domingo, 10 de febrero de 2013

Anta-dolmen da Necrópole de Zo. Cuntis, Pontevedra

Anta-dolmen da Necrópole de Zo. Cuntis, Pontevedra

Trátase dunha necrópole ubicada ao redor da Lagoa de Zo, adscrita á parroquia de Cuntis. Segundo a páxina web do Concello de Cuntis, esta zona coñécese co evocador nome ou topónico "Eira dos Mouros.

Desta mámoa só puiden conseguir a fotografía que vos amosa, que ten unha forma realmente curiosa: ademais de amosar unha forma cóncava ou imitando a forma dunha case bóveda no eixo vertical, semella como si nos extremos se debuxasen unha especie de muñóns ou escotaduras que lle confiren un aspecto -polo menos na fotografía- inequívocamente antropomorfo.

Non sei absolutamente nada das proporcións do esteo conservado, nin do tamaño da mámoa nin si conserva algún esteo mais da estrutura arquitectónica megalítica.



2 comentarios:

  1. O que si ten pinta é de soporte dun mesado moito maior, ou dunha das rochas fincadas pra soster algo; habería que medila cunha corda.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que é unha peza impresionante. só indo alí saberíamos como é, as caracteristicas, etc.

      Eliminar