Amosando publicacións coa etiqueta Terras do Deza. Amosar todas as publicacións

domingo, 13 de setembro de 2026

ANTA-DOLMEN MÁMOA DA PORTELA 1. San Miguel de Gurgueiro, Agolada.

ANTA-DOLMEN MÁMOA DA PORTELA 1

11.-POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ

"Los guerreros victoriosos ganan primero y luego van a la guerra, mientras que los guerreros derrotados van primero a la guerra y luego tratan de ganar."

Sun Tzu

Debuxo versión de Moncho Boga, 2026.

É, lamentablemente, vai chegando o remate desta serie de entradas adicadas ás fantáticas terras dezanas, desta fantástica ruta megalítica, fantástica pola cantidade e calidade dos monumentos que a compoñen, fantástica pola marabillosa implantación destas manifestacións megalíticas que, a pesar de todas as violacións, abandono e incomprensións, aínda se manteñen aí, ergueitas, orgullosas, debuxando unha paisaxe arqueolóxica única. E falo non do corazón de Galicia, falo do embigo, do centro neurálxico da nosa xeografía real e imaxinaria.

Mapa de situación da Necrópole das Mámoas da Portela.
Google maps.

Calquera pode emprender esta ruta e completala cos mais de quince paneis de petróglifos que a acompañan, paneis con todo tipo de motivos gravados na pedra. Tamén se pode emprender sin ter en conta a miña proposta de ruta, de numeración: mais ben foi unha disculpa metodolóxica. Por iso, malia que se denomina ruta megalítica de Axiaz, permitínme a licencia de engadir esta mámoa que se atopa na parroquia colindante de Gurgueiro. Por iso moi ben poidera ser a primeira da ruta: e pode ser a primeira, non  é obrigatorio seguir o camiño debuxado por min a través das estupendas indicacións de Alex Negreira no seu fenomenal blogue megaliticia.blogspot.com, tantas veces nomeado.

Captura dunha fotografía de Ángel Utrera extraída do
seu blogue aopedofarelo.blogspot.com

Pois ben, a necrópole que me ocupa en último lugar, denominada "Mámoas da Portela", atópase no lugar de Gurgueiro, na parroquia do mesmo nome, coa advocación a San Miguel. Trátase dunha necrópole composta por seis mámoas que se atopan nunha suave aba que forma parte dun outeiro que enlaza dous cativos vales. O topónimo "Portela" lévanos á consideración de camiños primitivos, de rutas ancestrais: o lugar de paso nun alto, o cambio de vertente... Por iso posiblemente as Mámoas da Portela están vencelladas, como outras moitas en toda Galicia, ás vías de tránsito prehistóricas. Segundo Ángel Utrera (blogue aopedofarelo.blogspot.com) o lugar responde a un significativo topónimo a saber, Monte das Minas. Outra das denominacións galegas para as antas.

Vista da anta nº 1 desde a mesma perspectiva que a anterior.
Fotografía de Alex Negreira en megaliticia.blogspot.com

Para chegar, desde a estrada Agolada-Antas de Ulla, hai que coller necesariamente unha desviación cara a Alperiz e, desde aí, débese  coller outra estrada á dereita que leva a Gurgueiro. A pouco mais de dous quilómetros a necrópole aséntase nambas as dúas beiras da devandita estrada, algunha delas cortadas pola mesma.

Das seis mámoas de que se compón a necrópole, a catalogada co número 6 conserva seis esteos da cámara á vista.

A mámoa 1, obxecto desta entrada, está emprazada nunha área de monte baixo extremadamente espeso, onde medran exhuberantemente os fentos, os toxos e sobre todo as glamurosas xestas.

Fotografía de Alex Negreira en megaliticia.blogspot.com

O funil do espolio da mámoa, aberto no medio e medio, é poderoso e atópase moi colmatado. Por entre a masa tumular albíscanse diversos tobos de conexos probablemente e, por si non fose pouco, preséntase parcialmente esnaquizada no eixo leste-oeste pola construción dunha gran zanxa. Os incendios forestais non axudaron á súa conservación posto que os esteos atópanse alterados pola acción combustible do voraz lume. Na base da mámoa, polos lados leste e norte, eríxense dous muros que, como non, afectan considerablemente á masa tumular.

Pola superficie pódense ollar, si a vexetación o permite, numerosas pedras graníticas de tamaño medio que probablemente formasen parte da coiraza pétrea. A zanxa da que falaba mais enriba destruiu totalmente a mámoa polo lado do norte.

Captura dunha fotografía de Ángel Utrera extraída do
seu blogue aopedofarelo.blogspot.com

O que queda da mámoa, en definitiva, acada unhas medidas de once metros e medio no diámetro do norleste-suroeste e uns dez metros no noroeste-surleste. A altura máxima non sobrepasa os oitenta centímetros. O burato do espolio, feito con verdadeira saña, amosa unhas medidas de mais de dous metros e medio por algo mais de medtro e medio, sendo a súa profundidade de ao redor de corenta e cinco centímetros.

No devandito funil de espolio emerxe a cámara megalítica, composta por catro chantos de granito: a súa lonxitude aproximada no interior é de case un metro e medio por un metro trinta. Os esteos que se conservan conforman unha cámara poligonal simple. A altura máxima do esteo meirande non sobrepasa os sesenta centímetros. Estamos polo tanto diante dunha cámara típica da bisbarra a saber, o pequeno tamaño e a apariencia de cista, non tanto en canto á forma senon en canto ao tamaño.

Esta é a mámoa que describe Ángel Utrera no seu blogue, catalogada pola Xunta coa numeración: GA 36020120.

Panel cos debuxos e numeración dos elementos da ruta.

Con esto dou por rematada a ruta, pero non descarto outras moitas debido á inxente cantidade de mámoas, cámaras e algunha posible pedrafita que aínda se están a conservar polas marabillosas terras de Agolada.

É absolutamente necesario, convinte e recomendable, baixo todo e calquera tipo de consideracións, visitar o Concello de Agolada e, por extensión, todas as Terras do Deza, comarca con personalidade de seu.

EN SIGRÁS, NUN DÍA DE TREBOADA DO ESTÍO DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!

BIBLIOGRAFÍA E ENLACES IMPRECINDIBLES

https://megaliticia.blogspot.com/2015/11/mamoas-da-chaira.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/77106/2015/08/mamoa-de-coto-cornellal/

https://patrimoniogalego.net/index.php/77217/2015/08/mamoa-cima-da-costa-2/

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/

Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.

Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.

Fábregas Vácarce e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.

Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.

Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Ortostato grabado de Agolada (Pontevedra): Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular.", Ed. Sociedade POrtuguesa de Antropología Cultural, 1995.

Fernando Carrera Ramírez: "El dolmen de Os Muíños (Agolada, Pontevedra). Intervención para la documentación y protección de la pintura megalítica conservada".

Fernando Carrera Ramírez e Ramón Fábregas Valcarce: "Arte parietal megalítico en el Noroeste Peninsular. Conocimiento y conservación" Tórculo Edicións, 2006.

https://ospendellos.blogspot.com/2018/05/aldeas-con-corazon-axiaz-rio-vilar.html

https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html

https://ospendellos.blogspot.com/2016/03/mamoas-do-coto-cornellal-axiaz.html
https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html

https://www.instagram.com/manuelbustogalego/

http://www.agolada.es/turismo/que-ver

https://ospendellos.blogspot.com/

https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/

aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra

https://dagolada.blogspot.com/

https://aquamlatam.blogspot.com/

https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII

https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html

https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-deza/agolada/
iglesia-de-san-xulian-de-ventosa

https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/
sobreirais-do-rio-arnego-agolada-pontevedra-668906

https://ospendellos.blogspot.com/2017/01/roteiro-cultural-dos-petroglifos-de.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/77720/2015/09/petroglifos-do-couto-da-aspra/

https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919/photo-29452676

https://www.rios-galegos.com/ulla/index.html

https://historiadeza.wordpress.com/2024/12/14/la-iglesia-de-san-xulian-de-ventosa-la-catedral-del-arte-rural-gallego/

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/sobreiral-do-arnego/20240705081019201775.html

https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/306/302/256

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7467/pazo-de-borraxeiros?langId=es_ES&tp=9&ctre=36

https://genealogiasdegalicia.wordpress.com/2012/01/21/condado-de-borrajeiros/

https://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/search?q=Anta+Coto+do+Cornellal

https://historiasdedeza.wordpress.com/category/xeografia/

https://ospendellos.blogspot.com/2016/12/descuberta-dunha-mamoa-e-novos.html

luns, 24 de agosto de 2026

ANTA-DOLMEN DO COTO DO CORNELLAL 5. Santa María de Ventosa, Agolada.

 ANTA-DOLMEN DO COTO DO CORNELLAL 5 

7.-POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ 

"La revolución no es sólo una cuestión de cambio político, sino también de transformación personal y social."

Herbert Marcuse

Debuxo de Moncho Boga, Sigrás 2025.

A Anta-dolmen Mámoa do Coto do Cornellal 5 atópase moi preto do emprazamento da anterior e chégase, obviamente, seguinto o mesmo itinerario-percorrido que para a mámoa 4 e dicir, a da etapa 6.

Mapa co itinerario proposto. Google maps.

As características do emprazamento e da botánica so idénticos a saber, atópanse nunha suave penecharia que vai adoptando a forma dunha suavísima vagoada ou cunca, e o predominio do monte baixo é casi total, malia que hai algunhas pradeiras e diversas repoboacións de monte alto.

Fotografía de Alex Negreira do bloque megaliticia.blogspot.com

A mámoa na que se insiren os restos da anta é das do tamaño medio grande e estivo a sufrir as consecuencias dalgún incendio forestal o que deixou pegadas que afectaron á masa xeral da mámoa. Tanto os tobos dos conexos, que están a facer das súas, como a gran fochanca do espolio no centro da mámoa, permiten describir unha imaxe xeral bastante definida.

Como dato salientable, na aba da mámoa atopouse un seixo circular cunha sección lenticular que amosa en ambas as dúas caras uns cativos rebaixes en forma de cazoliñas.

Fotografía de Alex Negreira do bloque megaliticia.blogspot.com

As características da mámoa pódense describir do seguinte xeito: adscríbese ás da tipoloxía do tipo medio grande; atópase relativamente ben conservada e a súa superficie está completamente cuberta de pedras de tamaño medio que constituiron unha potente coiraza pétrea. En canto ao sempiterno burato do espolio, aparece, como case sempre, no centro da mámoa e tamén se atopa bastante colmatado.

Mide ao redor dos vinte metros no diámetro do noroeste-suleste e uns dezasete metros no que se orienta cara ao norleste-suroeste. O cono de violación vai desde os dous metros até o metro e medio, mais ou menos.

Panel cos debuxos das antas incluidas na ruta.

Hoxe en día na fochanca do espolio asoman numerosas pedras de tamaño medio grande que poideran formar parte da coiraza pétrea ou ben poideran ser apiadas nese lugar debido ás labouras agrarias; por entre elas asoman dous grandes esteos que probablemente son os que se están a conservar da estrutura arquitectónica megalítica ou anta.

Esquema. Moncho Boga, 2026.

Con esta anta-dolmen deixo detrás a necrópole da chaira do Coto do Cornellal e diríxome paseniñamente cara á necrópole das Namelas, que será obxecto das vindeiras entradas.

EN SIGRÁS, NO MES AUGUSTO DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!

BIBLIOGRAFÍA E ENLACES IMPRESCINDIBLES

https://megaliticia.blogspot.com/2015/11/mamoas-da-chaira.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/77106/2015/08/mamoa-de-coto-cornellal/

https://patrimoniogalego.net/index.php/77217/2015/08/mamoa-cima-da-costa-2/

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/

Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.

Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.

Fábregas Vácarcel e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.

Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.

Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular", 1995

Fernando Carrera Ramírez: "El dolmen de Os Muíños (Agolada, Pontevedra). Intervención para la documentación y protección de la pintura megalítica conservada".

https://ospendellos.blogspot.com/2018/05/aldeas-con-corazon-axiaz-rio-vilar.html

https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html

https://ospendellos.blogspot.com/2016/03/mamoas-do-coto-cornellal-axiaz.html
https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html

https://www.instagram.com/manuelbustogalego/

http://www.agolada.es/turismo/que-ver

https://pendellos.blogspot.com/

https://ospendellos.blogspot.com/

https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/

aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra

https://dagolada.blogspot.com/

https://aquamlatam.blogspot.com/

https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII

https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html

https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-deza/agolada/
iglesia-de-san-xulian-de-ventosa

https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/
sobreirais-do-rio-arnego-agolada-pontevedra-668906

https://ospendellos.blogspot.com/2017/01/roteiro-cultural-dos-petroglifos-de.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/77720/2015/09/petroglifos-do-couto-da-aspra/

https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919/photo-29452676

https://www.rios-galegos.com/ulla/index.html

https://historiadeza.wordpress.com/2024/12/14/la-iglesia-de-san-xulian-de-ventosa-la-catedral-del-arte-rural-gallego/

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/sobreiral-do-arnego/20240705081019201775.html

https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/306/302/256

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7467/pazo-de-borraxeiros?langId=es_ES&tp=9&ctre=36

https://genealogiasdegalicia.wordpress.com/2012/01/21/condado-de-borrajeiros/

https://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/search?q=Anta+Coto+do+Cornellal

mércores, 19 de agosto de 2026

ANTA-DOLMEN DO COTO DO CORNELLAL 10. Santa María de Ventosa, Agolada

ANTA-DOLMEN DO COTO DO CORNELLAL 10

5.-POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ 

"Alcanzar y comprender es el proceso de lograr un acuerdo sobre la base presupuesta de reclamos de validez que se reconocen mutuamente."
Jürguen Habermas

Debuxo versión Moncho Boga.

Non sei con total seguridade si a mámoa sinalada por Alex Negreira con número 3 (Mámoa da Chaira 3) corresponde á nomenclatura asinada por Patrimonio a saber, o GA 36020095, posto que non están ubicadas no mesmo sitio no mapa. O que si estou completamente de certo é a ubicación que Alex Negreira sinala no seu extraordinario blogue, tantas veces mencionado e utilizado. Polas características que amosan as fotografías de Alex a anta que parece mais semellante e mais cercana (malia que situada noutro lugar) é a que estou a describir agora.

Situación da Mámoa do Coto do Cornellal 10 ou Mámoa da Chaira 3.

Atópase moi preto da anterior ubicada no medio dunha pradeira en suave pendente que forma parte dunha dorsal. Como na totalidade das mámoas que compoñen esta necrópole, a vexetación que prospera irremediablemente é a que forma o monte baixo sobre todo xestas, toxo..., e monte alto con algún piñeiro. 

Fotografía de Alex Negreira do blogue megaliticiablogspot.com

A mámoa nº 10 é das da tipoloxía de pequenas dimensións, está moi alterada en toda a súa superficie e amosa abondosos restos da coiraza. O sempiterno funil de espolio destaca no medio e medio. As dimensións para os eixos son duns doce metros no noroeste-suleste e case os dez metros no noreste-suroeste. En canto á altura, non sobresae mais de setenta centímetros. 

O consabido funil de espolio tende ao cadrado e sobrepasa os dous metros de lado. A profundidade do furado é duns corenta centímetros. Atópase moi colmatado.

Fotografía de Alex Negreira do blogue megaliticiablogspot.com

Estánse a conservar uns cantos restos da cámara que posiblemente desenvolvera planta poligonal con pequeno corredor: debido ás contínuas alteracións (saqueadores, roturacións...) non se pode asegurar con rotundidade. A preto dun metro do primeiro chanto da cámara eríxese unha cativa pedra fincada que talvez teña relación coa estrutura arquitectónica ou anta. Os esteos da cámara (que poden ser catro) non sobresaen do furado de violación mais de trinta centímetros de altura o meirande, tampouco a súa anchura é escandalosa: non sobrepasa os trinta centímetros e o grosor apenas chega aos vinte.

Unha particular visión. Moncho Boga, 2026.

Neste intre da "visita guiada" hai que constatar que desde esta mámoa son visibles moitas das que compoñen a necrópole, estando a pouca distancia unhas doutras. Como se pode constatar a través das fotografías de Alex Negreira, algunhas delas permanecen no medio dunha pradeira ou na contorna mais inmediata.

Panel dos debuxos das antas da ruta.

Como imos vendo, as mámoas que conforman a necrópole do Coto do Cornellal  siguen a manter ergueitos os esteos das cámaras, feito que foi relatado a primeiros do século XXI nos traballos de Fábregas e Penedo, entroutros. O que non podo saber e informar desde aquí, é o grao de destrución que puideron sufrir desde aquilas datas.

E pouco a pouco voume mergullando por istas altas terras, camiñando entre dólmentes, camiñando entre fermosos paneis de petróglifos, escudriñando un marabilloso mundo que xa non é, un mundo pétreo que podemos imaxinar, describir, un mundo que non voltará. Por iso é tan importante a súa conservación, preservación e posta en valor. Estou completamente seguro de que se convertería nun recurso turístico cultural de primeiro orde para o Concello de Agolada.

EN SIGRAS, ENTRANDO NO MES DE AGOSTO DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!

BIBLIOGRAFÍA E ENLACES IMPRESCINDIBLES

https://megaliticia.blogspot.com/2015/11/mamoas-da-chaira.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/77106/2015/08/mamoa-de-coto-cornellal/

https://patrimoniogalego.net/index.php/77217/2015/08/mamoa-cima-da-costa-2/

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/

Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.

Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.

Fábregas Vácarcel e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.

Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.

Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular", 1995

Fernando Carrera Ramírez: "El dolmen de Os Muíños (Agolada, Pontevedra). Intervención para la documentación y protección de la pintura megalítica conservada".

https://ospendellos.blogspot.com/2018/05/aldeas-con-corazon-axiaz-rio-vilar.html

https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html

https://ospendellos.blogspot.com/2016/03/mamoas-do-coto-cornellal-axiaz.html
https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html

https://www.instagram.com/manuelbustogalego/

http://www.agolada.es/turismo/que-ver

https://pendellos.blogspot.com/

https://ospendellos.blogspot.com/

https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/

aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra

https://dagolada.blogspot.com/

https://aquamlatam.blogspot.com/

https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII

https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html

https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-deza/agolada/
iglesia-de-san-xulian-de-ventosa

https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/
sobreirais-do-rio-arnego-agolada-pontevedra-668906

https://ospendellos.blogspot.com/2017/01/roteiro-cultural-dos-petroglifos-de.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/77720/2015/09/petroglifos-do-couto-da-aspra/

https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919/photo-29452676

https://www.rios-galegos.com/ulla/index.html

https://historiadeza.wordpress.com/2024/12/14/la-iglesia-de-san-xulian-de-ventosa-la-catedral-del-arte-rural-gallego/

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/sobreiral-do-arnego/20240705081019201775.html

https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/306/302/256

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7467/pazo-de-borraxeiros?langId=es_ES&tp=9&ctre=36

https://genealogiasdegalicia.wordpress.com/2012/01/21/condado-de-borrajeiros/

https://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/search?q=Anta+Coto+do+Cornellal

venres, 14 de agosto de 2026

ANTA-DOLMEN DO COTO DO CORNELLAL 12. Santa María de Ventosa, Agolada

ANTA-DOLMEN DO COTO DO CORNELLAL 12

4.-POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ 

"Palabras abstractas como gloria, honor o valentía resultaban obscenas frente a los nombres concretos de los pueblos."

Ernest Hemingway

Debuxo de Moncho Boga.

E prosigo desde a virtualidade, desde a distancia que lamentablemente me impide acudir en vivo e en directo, soñando con corredoiras e carreiros que me levan ao pé das nosas queridas mámoas. Sen embargo, é satisfactorio tamén construir un relato que me fai imaxinar un mundo recóndito do que quero contribuir a que non o sexa tanto, dun mundo por "descubrir."

Mapa de situcación da Anta 12 do Coto do Cornellal. Google maps.

Sigo polo tanto nas altas terras de Agolada, unha parte das Terras do Deza, unhas terras que forman parte do corazón de Galicia, do centro case xeométrico do noso país: un embigo de onde se espallan as antas nos catro puntos cardinais.

E atópome coa cuarta etapa deste soñado percorrido, desta imaxinada ruta: a Anta 12 da necrópole do Coto do Cornellal.

Fotografía de Alex Negreira en megaliticiablogspot,com

Pero antes temos que chegar á chaira na que se asenta: atópase na dirección suroeste desde a anterior, na especie de vagoada-chaira onde se van asentando todas as mámoas que compoñen a necrópole, como xa veño contando.

Fotografía de Alex Negreira en megaliticiablogspot,com

A ubicación desta chaira, como punto nodal das rutas de tránsito prehistóricas, prodúcese entre unha contorna inmediata na que predominan as pradeiras e as repoboacións; a anta está cuberta de bulliciosa vexetación de monte baixo, onde a raíña é a xesta. Tamén hai algunhas pradeiras.

A mámoa onde se insiren os poucos restos da cámara ou anta é das do tamaño medio-pequeno e permanece nun estado bastante bo en canto á súa conservación; por toda a súa superficie, ademais, hai abondosos restos da primitiva coiraza pétrea. As medidas da mámoa van deste os case quince metros no diámetro noroeste-suleste até os catorce no eixo norleste-suroeste; polo que respecta á altura, non sobresae mais dos setenta centímetros.

Vista da mámoa do Coto do Cornellal 12. 
Fotografía de Alex Negreira en megaliticiablogspot.com

No nesmo centro da masa tumular aparece o consabido funil de espolio, minuciosamente escavado, que mide ao redor de dous metros por un metro nos seus eixos. Deste primoroso funil sobresaen a duras penas, ou sobresaían, cinco esteos que conformaban a estrutura arquitectónica da cámara: algún dos esteos aparece fora da súa posición primixenia.

Debuxo alocado da Anta da Mámoa do Coto do Cornellal 12.

Estes chantos non sobresaen mais de cincoenta centímetros e son polo tanto de moi pequeno tamaño. Tampouco o grosor de cada un deles excede os corenta centímetros. É imposible, por outra banda, recompoñer a planta desta sinxela estrutura arquitectónica megalítica.

Panel con todas as antas da ruta.

E deste xeito, non tendo mais datos que dar a coñecer, vou preparando a seguinte etapa en forma doutra anta a saber, a mámoa 5 da ruta ou tamén denominada Mámoa da Chaira 1.

EN SIGRÁS, NO MES OITAVO DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!

BIBLIOGRAFÍA E ENLACES MOI RECOMENDABLES

https://megaliticia.blogspot.com/2015/11/mamoas-da-chaira.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/77106/2015/08/mamoa-de-coto-cornellal/

https://patrimoniogalego.net/index.php/77217/2015/08/mamoa-cima-da-costa-2/

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/

Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.

Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.

Fábregas Vácarcel e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.

Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.

Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular", 1995

Fernando Carrera Ramírez: "El dolmen de Os Muíños (Agolada, Pontevedra). Intervención para la documentación y protección de la pintura megalítica conservada".

https://ospendellos.blogspot.com/2018/05/aldeas-con-corazon-axiaz-rio-vilar.html

https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html

https://ospendellos.blogspot.com/2016/03/mamoas-do-coto-cornellal-axiaz.html
https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html

https://www.instagram.com/manuelbustogalego/

http://www.agolada.es/turismo/que-ver

https://pendellos.blogspot.com/

https://ospendellos.blogspot.com/

https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/

aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra

https://dagolada.blogspot.com/

https://aquamlatam.blogspot.com/

https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII

https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html

https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-deza/agolada/
iglesia-de-san-xulian-de-ventosa

https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/
sobreirais-do-rio-arnego-agolada-pontevedra-668906

https://ospendellos.blogspot.com/2017/01/roteiro-cultural-dos-petroglifos-de.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/77720/2015/09/petroglifos-do-couto-da-aspra/

https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919/photo-29452676

https://www.rios-galegos.com/ulla/index.html

https://historiadeza.wordpress.com/2024/12/14/la-iglesia-de-san-xulian-de-ventosa-la-catedral-del-arte-rural-gallego/

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/sobreiral-do-arnego/20240705081019201775.html

https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/306/302/256

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7467/pazo-de-borraxeiros?langId=es_ES&tp=9&ctre=36

https://genealogiasdegalicia.wordpress.com/2012/01/21/condado-de-borrajeiros/

https://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/search?q=Anta+Coto+do+Cornellal

venres, 7 de agosto de 2026

ANTA-DOLMEN DO COTO DO CORNELLAL 2. Santa María de Ventosa, Agolada.

ANTA-DOLMEN DO COTO DO CORNELLAL 2

2.-POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ 

"El fascismo trató a la lengua como un instrumento de poder, como un medio de acumular conocimientos para uso de la producción y de la destrucción, tanto en la guerra como en la paz."

Max Horkheimer

Debuxo versión de Moncho Boga, 2025.

O conxunto de mámoas do Coto do Cornellal conforma unha necrópole composta por unha ducia de mámoas. No momento de prospeción e catalogacíon realizado a primeiros do século XXI, a meirande parte destas mámoas aínda conservaban restos da estrutura interna ou cámara megalítica. 

Situación da Anta Mámoa do Coto do Cornellal 2.

Cando me puxen a investigar esta necrópole atopeime que unha parte delas tiña a denominación de "Mámoas da Chaira" e cheguei á conclusión de que estas son as que están catalogadas nas fichas de patrimonio coa denominación de Mámoas do Coto de Cornellal. A partir de aí, optei por denominalas coa catalogación oficial, prescindindo da  de "Mámoas da Chaira". Isto non quere dicir que ista última denominación non sexa a mais axeitada: probablemente ten unha base no dicir da veciñanza.

Planta da Anta 2, versión propia a partir de Penedo Romero.

Na introdución desta ruta xa informaba da destrución da cámara da mámoa 1, que na catalogación de patrimonio aparecen cunha soa sinatura e dicir, as mámoas 1, 2 e 3 son o GA 36020014. A continuación, noutras dúas fichas figuran outra vez as tres mámoas coa seguinte numeración: GA 36020087 e GA 36020087, 0088 e 0089. Desde aquí, optei por seguir o XPS de Alex Negreira a asignarlle a numeración que me pareceu mais axeitada segundo a catalogación de Patrimonio, seguindo o seu mapa de situación e comparándoo co mapa de Alex Negreira. Así mesmo as que Alex Negreira denomina "Mámoas da Chaira" asineille a correspondente numeración da Xunta para o Conxunto da Necrópole do Coto do Cornellal e as súas doce mámoas. Probablemente haia algún fallo...

Fotografía de Alex Negreira en megaliticiablogspot.com

A Anta da Mámoa do Coto do Cornellal 2 atópase no interior dunha mámoa que mide ao redor dun 18 metros no eixo noreoeste-sueste e  acada unha altura máxima de preto de metro e medio.

Fotografía de Elixio Vieites en patrimoniogalego.net, 2015.

A devandita cámara confórmase estruturalmente a través de cinco esteos de granito imbricados de xeito que debuxan unha cámara poligonal que, no interior, mide de diámetro meirande case un metro (eixe noroeste-sueste) e tamén case un metro no eixo norte-sul. A altura máxima dos esteos, o que sobresaen do chan, é de algo mais de medio metro. Como dato salientable, un dos esteos da cámara parece conservar dúas cazoliñas na cara interna.

Fotografía de Alex Negreira en megaliticiablogspot.com

A cronoloxía que aventuran Fábregas-Penedo (na medida en que non se poden datar con unha seguridade mínima) abrangue un abano que vai desde finais do V milenio até o último terzo do III milenio.

Fotografía de Alex Negreira en megaliticiablogspot.com

Redundando nas afinadas conclusións de Fábregas-Penedo, a chaira na que se enclaban as mámoas que conforman a gran necrópole do Coto do Cornellal, defínese por tres factores físicos de especial  relevancia a saber, en primeiro lugar os montes que a están a delimitar, en segundo lugar as "depresións hidromorfas no seu interior" e por último a constatación de que o punto mais elevado desa chaira atópase ao noroeste. 

Panel cos debuxos da ruta.

Por iso unha das conclusións clave dese traballo é a que ten que ver coas vías de tránsito (feito que se constata con regularidade en multitude de áreas megalíticas galegas): son as vías que cruzaban a chaira e que confluían nisa área ao noroeste. Esa estrutura viaria é a que posiblemente determinou a ubicación das mámoas (e dos paneis de petróglifos). E dicir, a análise da ubicación e da relación con outros elementos, é probable que a caracterice cunha función central en relación coas vías de tránsito tanto nos accesos á necrópole como no interior dela.

Debuxo esquemático da Anta da Mámoa do Cornellal 2.
Moncho Boga, 2026.

E con ista somera descrición da fermosa anta do Coto do Cornellal 2, a ruta continua paseniñamente polas altas terras de Axiaz.

EN SIGRÁS, UN DÍA CALQUERA DO ESTÍO DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!

BIBLIOGRAFÍA E ENLACES CON PERSONALIDADE DE SEU

https://patrimoniogalego.net/index.php/77106/2015/08/mamoa-de-coto-cornellal/

https://patrimoniogalego.net/index.php/77217/2015/08/mamoa-cima-da-costa-2/

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/

Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.

Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.

Fábregas Vácarcel e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.

Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.

Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular", 1995

https://ospendellos.blogspot.com/2018/05/aldeas-con-corazon-axiaz-rio-vilar.html

https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html

https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html

https://www.instagram.com/manuelbustogalego/

http://www.agolada.es/turismo/que-ver

https://pendellos.blogspot.com/

https://ospendellos.blogspot.com/

https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/

aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra

https://dagolada.blogspot.com/

https://aquamlatam.blogspot.com/

https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII

https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html

https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-deza/agolada/
iglesia-de-san-xulian-de-ventosa

https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/
sobreirais-do-rio-arnego-agolada-pontevedra-668906

https://ospendellos.blogspot.com/2017/01/roteiro-cultural-dos-petroglifos-de.html

Fernando Carrera Ramírez: "El dolmen de Os Muíños (Agolada, Pontevedra). Intervención para la documentación y protección de la pintura megalítica conservada".

https://patrimoniogalego.net/index.php/77720/2015/09/petroglifos-do-couto-da-aspra/

https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919/photo-29452676

https://www.rios-galegos.com/ulla/index.html

https://historiadeza.wordpress.com/2024/12/14/la-iglesia-de-san-xulian-de-ventosa-la-catedral-del-arte-rural-gallego/

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/sobreiral-do-arnego/20240705081019201775.html

https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/306/302/256

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7467/pazo-de-borraxeiros?langId=es_ES&tp=9&ctre=36

https://genealogiasdegalicia.wordpress.com/2012/01/21/condado-de-borrajeiros/

https://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/search?q=Anta+Coto+do+Cornellal

martes, 4 de agosto de 2026

ANTA-DOLMEN CIMA DA COSTA 2. Santa María de Guillar, Rodeiro.

ANTA-DOLMEN CIMA DA COSTA 2

1.-POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ 

"Para la mayoría de los hombres la guerra es el fin de la soledad. Para mí es la soledad infinita." 

Albert Camus

Debuxo de Moncho Boga, 2025.

Malia que a meirande parte das antas que conforman esta ruta atópanse no Concello de Agolada, considero imprescindible engadir esta silandeira anta na ruta (aínda que pertence ao Concello de Rodeiro) debido  á cercanía ao resto das antas así como pola calidade dos restos conservados. A imaxinaria liña divisoria entre os concellos mentados atópase a poucos metros desta anta. E, asemade, veñas de onde veñas, para acceder a esta anta hai que ir a través do lugar de Axiaz.

Situación da Anta Cima da Costa 2. Google maps.

Para chegar, hai que buscar Axiaz: unha vez nesta fermosas aldea, débese coller á forza unha pista que leva ao río Turubelo (dirección sul). Logo de percorrer case novecentos metros, aparece unha pista á esquerda pola que hai que seguir ata o alto de Pena Raxada, a uns oitocentos metros. Con estas indicacións é case imposible chegar, polo que recomendo encarecidamente deixarse levar polo XPS.

Anta Mámoa Cima da Costa 2. 
Fotografía megaliticiablogspot.com

Dúas mámoas compoñen o conxunto, e están en liña con dúas estacións de petróglifos. A Anta Cima da Costa 2 xa lle adiquei unha entrada o 25 de setembro de 2025, polo que moi pouco mais podo dicir dela. Aínda así, como son algo teimudo e repetitivo, esta anta supón un espléndido punto de partida para a visita das antas que compoñen a ruta: non será un día perdido. 

Fotografía de Elixio Vieites en patrimoniogalego.net

A súa ubicación espacial enmárcase nunha aba da dorsal en ténue pendente. Toda a contorna inmediata defínese pola vexetación de monte baixo e sobre a mámoa predomina a xesta, o toxo, a carqueixa e algún piñeiro. 

A base da mámoa está alterada polo paso dun camiño, polo lado do leste, e tamén aparece roturada para a plantación de piñeiros.

Situación da Anta Mámoa da Cima da Costa 2 en relación co lugar de Axiaz
e coas mámoas do Coto do Cornellal. Google maps.

Malia todo iso, a mámoa atópase bastante ben conservada. En canto ao tamaño, pódese encadrar nas do tipo mediano a saber, acada uns quince metros no eixo norleste-suroeste e case catorce no noroeste-sueste. En canto á altura, non sobresae mais dos oitenta centímetros. Toda a superficie da mámoa está cuberta de pedras graníticas de bo tamaño que formaban parte da coiraza pétrea.

Versión imposible da Anta Mámoa Cima da Costa 2.

No centro ábrese un poderoso funil de violación que deixa á vista dous ou tres esteos de granito. É practicamente imposible debuxar a planta debido ás características do burato de violación, que está moi colmatado, e tamén é moi dificil establecer as medidas dos chantos conservados así como a amplitude do devandito furado. Non sei con seguridade si se están a conservar dous ou tres esteos, pero dous deles poden ser medidos aproximadamente: o primeiro ao redor de cincoenta centímetros de ancho, os dezasete de grosor e mais de sesenta centímetros de altura. O segundo acada os sesenta centímetros de ancho, case vinte de groso e uns cincoenta de altura.

Panel da Ruta.

Estamos diante dunha espléndida anta que serve de punto de partida para o inicio da ruta, unha anta que non nos deixará indiferentes. Sexa como sexa, espero acudir en datas nas que non estea cuberta da primorosa vexetación que medra con astucia e alevosía nos nosos impresionantes montes.

EN SIGRÁS, LOGO DO  DÍA DE GALICIA (DA PATRIA GALEGA) DE 2026
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!

BIBLIOGRAFÍA ESENCIAL