Antas-dolmenes das Pedreiras. Zamáns, Vigo
Ramén se coñece co nome de Necrópole das Xunqueiras. Trátase dunha necrópole megalítica composta por catro mámoas que están ubicadas no Campus Universitario das Pedrafitas/Marcosende. As catro mámoas atópanse en lugares altos, destacados con moita visibilidade.
Anta-dolmen nº 2 das Pedreiras
Trátase dunha mámoa que acada os dezaseis metros no eixo N-S e outros dezaseis no eixe LÓ e apenas sobresae os setenta centímetros. É así que se amosa moi arrasada e chanzada. No medio debuxa o xa típico funil de violación onde se erixen tres esteos que miden uns oitenta centímetros de altura.
Mámoa nº 3 das Pedreiras
Acada os dezanove metros de diámetro no eixo N-S e dezaoito no eixe L-O. A mámoa acada unha altura duns dous metros e, ao estar nun lugar moi alto, popsibilita unha boa visibilidade.
Fotografías: xosecounhago.com |
No hay comentarios:
Publicar un comentario