martes, 19 de marzo de 2013

Pedrafita-menhir en Mámoas. San Pedro de Ardemil, Ordes

Pedrafita-menhir en Mámoas. San Pedro de Ardemil, Ordes

O lugar de Mámoas é un pequeno rueiro da parroquia ordense de Ardemil e está composto por catro ou cinco casas. Os veciños deste pequeno lugar non acordan nin saben de ningún elemento megalítico que poidera dar lugar a ese significativo topónimo.



Fotografía de Ramón Boga Moscoso

O lugar de Mámoas está enclavado en pleno Camiño Inglés ou de Faro, rota xacobea que une A Coruña con Santiago: todo este antigo roteiro está vencellado a túmulos megalíticos, castros, arquitectura tradicional e culta...

Pois ben, o único que recorda o seu pasado prehistórico é unha pequena pedrafita que se ergue pouco mais dun metro fronte a unha casa tradicional. Seguramente fixo, ao longo dos tempos, de piar do alpendre que flanqueaba a devandita casa.

Non sei si esta pedrafita é megalítica; sen embargo trátase do único elemento que recorda ese pasado prehistórico do período neolítico.


Fotografía de Ramón Boga Moscoso

2 comentarios:

  1. É de moito interese. Mais sempre foi ese o seu luar de sempre, ou está trasladada?
    Home, acadar desa xente que teñan algunhas datas dos seus antergos, é pidirlles moito, ou non?
    Iso que o nome o di ben craro, Mámoas...
    Toda vez de interese, a pedra ten estética vella
    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Pois entón terán que coidala moito mais, no vaia ser que algún larpeiro lle bote a man...

    ResponderEliminar