Pedrafita-menhir Marco Carreiro. Estacas-César (Cuntis-Caldas de Reis), Pontevedra.
Trátase dun bloque cilíndrico de grano groso que se vai estreitando cara ao máis alto adoptando un remate cónico moi redondeado. Acada unha altura dun metro e oitenta centímetros e, na base, un perímetro de oitenta centímetros.
Fotografía: O Megalitismo en Cuntis Francisco Ameixeiras Sánchez, Olimpio Arca Caldas. Tapa, 29 |
Atópase no antigo Camiño Real (hoxe un cortalumes) e, segundo a tradición, tratábase dunha "pedra legua". Facía, como dicía antes, de moxón demarcatorio entre as parroquias de Estacas (Cuntis) e Santo André de César (Caldas de Reis).
Na superficie, perfectamente puída, aparecen diversos gravados modernos debido ao seu continuado uso como marco de termo, pero tamén aparecen varias cazoliñas que seguramente permiten a súa adscrición crono-cultural á prehistoria. Desde aquí apostamos pola adscrición á época megalítica.
Efectivamente, xunto con diversas mámoas, a pedrafita do Marco Carreiro segue a marcar hoxe en día os límites administrativos entre concellos e parroquias.
Fotografía: O Megalitismo en Cuntis Francisco Ameixeiras Sánchez, Olimpio Arca Calda. Tapa, 29 |
BIBLIOGRAFÍA
PASADO E FUTURO DE CASTROLANDÍN (CUNTIS):
UNHA PROPOSTA DE RECUPERACIÓN E
REVALORIZACIÓN
Xurxo M. Ayán Vila (Coord.) TAPA 29. Instituto de Estudios Galegos Padre SarmientoConsejo Superior de Investigaciones Científicas - Xunta de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario