo de Pontevedra, XXXI. Pontevedra 1977.
R. Fábregas Valcarce, X. Carballo Arceo y V. Villoch Vázquez. Petroglifos y Asentamientos: El caso de Monte Penide (Redondela Pontevedra).
Antonio Martínez Cortizas, Ramón Fábregas Valcarce, Susana Franco Maside. Evolución del paisaje y actividad humana en el área de Monte Penide (Redondela Pontevedra).
Ramón Boga Moscoso, “Guía de dólmenes de Galicia.” Bahía 1997.
Baños Rodríguez et al, “Antas e pedraditas de Galicia.” Asociación de Amigos do Museu Arqueolóxico A Coruña, 1996.
https://montepenide.wordpress.com/
https://oestrymnio.blogspot.com/2013/03/monte-penide-necropolis-megalitica-y.html
https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/mamoa-inedita-1-das-pedras-do-picos-cabeiro-o-vixiador-2633234
https://web.archive.org/web/20140111003856/http://www.acitania.com/Visita_Guiada_MontePenide-ACITANIA.pdf
https://turismoriasbaixas.com/es/search/museo-virtual-monte-penide-prehistorico
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-dos-tumulos-de-monte-penide-monte-mirallo-redondela-45986051
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/mirador-de-coto-fenteira/
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=56&id=2345
https://sanvicentedetrasmano.wordpress.com/2013/01/28/ruta-de-los-misterios-y-las-leyendas/
https://montepenide.wordpress.com/category/castro-de-negros/
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/mamoas-de-galizagalicia-provincia-de_9.html
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/o-castro-de-negros.html
https://redondela.gal/categoria/turismo-redondela/que-ver/
https://espanaviajar.com/pontevedra/pueblos/redondela/
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/monte-penide-roteiro-prehistorico-9144743
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/05/06/redondela-musealizara-mayor-yacimiento-mamoas-galicia/0003_201305V6C3991.htm
https://sanvicentedetrasmano.wordpress.com/2013/01/28/que-ver/
https://www.google.com/maps/dir/Redondela,+Pontevedra/Petr%C3%B3glifos+de+Chan+da+Cruz,+Unnamed+Road,,+36811+Redondela,+Pontevedra