jueves, 13 de diciembre de 2012

Anta de Zarramacedo. Bando, Santiago de Compostela

Anta de Zarramacedo. Bando

Tamén se denomina Dolmen das Derramadas e atópase nunha zona de monte baixo adicada a labouras agrarias.


Fotografía da páx. web megalitos.arqueoloxico.com

Trátase dunha cámara megalítica que perdeu todo o recubremento tumular, polo que hoxe só se pode ollar o que queda da estrutura arquitectónica devandita. Conserva oito dos nove esteos que a estaban a conformar e debuxa unha cámara adscrita as do tipo poligonal con tendencia lixeiramente circular.


Planta da Anta de Zarramacedo

O eixo lonxitudinal L-O, acada  un metro e oitenta e cinco metros de lonxitude, e o eixo transversal atinxe unha lonxitude dun metro e cincoenta e cinco centímetros. A ltura da cámara na parte visible vai de entre os setenta centímetros ata un metro e vinte centímetros. Todos os esteos amosan unha clara inclinación cara ao interior.



Información extraída de:  Plan Xeral de Ordenación Urbana de Santiago
Ver Bibliografía

No hay comentarios:

Publicar un comentario