martes, 16 de octubre de 2012

Estatua-menhir do Tameirón. A Gudiña, Ourense

Estatua-menhir do Tameirón. A Gudiña, Ourense

Trátase dunha gran pedra antropomorfa atopada casualmente no mes de agosto de 1992, mentres se realizaban labouras agrícolas na leira na que apareceu. Atopouse tumbada coa marca da parte soterrada, de xeito que pódese concluir que foi feita para estár fincada.

Beatriz Comendador, ver bibliografía.


Logo do achádego foi catalogada por técnicos de Patrimonio da Xunta de Galicia e a continuación foi trasladada a dependencias municipais de A Gudiña ata que foi chantada nun xardín do Toural, preto do albergue de peregrinos.



Fotografía Beatriz Comendador, ver bibliografía.

Atopábase na Serra da Urdiñeira e ademáis doutros restos prehistóricos, moi preto hai dúas mámoas. Esta área da Urdiñeira atópase na zona meridional do concello de A Gudiña. 
O lugar onde se atopou é coñecido polo nome de Cabeza do Cichón e, ademáis de non estar erguida, tamén amosaba signos evidentes de estar fracturada na base.


Fotografía Beatriz Comendador, ver bibliografía

Trátase dunha escultura en vusto redondo feita en granito cunha forma xeral antropomorfa coa insinuación do inicio dos brazos e da cintura. Na parte superior aparece crebada. As medidas totais son duns 2,3 metros de altura, 63 centímetros de ancho e 26 centímetros de grosor. Pesa ao redor de 250 quilogramos.


Fotografía de Beatriz Comendador, ver bibliografía.

Unha das caras amosa un debuxo subrectangular en relevo, conha forma de "estola" alongada, realizada mediante un rebaixe do grosor, non é exactamente nunha gravura.
Debido a que a área arqueolóxica inmediata ofrece moitos incidios de ocupación da Idade do Bronce (entre outras moitas razóns), Beatriz Comendador adscríbea a esta etapa da prehistoria.


Fotografía de Beatriz Comendador,
ver bibliografía.

En canto as intepretacións, considera esta mesma investigadora, que ben podería ser un marcador dun lugar no que se realizarían rituais conmemorativos vencellados coa morte.



Fotografía:
 http://urdinheira.blogspot.com.es





BIBLIOGRAFÍA

"Estelas e Estátuas-menires: da Pré à Proto-história"
Mobilidade e materialidade: uma aproximação à análise da localização das estátuas-menir transfronteiriças (Norte de Portugale Sul da Galiza).
Pastor Fábrega-Álvarez 1, João Fonte, Francisco Javier González García.

"A estatua menhir do Tameirón no contexto dos resultados do proxecto de intervención arqueolóxica na Serra da Urdiñeira e o seu contorno (Riós-A Gudiña, Ourense)"
 Comendador, B.; Rodríguez, V.; Manteiga, A.

Proxecto Urdiñeira: http://urdinheira.blogspot.com.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario