Estela-menhir O Cristo da Lagoa. San Miguel das Negradas, O Vicedo
Pequena e tosca cruz chantada nun valado dunha corredoira. Tamén se observa unha desproporción entre os brazos e a parte alta polo que semella unha cruz latina volta do revés. Na interseción dos brazos do cruceiro, aparece unha cruz gravada sinxela.
A tosquedade na forma fai pensar nunha estela menhir, cos brazos cortos e a cabeza moi estilizada. O pé, pola contra, é mais achaparrado en consonancia cos brazos.
Neste lugar, segundo Xabier Moure, paraban as comitivas dos enterros e tamén contan os veciños que aquí enterrábanse aos nonnatos: como en outras moitas parroquias de Galicia, nestes lugares contan que se enterraban os cativos que non daba tempo a bautizar.
Fotografía e información extraida do blog de Xabier Moure, patrimonio do concello do Vicedo
No hay comentarios:
Publicar un comentario