Pedrafita-menhir da Picota. Portosín. Porto do Son
Atópase á saída de Portosín si vamos con dirección a Noia. Para chegar á pedrafita desde o petróglifo (parece ser que está sinalado), hai que coller unha pista feita polas máquinas madereiras.
Como tantas outras veces, viaxando de calquera maneira, sen método, ao chou..., polas intempestivas augas do universo internet, atopei unha curiosa fotografía (joesluisyela.wordpress.com).
Trátase de dúas posibles pedrafitas ubicadas no Concello de Porto do Son. Para min trátase dun descubrimento importante no que atinxe á investigación "pedrafiteira". Efectivamente, despois de moitos anos escudriñando a nosa xeografía na busca destes senlleiros e olvidados elementos, tan só poidera rastrexar e tiña documentados dous casos de dúas pedrafitas xuntas, hoxe lamentablemente destruidas. O primeito foi con respecto á Pedrafita de Cristal, en Ribeira: cando a atoparon, os seus descubridores relataron que á súa beira habia outra pequena pedrafita. O segundo caso foi un debuxo de unha referencia de Antonio de la Iglesia González no século XIX, que daba conta de dúas pedrafitas situadas no Camiño de peregrinación a Pastoriza, na Coruña, que foron destruidas pouco despois polos traballos dunha canteira ou dos canteiros.
Pedrafita da Picota |
Por iso o achádego desta fotografía supuxo para mín algo así coma un "shock". Desde logo, no podo afirmar que se trate de dous elementos megalíticos, pero sen dúbida son dúas pedrafitas que se sitúan moi preto dunha zona arqueolóxica, a saber, o petróglifo da Picota. Por isa cercanía decidín chamarlle á pedrafita tamén "da Picota". O que si é certo e que, segundo se pode ollar na fotografía, ambas as dúas son de factura claramente artificial.
A pedrafita mais grande acada unha altura dun metro e oitenta centímetros e semella ter unha planta cadrangular. A aresta da dereita é recta e a da esquerda é ondeada; a coroa é plana e recta. A media altural aparecen dous buratos rectangulares.A pedrafita da esquerda é mais pequena e ten forma troncocónica cun rebaixe lonxitudenal a xeito de mediacana na cara á vista. A cima é redondeada e parece que amosa unha especie de ranura que a divide en dúas partes.
Petróglifo da Picota |
Fotografías e algunha información de joseluisyela.wordpress.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario