domingo, 10 de febrero de 2013

Anta-dolmen A Pedra Alta. Cee

ANTA-DOLMEN A PEDRA ALTA. Cee

Non sei en que parroquia se atopa nin as medidas dos esteos que compoñen a estrutura arquitectónica desta fermosa anta. Segundo pode colexir a través da contemplación da fotografía, semella que estamos diante dun exemplar adscrito á tipoloxía das plantas desenvolvidas de xeito circular e cun incipente corredor, ou corredor pouco desenvolvido. 

Tamén, segundo o anterior criterio, a superficie da mámoa está recuberta de numerosas pedras, o que pode dar lugar á  consideración ou pervivencia dunha poderosa coiraza pétrea.

Segundo a información recollida no blog do amigo Xabier Moure Salgado (onosopatrimonio), a anta confórmase a través de seis esteos e outros dous para o corredor.



Fotografía extraida do blog onosopatrimonio, de Xabier Moure Salgado

2 comentarios:

  1. Ainda que é un pouco pequeno, tamén ten pinta de círculo tipo "crómlech". Mais os seus ortostatos fincados non semellan moi grandes e outos.
    Saúde e Esquilmo.
    d:D´

    ResponderEliminar
  2. O máis probable é que sexa a punta dos esteos que sobreaen. Estarán enterrados na mámoa que non sabemos como é; pero non hai razón para considerar que non sexa das do tipo medio.

    ResponderEliminar