ANTAS-DÓLMENES E PEDRAFITAS DE A LARACHA.
A Laracha e un concello que se pode adscribir a terra de Bergantiños ou a terra de Ordes. En canto ao horizonte megalítico, dicir que os elementos que todavía se conservan nesta terra son tan absolutamente espectaculares como absolutamente descoñecidos.
A Laracha e un concello que se pode adscribir a terra de Bergantiños ou a terra de Ordes. En canto ao horizonte megalítico, dicir que os elementos que todavía se conservan nesta terra son tan absolutamente espectaculares como absolutamente descoñecidos.
Eu tiven a sorte de visitalos por primeira vez tendo por guia a unha persoa indispensable para o coñecementos deste concello, a saber, o amigo Masús. Sen a axuda deste defensor acérrimo das cousas de antes, nunca coñecería estes espectaculares monumentos.
Dicir tamén que aínda non tiven a oportunidade de estudar polo miúdo os elementos que vos vou a amosar, cousa que espero facer en breve. Ata entón, aquí van unhas cantas fotografías das maravillosas antas da Terra da Laracha.
A verdade é que aquel día do ano 2009 foi unha xornada extremadamente placenteira. Xantamos, Masús e eu, nunha casa de comidas en Soandres e, inmediatamente, fumos de excursión megaliteira.
O recordo máis grande é o das toxeiras e das silvas: non había parte do corpo que non quedase furada por estes senlleiros habitantes da nosa floresta varia.
-Forno dos Mouros das Brañas de Espindro. Soandres
-Forno dos Mouros do Coto de Altamira. Soandres
-Forno dos Mouros de Silvoso, Carballal. Soandres
-Pedrafita-menir Pedra Gaiada. Montemaior
Fotografías realizadas por Ramón Boga Moscoso no ano 2009. |
-Anta das Medorras, Fonte do Ouro, Ferreira. Montemaior
En Sigrás, saúde, sorte e libros!!!
Son un admirador deste tipo de patrimonio, o cal comparto mo meu blogue Galicia Pueblo a Pueblo, e encantaríame poder visitalos. Sería posible facilitásenme as indicacións para chegar a el? Estaríalles moi agradecido. Un saúdo.
ResponderEliminar