Trátase dun posible marco de termo, pero que se atopa desplazado uns cen metros do lugar do límite actual co concello de San Cibrao das Viñas.
Defínese como unha pedra de base tendente a cadrangular cuns 25 centímetros de ancho e uns 70 de altura. Na croa aparece gravada unha cruz, moi semellante a todas as de termo e, na cara do oeste aparecen unhas gravuras que tamén poden ser os restos doutra cruz de termo, aínda que aparece moi erosionada para poder determinalo. O mais interesante cífrase nunhas cantas coviñas tamén moi erosionadas que poden certificar a adscrición desta pedra a época prehistórica.
Tanto a información como as fotografías son do incansable investigador José Antonio Gavilanes, do que continuamente recibimos noticia dos seus interesantes achádegos por terras ourensás. Grazas, José Antonio.
Fotografías e texto de José Antonio Gavilanes
No hay comentarios:
Publicar un comentario