ANTA-DOLMEN DO COTO DO CORNELLAL 2
2.-POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ
"El fascismo trató a la lengua como un instrumento de poder, como un medio de acumular conocimientos para uso de la producción y de la destrucción, tanto en la guerra como en la paz."
Max Horkheimer
Debuxo versión de Moncho Boga, 2025. |
O conxunto de mámoas do Coto do Cornellal conforma unha necrópole composta por unha ducia de mámoas. No momento de prospeción e catalogacíon realizado a primeiros do século XXI, a meirande parte destas mámoas aínda conservaban restos da estrutura interna ou cámara megalítica.
Cando me puxen a investigar esta necrópole atopeime que unha parte delas tiña a denominación de "Mámoas da Chaira" e cheguei á conclusión de que estas son as que están catalogadas nas fichas de patrimonio coa denominación de Mámoas do Coto de Cornellal. A partir de aí, optei por denominalas coa catalogación oficial, prescindindo da de "Mámoas da Chaira". Isto non quere dicir que ista última denominación non sexa a mais axeitada: probablemente ten unha base no dicir da veciñanza.
Na introdución desta ruta xa informaba da destrución da cámara da mámoa 1, que na catalogación de patrimonio aparecen cunha soa sinatura e dicir, as mámoas 1, 2 e 3 son o GA 36020014. A continuación, noutras dúas fichas figuran outra vez as tres mámoas coa seguinte numeración: GA 36020087 e GA 36020087, 0088 e 0089. Desde aquí, optei por seguir o XPS de Alex Negreira a asignarlle a numeración que me pareceu mais axeitada segundo a catalogación de Patrimonio, seguindo o seu mapa de situación e comparándoo co mapa de Alex Negreira. Así mesmo as que Alex Negreira denomina "Mámoas da Chaira" asineille a correspondente numeración da Xunta para o Conxunto da Necrópole do Coto do Cornellal e as súas doce mámoas. Probablemente haia algún fallo...
Fotografía de Alex Negreira en megaliticiablogspot.com |
A Anta da Mámoa do Coto do Cornellal 2 atópase no interior dunha mámoa que mide ao redor dun 18 metros no eixo noreoeste-sueste e acada unha altura máxima de preto de metro e medio.
A devandita cámara confórmase estruturalmente a través de cinco esteos de granito imbricados de xeito que debuxan unha cámara poligonal que, no interior, mide de diámetro meirande case un metro (eixe noroeste-sueste) e tamén case un metro no eixo norte-sul. A altura máxima dos esteos, o que sobresaen do chan, é de algo mais de medio metro. Como dato salientable, un dos esteos da cámara parece conservar dúas cazoliñas na cara interna.
A cronoloxía que aventuran Fábregas-Penedo (na medida en que non se poden datar con unha seguridade mínima) abrangue un abano que vai desde finais do V milenio até o último terzo do III milenio.
Redundando nas afinadas conclusións de Fábregas-Penedo, a chaira na que se enclaban as mámoas que conforman a gran necrópole do Coto do Cornellal, defínese por tres factores físicos de especial relevancia a saber, en primeiro lugar os montes que a están a delimitar, en segundo lugar as "depresións hidromorfas no seu interior" e por último a constatación de que o punto mais elevado desa chaira atópase ao noroeste.
Panel cos debuxos da ruta. |
E con ista somera descrición da fermosa anta do Coto do Cornellal 2, a ruta continua paseniñamente polas altas terras de Axiaz.
EN SIGRÁS, UN DÍA CALQUERA DO ESTÍO DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!
BIBLIOGRAFÍA E ENLACES CON PERSONALIDADE DE SEU
https://patrimoniogalego.net/index.php/77106/2015/08/mamoa-de-coto-cornellal/
https://patrimoniogalego.net/index.php/77217/2015/08/mamoa-cima-da-costa-2/
https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/
Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.
Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.
Fábregas Vácarcel e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.
Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.
Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular", 1995
Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.
Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.
Fábregas Vácarcel e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.
Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.
Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular", 1995
https://ospendellos.blogspot.com/2018/05/aldeas-con-corazon-axiaz-rio-vilar.html
https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html
https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html
https://www.instagram.com/manuelbustogalego/
http://www.agolada.es/turismo/que-ver
https://pendellos.blogspot.com/
https://ospendellos.blogspot.com/
https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/
aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra
https://dagolada.blogspot.com/
https://aquamlatam.blogspot.com/
https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII
https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html
https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-deza/agolada/https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html
https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html
https://www.instagram.com/manuelbustogalego/
http://www.agolada.es/turismo/que-ver
https://pendellos.blogspot.com/
https://ospendellos.blogspot.com/
https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/
aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra
https://dagolada.blogspot.com/
https://aquamlatam.blogspot.com/
https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII
https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html
https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668
iglesia-de-san-xulian-de-ventosa
https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/
sobreirais-do-rio-arnego-agolada-pontevedra-668906
https://ospendellos.blogspot.com/2017/01/roteiro-cultural-dos-petroglifos-de.html
Fernando Carrera Ramírez: "El dolmen de Os Muíños (Agolada, Pontevedra). Intervención para la documentación y protección de la pintura megalítica conservada".
https://patrimoniogalego.net/index.php/77720/2015/09/petroglifos-do-couto-da-aspra/
https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919/photo-29452676
https://www.rios-galegos.com/ulla/index.html
https://historiadeza.wordpress.com/2024/12/14/la-iglesia-de-san-xulian-de-ventosa-la-catedral-del-arte-rural-gallego/
https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/sobreiral-do-arnego/20240705081019201775.html
https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/306/302/256
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7467/pazo-de-borraxeiros?langId=es_ES&tp=9&ctre=36
https://genealogiasdegalicia.wordpress.com/2012/01/21/condado-de-borrajeiros/
https://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/search?q=Anta+Coto+do+Cornellal

Ningún comentario:
Publicar un comentario