ANTA-DOLMEN 6 DA NECRÓPOLE DA CHAN DA CRUZ.
RUTA MEGALÍTICA DA CHAN DA CRUZ, MONTE PENIDE-MIRALLO
"Significa mucho para aquellas personas que están oprimidas saber que no están solas. Nunca dejes que nadie te diga que lo que estás haciendo es insignificante."
Desmond Tutu
 |
Debuxo versión de Moncho Boga, 2026. |
Pouco a pouco imos achegándonos ao final do roteiro proposto, camiñando polas mámoas con restos de cámara megalítica nas sobranceiras e altas terras de Redondela. Para chegar á nosa anta número 6, unha vez que estamos diante da colosal Mámoa do Rei, atópase seguindo cara á dereita (leste) da pista situada mesmo enfronte da raíña das Mámoas do Penide.
 |
Ubicación da Mámoa 6. Google maps. |
Esta é a anta-mámoa do "Conxunto Tumular da Chan da Cruz 10" e, como xa sabemos, atópase na área coñecida ou lugar de Monte Penide-Mirallo, a uns trescentos oitenta metros de altitude. E tamén, como xa veño repetindo nas anteriores entradas, a anta atópase ubicada na ampla ou extensa penechaira que se extende na orientación sueste do Pico San Vicente.
 |
Fotografía de megaliticiablogspot.com |
A floresta varia que tamiza esta paisaxe de amplos horizontes, consiste sobre todo no anárquico e flamante monte baixo (toxos, fieitos, silvas, uces...) así como extensas repoboacións de piñeiros e eucaliptos, matizados por algunha cativiña illa de vexetación autóctona. Cabe subliñar que os piñeiros que cubrían toda a superficie da masa tumular foron cortados no ano 2024, deixando á vista (debido tamén ao desbroce) os restos dunha fermosa cámara megalítica. Dicir tamén que os terrenos pertencen á Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Negros.
 |
Planta, versión propia a partir de Vázquez Collazo. |
Segundo as diversas numeracións feitas ao longo do tempo sobre esta necrópole debo clarexar que esta mámoa-anta leva o número 19, segundo a prospeción de 1985 realizada polo Grupo de Arqueoloxía "Alfredo Alén". Trátase tamén da mámoa 13 de Hidalgo e Coberna segundo a súa numeración logo doutra prospeción realizada no ano 1980. E, por fín, Cayetano Mergelina numerouna no plano, que se pode ver na primeira entrada adicada a esta ruta, co número XIV.
 |
Fotografía de megaliticiablogspot.com |
Comenzando pola mámoa, clarexar que se atopa moi achanzada e, como xa é habitual, cun burato de expolio considerable: ten forma rectangular e mide case dous metros por un metro e medio; a profundidade acada un metro. Aparecen, por toda a superficie tumular, diversas pedras graníticas e seixos que poderían formar parte da súa coiraza pétrea. No leste ábrese un corte debido ben a un camiño primitivo ou a un rego-gabia feito polos menesterosos piratas buscadores dos inexistentes tesouros dos mouros. A zona do oeste semella bastante mellor preservada que o resto da mámoa. Trátase dunha mámoa de tamaño medio-pequeno que non chega aos quince metros e aos trece e medio nos seus diámetros mais longos.
 |
Fotografía de megaliticiablogspot.com |
Como dicía, a mámoa atópase moi alterada e, no interior do funil do expolio, posiblemente sobresaen catro esteos in situ e outros dous dos que non se pode asegurar que pertenzan á estrutura arquitectónica ou que estean in situ. Malia que os esteos son bastante cativos, o meirande sobresae pouco mais dun metro.
 |
Debuxo Moncho Boga. |
Por desgraza, tanto a mámoa como a anta atópanse moi esnaquizadas: os tres esteos que parecen estar in situ son bastante pequechos... Dos outros tres, semitumbados, semella que só un deles podería formar parte da cámara megalítica. Dos outros dous, un deles parece que é de talla recente, un perpiaño, coma un sillar.
 |
Panel cos elementos da ruta. |
EN SIGRÁS, NAS VÍSPERAS DE XULLO DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!
BIBLIOGRAFÍA E ENLACES MAGNÍFICOS, E POR ISO INDISPENSABLES
https://megaliticia.blogspot.com/2025/12/Necropole-Monte-Penide.html
José Manuel Hidalgo Cuñarro e Fernando Javier Costas Goberna, “El gran conjunto megalítico de Monte Penide, Redondela-Pontevedra.” El Museo de Pontevedra, XXXIV, 1980
Cayetano Mergelina, “Notas sobre arqueología gallega. Las mámoas de Chan da Pedra do Couto y de San Colmado.” Boletín del Seminario de Arte y Arqueología, Tomo 4,1º., curso de 1935-36. Valladolid, 1936.
Patiño Gómez, R.: “La necrópolis megalítica de Monte Penide – Vixiador”. Traballos de Arqueoloxía, 1992. Publicación do grupo de arqueoloxía Alfredo García Alén.
Filgueira Valverde y García Alén, “Inventario de monumentos megalíticos de la provincia de Pontevedra.” El Museo de Pontevedra, XXXI. Pontevedra 1977.
R. Fábregas Valcarce, X. Carballo Arceo y V. Villoch Vázquez. Petroglifos y Asentamientos: El caso de Monte Penide (Redondela Pontevedra).
Antonio Martínez Cortizas, Ramón Fábregas Valcarce, Susana Franco Maside. Evolución del paisaje y actividad humana en el área de Monte Penide (Redondela Pontevedra).
Ramón Boga Moscoso, “Guía de dólmenes de Galicia.” Bahía 1997.
Baños Rodríguez et al, “Antas e pedraditas de Galicia.” Asociación de Amigos do Museu Arqueolóxico A Coruña, 1996.
https://montepenide.wordpress.com/
https://oestrymnio.blogspot.com/2013/03/monte-penide-necropolis-megalitica-y.html
https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/mamoa-inedita-1-das-pedras-do-picos-cabeiro-o-vixiador-2633234
https://web.archive.org/web/20140111003856/http://www.acitania.com/Visita_Guiada_MontePenide-ACITANIA.pdf
https://turismoriasbaixas.com/es/search/museo-virtual-monte-penide-prehistorico
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-dos-tumulos-de-monte-penide-monte-mirallo-redondela-45986051
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/mirador-de-coto-fenteira/
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=56&id=2345
https://sanvicentedetrasmano.wordpress.com/2013/01/28/ruta-de-los-misterios-y-las-leyendas/
https://montepenide.wordpress.com/category/castro-de-negros/
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/mamoas-de-galizagalicia-provincia-de_9.html
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/o-castro-de-negros.html
https://redondela.gal/categoria/turismo-redondela/que-ver/
https://espanaviajar.com/pontevedra/pueblos/redondela/
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/monte-penide-roteiro-prehistorico-9144743
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/05/06/redondela-musealizara-mayor-yacimiento-mamoas-galicia/0003_201305V6C3991.htm
https://sanvicentedetrasmano.wordpress.com/2013/01/28/que-ver/
https://www.google.com/maps/dir/Redondela,+Pontevedra/Petr%C3%B3glifos+de+Chan+da+Cruz,+Unnamed+Road,,+36811+Redondela,+Pontevedra
Ningún comentario:
Publicar un comentario