jueves, 21 de junio de 2012

Anta-dolmen A Casiña da Moura. Armenteira, Meis

Anta-dolmen A Casiña da Moura. Armenteira, Meis. Pontevedra

Para chegar. Saíndo do Mosteiro de Armenteira, hai que coller a estrada que leva ao Monte Castrove. A poucos quilómetros podemos ver a anta á esquerda da estrada.


Fotografía da Casiña da Moura no ano 1993.

Cando visiteir esta anta por primeira vez, aló nos primeiros anos da década de 1990, estaba absolutamente (mámoa e anta) cuberta de vexetación moi espesa de acacias. No ano 2010 unha agradable sorpresa culminou a miña visita: a anta estaba absolutamente visible así como a mámoa que a contén.



 A Casiña da Moura no ano 2007.

Trátase dunha anta de cámara poligonal con un esteo no corredor corto que está orientado ao leste. Conserva oito esteos dos que sete pertencen á cámara e un ao corredor.

O esteo máis grande da cámara acada un metro e vintecatro centímetros de alto por noventa e tres centímetros de ancho. O único esteo da parte sur mide un metro e cincuentea e sete centímetros de ancho por noventa e oito de alto. 

Atópase inserida nunha mámoa moi esnaquizada pero da que aínda se pode ollar a súa forma e proporcións.

Recentemente atopáronse restos de gravados.

Un pouco antes de chgar a esta anta, por un desvío á esquerda, atópase sinalado o petroglifo "A Pedra do Cribo", que está ben sinalizado.



Anta A Casiña da Moura no ano 2007.



1 comentario: