PEDRAFITA-MENHIR O CON DO CABALO
SOSPEITOSOS HABITUAIS XVI
"La frontera entre el bien y el mal es permeable y casi cualquiera puede verse inducido a cruzarla."
Philip Zambrano
Pedrafita-menhir O Con do Cabalo, versión de Moncho Boga 2026. |
Hoxe vou analizar e tentar interpretar un elemento pedrafiteiro especial cuxo descubrimento foi feito polo gran Alberte Alonso, amigo e esperto coñecedor e investigador deste aspecto do neolítico galego. A meirande parte das conclusións da entrada débense á súa información así como as fotografías empregadas.
Situación do Con do Cabalo. Google maps. |
Penas, rochas, penedos, cons..., Galicia está cuberta de penas, cuberta de rochas, cuberta de penedos. Pero a meirande parte non son simples elementos pétreos silentes, non son simples pedras frías e duras: son pedras que falan, parlanchinas, pedras decoradas que contan historias, que falan cunha linguaxe descoñecida, que agochan misterios e enigmas que se funden no abismo do pasado mais profundo.
![]() |
Restos da Fortaleza e da ermida da Nosa Señora de A Lanzada. Imaxe de Turismo Sanxenxo. |
De entre todas as rochas sacras que xalonan o noso País, pódese establecer unha clasificación que se resume en dous grandes apartados: as pedras naturais (con formas diversas e abondosas lendas) e as pedras artificiais (feitas polo home). Dentro das pedras artificiais ou antrópicas xa coñecemos sobradamente tanto as pedrafitas-menhires coma os petróglifos. As rochas naturais (as sagradas) son as que nos interesan nesta entrada posto que son aquilas que teñen lenda, son aquilas que forman parte do marabilloso mundo do imaxinario popular galego, son pedras ou rochas que sempre funcionaron, desde tempos pretéritos, como lugar de culto, lugar de celebración de diversos ritos, rituais vencellados a cultos e relatos lexendarios que nos deixaron un significado mitolóxico co que se podería e se pode reconstruir o gran corpus da mitoloxía galega. Polo tanto a diferencia entre unha pedrafita natural e unha pedrafita artificial é case únicamente a factura humán.
![]() |
Castro e necrópole de A Lanzada. Imaxe Turismo de Sanxenxo. |
Segundo Martín Almagro Gorbea e e Fernando Alonso Romero (2022, ver bibl.), as caprichosas e extravagantes formas destas penas posibilitou o que veñen denominar a "paisaxe sacra": sería a concreción dunha visión desde unha perspectiva sobrenatural, mítica, que se basea ou se fundamenta nunha especie de cosmogonía ou visión do mundo "animista". E dicir, converter a través dun relato lexendario o caos (desorden) do mundo, nun cosmos (orden), un todo ordenado no que todo ten unha explicación mítica, non racional, unha cosmogonía. Por iso unha "peña sacra" defínese como a imaxe do numen (elemento diviño ao que representa) e dicir, unha sinal, unha manifestación, pero non é a propia diviñidade.
![]() |
Outra vista da Fortaleza e da Ermida da Nosa Señora de A Lanzada. Imaxe de Turismo de Sanxenxo. |
![]() |
Contexto do Con do Cabalo. Foto aérea extraída de Turismo de Sanxenxo. |
![]() |
Castro e Necrópole de A Lanzada. Imaxe extraída da web Páxinas Galegas. |
Non hai razón algunha para non concluir que na prehistoria era especialmente importante o establecemento dos ciclos que posibilitaban a orientación espacial, establecer e prever as estacións... Probablemente a observación astronómica supuxo o primeiro avance no coñecemento racional para explicar sucesos naturais, para explicar o mundo, para comprender os sucesos inexplicables.
![]() |
O Con do Cabalo: as seguintes imaxes amosan a secuencia do solsticio de verán. Fotografía de Alberte Alonso. |
![]() |
O Con do Cabalo. Fotografía de Alberte Alonso. |
A todas istas aportacións metodolóxicas, teño que engadir a valiosa consideración de Luis Monteagudo, nun fermoso artigo publicado no Anuario Brigantino no que establece que existen en Galicia bloques naturais con apariencia de "pedrafita-menhir" que se poden considerar efectivamente como tales, sempre coa condición de que fosen retocados na antigüidade ou que posúan folclore asociado. Dese xeito, as atribucións das pedrafitas deben atender ou cumplir catro funcións básicas: a monumentalidade, a visibilidade, a perennidade e/ou a traza fálica (nós engadimos a observación astronómica); xuntas salientan o senso máxico-relixioso das mesmas así como a súa adscrición neolítica.
![]() |
Comprobación do solsticio de verán o 21 de xuño de 2025. Fotografía de Alberte Alonso. |
A partires destas extensas premisas, tentarei afondar na consideración da Pedrafita Con do Cabalo, desde a hipótese da devandita adscrición neolítica, da súa función de auténtica pedrafita, coa mesma función que as pedrafitas-menhires artificiais. Sería unha orixe prehistórica (reaprobeitada desde o neolítico-idade do Bronce-Idade do Ferro e cristianismo), e histórica, conservándose coa romanización e coa imposición cristíá a partires do século V-VI d. de X.C.
![]() |
Comprobación do solsticio de verán o 21 de xuño de 2025. Fotografía de Alberte Alonso. |
![]() |
Comprobación do solsticio de verán o 21 de xuño de 2025. Fotografía de Alberte Alonso. |
![]() |
Comprobación do solsticio de verán o 21 de xuño de 2025. Fotografía de Alberte Alonso. |
O contexto arqueolóxico e natural onde se ubica o conxunto das dúas pedrafitas que conforman o Con do Cabalo, ocupa toda a área de costa que comprende o itsmo e praia de A Lanzada e chega até Punta Faxilda, constituíndose nunha das bisbarras galegas que mais número de relatos lexendarios prehistóricos e ritos pagáns está a conservar.
![]() |
Comprobación do solsticio de verán o 21 de xuño de 2025. Fotografía de Alberte Alonso. |
O Con do Cabalo foi descuberto para o ámbito proceloso dos "pedrafiteiros" polo gran Alberte Alonso no ano 2025. Alberte denomina este espectacular conxunto como unha "pedra baetílica" e tamén o considera un especial caso de interese para a arqueoastronomía, sobre todo debido á súa relación contextual co baño das nove ondas e a cercanía co Castro-necrópole de A Lanzada: esta é a clave de toda a nosa interpretación.
![]() |
Comprobación do solsticio de verán o 21 de xuño de 2025. Fotografía de Alberte Alonso. |
O Con do Cabalo non se considera "pedrafita" no senso tradicional do termo, posto que estamos diante dun conxunto do dous cons ubicados impertérritos no cumio dun outeiro costeiro do Mar de A Lanzada, son rochas que afloran de xeito vertical, naturais. Alberte, mais que pedrafitas, as denomina "pedras baetílicas", cunha función semellante á das auténticas pedrafitas.
![]() |
Comprobación do solsticio de verán o 21 de xuño de 2025. Fotografía de Alberte Alonso. |
Efectivamente, Alberte Alonso comprobou que no solsticio de verán (o 21 de xuño) nas pedrafitas Con do Cabalo, na croa do Castro e Necrópole de A Lanzada que, no solpor, a raiola do sol achegouse ao axexadoiro, con forma de ángulo agudo, e que na distancia encadra, equidistante, entre os dous cons costeiros ao carón dos cantís, a poucos metros da praia onde se produce o ritual do baño das nove ondas ou Praia da Nosa Señora. É aí onde o ritual do baño proporciona unha fertilidade dúplice: solar e da auga do mar. Efectivamente, é nestas datas cando as mulleres que desexan ser nais, reciben as nove ondas no ventre, condición fundamental para cumprir o seu desexo.
![]() |
Comprobación do solsticio de verán o 21 de xuño de 2025. Fotografía de Alberte Alonso. |
Como conclusión Alonso mantén que o Con do Cabalo coa súa intrínseca función astronómica "pode considerarse orixinario do Neolítico". O devir dos tempos sitúano reaproveitado para funcións semellantes, astronómica e sinalizadora do baño ritual, así como aliñamento astral do solsticio.
Estamos sen dúbida diante dunha paisaxe sagrada, ritual, máxica, onde atopamos todos os ingredentes que caracterizan non só esa paisaxe, senon tamén os factores que indican a existencia dunha pena sacra, talvez un altar prehistórico en forma de observatorio astronómico.
O Con do Cabalo, en suma, atópase perfectamente integrado nesa área de Punta Faxilda: un cabo de Noalla que desde a antigüidade foi considerado como punto de especial conexión co alén... Ao atoparse dereitamente orientado cara ao ocaso, sendo o cabalo o transportista das ánimas cara ao alén, talvez podería interpretarse tamén coma un embarcadoiro mitolóxico.
![]() |
Imaxe extraída de petiscosgaligos.es |
As nove ondas, o ocaso, a cristianización coa ermida da Nosa Señora da Lanzada, a cercana pedrafita de Padriñán en Sanxenxo, as prehistóricas vías de comunicación de vivos e de mortos..., todos eles elementos que axudan a recompoñer unha paisaxe de especial relevancia no imaxinario-real universo das pedrafitas galegas e que se pode rastrexar a través dun relato e pescuda histórica.
O Con do Cabalo sen a ermida e a fortaleza da península. Debuxo de Moncho Boga, 2026. |
Para concluir, coincido plenamente con Luis Monteagudo nos seus plantexamentos: os homes e mulleres da prehistoria probablemente non sempre fabricaban unha pedrafita, senon que aproveitaban moitos afroramentos rochosos que xa posuían unha forma vertical, monumental. O lugar estratéxico a dotaba dun valor simbólico e sacralizaban a monumentalidade do penedo natural sen necesidade do brutal esforzo que requería fabricar unha nova.
EN SIGRÁS, NO NOVENO MES DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!
BIBLIOGRAFÍA E ENLACES DE SUSTANCIAL E SINGULAR IMPORTANCIA
Martín Almagro Gorbea, Fernando Alonso Romero: "Peñas Sacras de Galicia" Ed. Fundación L. Monteagudo. BetanzoS, MMXXII.
Luis Monteagudo: "Menhires y marcos de Portugal y Galicia". Anuario Brigantino, 26. Betanzos, 2003.
X. Alberte Alonso Fernández: "O uso das pedrafitas no Neolítico galego. Estudo das pedrafitas de Obesrvación Astronómica e das pedrafitas fálicas." Ed. Monografías da Sociedade Antropolóxica Galiga (SAGA), Nº 1. 1914.
https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/2014/03/pedrafitas-de-observacion-astronomica.html
https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/
https://petiscosgalegos.es/2025/02/28/descubre-el-sendero-magico-de-a-lanzada-un-recorrido-entre-historia-y-leyenda/
https://www.turismodesanxenxo.com/loc/noalla/
https://www.minube.com/tips/actualidad/explora-los-encantos-ocultos-de-noalla-lugares-que-ver-y-disfrutar
https://www.paxinasgalegas.es/necropolis-y-castro-de-a-lanzada-640965em.html





.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


Ningún comentario:
Publicar un comentario