martes, 9 de octubre de 2012

Anta-Dolmen de Mazoi. Pousada, A Pastoriza. Lugo


 Anta-dolmen de Mazoi. Pousada, A Pastoriza. Lugo

Para chegar. Si collemos a estrada de Oviedo con dirección a Lugo, aparece un desvío á dereita que sinala "Prevesos-4" e "Castro de Rey-10". Por unha estreita estrada, en moi malas condicións, a poucos quilómetros aparece, á man esquerda, unha curiosa lousa de pizarra a xeito de moxón que sinala "Conxunto megalítico de Pedrasalves". Seguindo por una carreiro que é lindeiro dunha gran leira, chegaremos diante doutro cartel indicador que sinala "Dolmen de Mazoy visible en su túmulo". Un carreiro de eucaliptos, xalonado de diversos carteis e cruces, vai acompanando ata uns 100 metros despois, que chegaremos á anta.




A Anta de Mazoi atópase no medio dunha mámoa de dimensións medias. Trátase dun megalito adscrtito á tipoloxía de tipo poligonal con corredor desenvolvido. Conserva a pedra cobertora ou tampa da camara, pero non as do corredor. No extremo final do corredor alguien colocoulle unha cancela de madeira, o que lle confire un aspecto un tanto extrano e incluso extravagante.




Improbable Pedrafita de Mazoi

Por un camiño que parte das inmediacións da anta e a poucos metros desta, aparece outra lousa indicadora que sinala con letras vermellas moi rechamantes "Menhir". Seguindo a dirección sinalada por unha poderosa frecha tamén de cor vermello, aparece moit preto unha pedra fincada de sección cadrangular que non sobresae máis dun metro e cincoenta centímetros. Ammosa sección cadrangular na base e as caras moi ben traballadas con arestas rectas.

Á falta de máis referencias e dun análise máis detido, a primeira impresión é que non se trata dunha pedrafita.



Fotografías extraídas do blog:
http://destruccionpatrimonio2004-07-patinho.blogspot.com.es/

2 comentarios:

  1. Pasei este ano a vela e xa está completamente cuberta polos toxos, unha magoa polas suas dimensions e que está ben conservada.

    ResponderEliminar
  2. Sen dúbida Unknown. A mágoa é que en case todos estes explédidos monumentos sería moi fácil e barata a súa conservación por parte das autoridades. O noso querido toxo non fará máis que destruir paulatinamente a anta e a súa masa tumular. Saúdos, Mocho Boga

    ResponderEliminar