Pedrafita-menhir-cruceiro O Cristo de Mouraz
Por todo o universo máxico que representa o Cristo de Mouraz, non puiden reprimir a tentación de engadilo neste blog adicado a elementos megalíticos: polo topónimo mesmo, polos contos lexendarios, pola súa situación no medio dunha necrópole megalítica, pola súa ubicación nun cruzamento; en definitiva, pola súa adscripción mítica ao mítico Camiño dos Arrieiros..., ben merece ser considerado como unha moderna, ou non? pedrafita que xa forma parte do acerbo do noso imaxinario, non só importante para os veciños, senon para todos os galegos.
No Camiño dos Arrierios hai uns anos coñeceuse a nova do lamentable estado de abandono no que permanecía o Cristo de Mouraz, visible pedrafita-marco que unía ou separaba varias parroquias pertencentes a dous concellos. Hoxe en día atópase á beira dunha moderna área recreativa que escenifica a lenda dos catro curas: sen embargo o cruceiro-pedrafita permanece olvidade a uns cantos metros.
Probablemente a pedra do cruceiro fose extraida dalgunha das antas das contornas para labrar no esteo o cruceiro por cuio nome se coñece. Esta testemuña das nosas tradicións foi escavado e mutilado, quedando tan só un anaco que mide ao redor dun metro e vinte centímetros.
Ubícase preto da Pena Branca, no lugar onde parecen xuntarse os montes da Coriscada, Panda, Carabelote e Penagrande. Nese extrarordinario lugar atópanse os seus humildes restos nun cruzamento, formando parte da devandita necrópole megalítica.
Como dicía antes, servía e serva (a pesar da moderna recreación) de marco divisorio das parroquias de Devesas, Couzadoiro (Ortigueira), Grañas de Sor e Mañón (Mañón). Contan as lendas transmitidas durante xeneracións polos veciños das catro parroquias, que aos pés desta desarraigada pedrafita-marco-cruceiro, xuntábanse a xantar os catro curas sen sair da súa respectiva parroquia.
Por último e para rematar, concluir que xeneralmente estas cruces, profusamente chantadas ao longo do Camiño dos Arrieiros, deban vencellarse ao máxico universo dos camiños galegos: tanto sacralizaban elementos mais antigos ou pagáns, como protexían ao viaxeiro de múltiples males. Tamén era lugar de encontro dos peregrinos que se dirixían a San Andrés de Teixido cos que se dirixían a Santiago.
Sonche as referenzas mais coñecidas e as de menor valor as que non perecen baixo o sacho dalgún pedreiro; isas referenzas marco, cota ou limes iban protexidas de bandos nos que calquer outro atentado contra elas teriase en conta. E así é coma ainda as vemos e están nos luares de sempre o case sempre.
ResponderEliminarBreves saúdos