martes, 12 de junio de 2012

Anta-dolmen Cova da Moura. Argalo, Noia.


Anta-dolmen A Cova da Moura. Argalo, Noia.

Para chegar. Hai que coller a estrada á dereita da xeral Noia-Boiro, no pazo do Vizconde S. Alberte, que remata na aldea de Canabal, no lugar do Páramo. A anta atópase á esquerda, nun desvío pouco antes de chegar ao cemiterio municipal de Noia. Pertence á parroquia de Santa María de Argalo.




Fotografía de Ángel del Castillo.

Estamos diante dunha mámoa de tamaño medio con cámara megalítica moi ben conservada de tipo poligonal con corredor corto. Conserva tamén a masa tumular a excepción do cadrante do leste que foi escavado no ano 1980.  Na devandita intervención arqueolóxica exhumouse unha área a xeito de adro delimitada por unh aliña de pedras xunto á que foron localizados 53 obxectos líticos cultuais. 


 Anta de Argalo no ano 1995.

A mámoa está composta por terra vexetal, recuberta por unha coiraza de pedras. Despois das escavacións pódese observar una anel que rodea a mámoa pola súa parte perimetral, formado por pedras de variado tamaño. As medidas da mámoa son as seguintes: eixo N-S 20 ms; eixo E-O, 22 ms.



A mámoa atópase recuberta por unha coiraza pétres e os restos do anel peristalítico descubertos na actuación arqueolóxica foron desmantelados. 


 

Anta de Argalo no ano 2010. Fotografía de Fidel Méndez.
A estrutura arquitectónica desenvólvese a través dunha cámara poligonal e corredor curto. Consérvanse3 sete esteos da cámara e dous do corredor no lado leste. Tamén consérvanse en catro ortostatos as cuñas orixinais destinadas a taponala masa tumular. 

Non está a conservar a pedra cobertora, aínda que Murguía sinalaba, no século XIX, que estaba nun lugar próximo. 



Fotografía de Fidel Méndez, 2010
Polo material exhumado na escavación arqueolóxica, inédita, de 1980, pódese considerar aínda hoxe como un dos máis importantes megalitos de Galicia: numerosos restos de cerámica campaniforme, un coitelo de sílex, varios machados de base cadrangular e puntas de frecha de base triangular.

Recentemente atopáronse restos de pintura.


Fotografía de Fidel Méndez, 1910.


Debuxo de Ramón Boga Moscoso

No hay comentarios:

Publicar un comentario