Esteos da canteira megalítica da Necrópole de Nenos. Narón
Estamos diante de dous esteos, dados a coeñecer por André Pena Graña, perfectamente labrados pero que aínda están sin extraer do seu estrato rochoso nunha canteira megalítica. Son dous esteos que permenecen "in situ" e que, por algunha razón que non se pode coñecer, non foron extraidos do seu lugar orixinal.
Estamos, por tanto, diante dun exemplo perfecto e paradigmático que nos permite saber como extraían os esteos para construir as antas os homes do Neolítico.
Moi preto aséntase a Necrópole de Nenos, composta por varias mámoas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario