venres, 19 de decembro de 2025

PEDRAFITA-MENHIR A5 DA BAIXADA DE SAN XOSÉ. San Salvador de Cabreiroá, Verín.

PEDRAFITA-MENHIR A5

5. RUTA DAS PEDRAFITAS-MENHIRES DA BAIXADA DE SAN XOSÉ.

"Decía Bernardo de Chartres que somos como enanos sentados a hombros de gigantes, de tal modo que podamos ver más y más lejos que ellos, mas no, ciertamente, por la agudeza de nuestra vista o por la eminencia de nuestro cuerpo, sino porque somos llevados en alto y elevados por su gigantesca estatura."

Iohannes Sarisberiensis:  "Metalogicon"


Debuxo de Moncho Boga, 2025.

Camiño parlante coa voz dos milenios, camiño máxico onde os haia, camiño que berra silenciosamente tentando comunicar uns coñecementos que talvez se perderon para sempre. Sexa como sexa, desde aquí  somos tercos, teimudos, e non imos parar ata poder conferir a estes humildes elementos da nosa prehistoria unha dignidade que lles quitamos hai tempo. O Camiño da Baixada de San Xosé é por eso un dos camiños galegos por antonomasia, unha das rutas máxico-sagradas mais importantes do noso país, razón suficiente para que brille con luz propia.


 
Fotografía de Rafa Castro.

Por iso seguimos amosando esta extraordinaria ruta, este extraordinario Camiño onde as pedrafitas e os petróglifos xalonan como fachos accesos toda a súa lonxitude.

E chegamos, cansos, á pedrafita sinalada co número e letra A5 por Rafa Castro. Trátase dunha tremenda pedrafita adscrita ás da tipoloxía A, dentro da clasificación que levamos seguindo desde as anteriores entradas: a sección cadrada  e  a croa ou límite superior moi picudo. A lonxitude total non sobrepasa os dous metros e sesenta centímetros. 


OUTROS ELEMENTOS QUE DEFINEN A BAIXADA DE SAN XOSÉ: OS PETRÓGLIFOS.

Como seguro que nos imos decatando, as pedrafitas caídas nas beiras do Camiño da Baixada de San Xosé, son únicas na súa especie, en palabras de Rafa Castro. No contexto ou dentro do conxunto do Pozo do Demo, que se amosa coma unha grande área xacralizada, un gran contorno xalonado de xacementos prehistóricos de diferentes tipoloxías, de diferéntes períodos onde, como veremos, atópanse desde trilitos, pedras abaladoiras, lagares rupestres, castros, pías de diversos tamaños e formas, necrópoles... A eso hai que engadir o impresionante legado inmaterial, o importante folclore vencellado a todo iste rexistro arqueolóxico.



Un panel de petróglifos tipo cazoliña.
Fotografía de Rafa Castro.

Como nos tén informado polo miudo Rafa Castro, en toda a Baixada de San Xosé son extremada e misterosamente numerosos os petróglifos tipo cazoliña: malia que a meirande densidade se atopa no Camiño da Baixada, tamén son numerosos no contorno da Fraga Grande, nas inmediacións do Castro e no Camiño do Malpaso.



Petróglifo tipo esvástica.
Fotografía de Rafa Castro.


Dicía que a meirande parte son dos do tipo coviña ou cazoliña, moi variados en canto a diámetro e profundidade. En moi poucos dos paneis con este tipo de petróglifos é fácil definir un patrón. Aínda así, dentro da abrumadora maioría de coviñas  que acompañan e semellan sinalizar ou protexer o Camiño, destacan o que semella unha "esvática levóxica ou labaru" e uns círculos concéntricos nunha rocha partida pola metade.


Petróglifo de círculos concéntricos.
Foto de Rafa Castro.

Entroutros motivos, pódense atopar "puntos, sucos, cruces, frechas, pegadas de animais, podomorfos e quiromorfos".


NECESARIA ETNOGRAFÍA

Segundo relata Rafa Castro, as lendas que vencellan en xeral as insculturas, os petróglifos, en toda a comarca en xeral, teñen que ver coa relixión católica: os petróglifos con forma de ferradura son as pegadas do cabalo de Santiago. Cóntase que nesta especial área o cabalo, en cada pulada, avanzaba dous quilómetros, de xeito que, comezando en Ábedes, pasou por Cabreiroá, Tamaguelos e Feces de Abaixo. (Lenda recollida de Taboada Chivite).



Camiño do Malpaso.
Foto de Rafa Castro.

Estes relatos lexendarios sustituiron a outros anteriores á chegada do cristianismo. Trátase de dotar de significado, dunha explicación racional-tradicional a través do mitos, a elementos que doutro xeito escaparían a toda explicación. É o xeito popular de que estes extranos elementos adquiran significatividade, adquiran sentido.

E votarei sobre os nosos marabillosos "mour@s" da Baixada de San Xosé.


En Sigrás, nas incertas xornadas do Nadal de 2025.
Saúde, sorte e libros!!!



Camiño da Baixada de San Xosé. Mapa Togogáfico Nacional.

BIBLIOGRAFÍA XENERAL BÁSICA E IMPRESCINDIBLE

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/2014/04/pedrafitas-con-outras-funcions.html

Rafael Castro Vaamonde: "Novas exploracións no contorno do Pozo do Demo e das Fragas de Abedes." Traballo inédito.

Taboada Chivite, X.: "Folklore de Verín". Ourense, La Región.

Taboada Chivite, X.: "O Culto ás Pedras no Noroeste Peninsular". Vigo, Real Academia Galega, 1966.

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/2014/03/pedrafitas-falicas.html

https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html

https://www.diariodotamega.es/articulo/verin/verin-quere-facer-do-pozo-do-demo-maior-museo-natural-do-sur-galicia/20220214204758021561.html

ttps://www.laregion.es/comarca-de-monterrei/verin-recuperara-ruta-menhires-milenarios_1_20220223-2278229.html

https://osil.info/verin-proxecta-desenvolver-no-pozo-do-demo-o-maior-atractor-turistico-do-sur-de-galicia-cos-next-generation/

https://venagalicia.gal/noticia/2022/02/15/verin-quiere-convertir-pozo-do-demo-museo-aire-libre-referente-turismo-galicia/0003_202202O15C4991.htm

https://www.farodevigo.es/ourense/2021/02/27/denuncian-abandono-yacimiento-arqueologico-o-35760402.html

O_Bouzadoiro_un_xacemento_romano_unico_e.pdf

https://www.gciencia.com/retro/localizan-en-verin-o-castelo-medieval-de-cabreira/

https://estarvivobajoelcieloazul.blogspot.com/2013/03/pozo-do-demo.html

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/verin-comarca-de-verin-ourense-prg-150-sendeiro-do-pozo-do-demo-22216460/photo-14031936

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/punto-geodesico-de-montemaior-44984183/photo-29545613

https://verin.es/turismo/

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/pozo-do-demo-banco-con-vistas-a-verin-82126178/photo-53159527

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/ourense/lagar-rupestre-y-capilla-de-san-anton-de-abedes/

https://fontesmediae.hypotheses.org/4506

https://nosvolveremosaver.com/pozo-do-demo/

Ningún comentario:

Publicar un comentario