PEDRAFITA-MENHIR O MARCO VELLO
A pedrafita O Marco Vello, posible e mais que probable, actual marco de termo entre os concellos de Xunqueira de Espadañedo, Parada do Sil e Nogueira de Ramuín, acaba de ser obxecto dun tan salvaxe como inexplicable atentado.
A información e as fotografías envioumas o incansable e admirable investigador José Antonio Gavilanes, que estase a convertir nun auténtico buscador e defensor da arqueoloxía nas fermosas terras de Ourense, reserva espiritual da nosa Galicia.
Como ben conta o amigo Gavilanes, indignado coma nós, esta verdadeira e solitaria pedrafita, testemuña muda (para que non a queira oir) do paso dos milenios, segue a sufrir estes atentados inexplicables na época da información. O logotipo da Xunta de Galicia na chapa metálica do "Tecor Societario" é evidendia máis que elocuente da ineficacia das nosas institucións. O que conservaron con agarimo e respeto reverencial centos de xeneracións, é obxecto dos desmáns e da desidia oficial: un exemplo máis dos continuos atentados contra o noso patrimonio.
Tamén é espléndida a marca dun PR-G, extraordinaria pegada dos nosos axentes "culturais".
Sinalado con número 79 no noso índice, foi publicado en novembro de 2012. Tamén podedes obter máis información na páx. patrimoniogalego.net, con información científica de José Antonio Gavilanes.
No día de hoxe presentei a denuncia ante o Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia en Ourense. Solicitei, ao mesmo tempo que, no caso de non estaren catalogado se faga.
ResponderEliminarXabier Moure
Unha pena toda esta falla de cultura que refléxase nestas cousas; moita caza, moito escopete, mais coma non se avise algún día desaparece.
ResponderEliminarAinda viven aqueles dos "haigas"
Saúde e Ceibedade.
Estou con Xabier, acabamos tamén de denunciar o atentado no correo electrónico de Patrimonio; patrimonio.cultura@xunta.e. Se son moitas as denuncias ao mellor fan algo.
ResponderEliminarUnha aperta e saúde a tod@s
Bueno, entre todos ao mellor conseguimos algo. Saúdos
EliminarE logo conseguise algo?
ResponderEliminar