ANTA-DOLMEN DA NECRÓPOLE DO OUTEIRO DE OMBRA
SENDA DAS MÁMOAS DE MARÍN IV
Debuxo de Moncho Boga, 2025. |
Fotografía de megaliticiablogspot.com |
Hoxe en día, sobre todo grazas á inclusión na Senda, a súa contorna inmediata e a súa superficie xa non están cubertas de eucaliptos e, na área circundante, predomina a repoboación de carballos que veñen a dignificar estes ilustres elementos da nosa prehistoria. Malia todo iso, as alteracións producidas noutrora na superficie da mámoa foron o suficiente salvaxes como para que toda a súa estrutura véxase profundamente danada.
Fotografía de megaliticiablogspot.com |
A mámoa é de reducidas dimensións co correspontente burato de saqueo do que asoman dous poderosos esteos que formaron parte da estrutura arquitectónica da cámara ou anta/dolmen. Tamén, froito da limpeza da súa superficie, hoxe pódense contemplar numerosos restos da coiraza pétrea, sobre todo na esquina que mira ao oeste.
![]() |
Itinerario da Senda das Mámoas de Marín. Dos paneis da Senda. |
En Sigras, mirando cara ao outono de 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
ENLACES
https://megaliticia.blogspot.com/2024/07/Senda-mamoas-Marin.html