ANTA-DOLMEN DA NECRÓPOLE DAS NAMELAS 2.
8.-POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ
"Somos mucho más fuertes cuando nos tendemos la mano y no cuando nos atacamos, cuando celebramos nuestra diversidad […] y juntos derribamos los poderosos muros de la injusticia."
Cynthia Mckinney
Debuxo de Moncho Boga, Sigrás 2025. |
Deixo atrás a Necrópole do Cornellal e diríxome cara á necrópole do lugar denominado As Namelas, aínda na parroquia de Ventosa. Sigo camiñando coas palabras e a imaxinación, sigo por eses agrestes montes, sigo por entre silvas, xestas..., camiños pedregosos, repoboacións forestais, sigo camiñando na busca dos elementos colosais que supuxeron a primeira apropiación dun espazo, a primeria arquitectura monumental con sentido decidido de perdurar, cunha utilización continuada durante milenios nalgúns casos, a primeira humanización da paisaxe que se coñece en Galicia.
Sigo polo tanto escudriñando esas enormes construcións dos homes do Neolítico, aquiles homes que cun enorme esforzo adicaron unha tremenda cantidade de tempo e esforzo á morte, ao culto aos antepasados e que semella perdura e perdurará en Galicia a pesares dos cambios de milenios: o ancestral culto á morte.
As antas galegas, como se ven mantendo na bibliografía especializada, preséntanse pois como a primeira arquitectura monumental. Non só a función funeraria, senon que se conforman como as primeiras construcións que foron feitas coa intención clara de perdurar, talvez cun senso de "eternidade." Por iso talvez se converteron en referentes, destacando e dominando a paisaxe: unha apropiación tanto simbólica como real do territorio.
A mámoa da anta 2 de As Namelas é das do tipo medio pequeno acadando nos seus eixos os dez metros no norte-sul e case os trece no eixo leste-oeste. Presenta abondosos restos da coiraza pétrea.
Forma parte dunha necrópole composta por cinco mámoas, das que a número 1 foi completamente desfeita posiblemente debido a labouras forestais. Confórmase a través dunha cámara de planta poligonal, de reducidas dimensións, que conserva seis esteos, dous deles con decoración xeométrica a xeito de gravuras de traza ondulada e crebada. Están perfectamente imbricados entre sí, feito común para garantir a estabilidade do conxunto arquitectónico.
Os seis esteos están na súa posición orixinal e, ademais, aparece outro chanto ou laxe desprazada no lado do suleste da mámoa que parece que foi esnaquizado e rebaixado: probablemente é o que queda da pedra cobertora ou tampa. Por outro lado, a uns cen metros desta anta atópase a Anda de As Namelas 3.
Como dicía antes, os gravados atópanse sobre a cara interna de dous esteos da cámara: consisten nun motivo xeométrico que está composto por liñas en zigue-zague ou liñas ondeadas gravadas en paralelo. Trátase posiblemente dun tipo de representación xeométrica a xeito de decoración que é típico ou moi común na arte megalítica do horizonte tumular de Galicia.
Sen moito mais que dicir, dispóñome a perxeñar o seguinte elemento desta imaxinada (non por imaxinada menos real) ruta das frondosas terras de Ventosa.
EN SIGRÁS, REMATANDO O MES DE AUGUSTO DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!
BIBLIOGRAFÍA E ENLACES IMPRESCINDIBLES
https://megaliticia.blogspot.com/2015/11/mamoas-da-chaira.html
https://patrimoniogalego.net/index.php/77106/2015/08/mamoa-de-coto-cornellal/
https://patrimoniogalego.net/index.php/77217/2015/08/mamoa-cima-da-costa-2/
https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/
Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.
Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.
Fábregas Vácarcel e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.
Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.
Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular", 1995
Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.
Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.
Fábregas Vácarcel e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.
Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.
Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular", 1995
Fernando Carrera Ramírez: "El dolmen de Os Muíños (Agolada, Pontevedra). Intervención para la documentación y protección de la pintura megalítica conservada".
https://ospendellos.blogspot.com/2018/05/aldeas-con-corazon-axiaz-rio-vilar.html
https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html
https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html
https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html
https://www.instagram.com/manuelbustogalego/
http://www.agolada.es/turismo/que-ver
https://pendellos.blogspot.com/
https://ospendellos.blogspot.com/
https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/
aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra
https://dagolada.blogspot.com/
https://aquamlatam.blogspot.com/
https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII
https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html
https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-deza/agolada/
iglesia-de-san-xulian-de-ventosa
https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/
sobreirais-do-rio-arnego-agolada-pontevedra-668906
https://ospendellos.blogspot.com/2017/01/roteiro-cultural-dos-petroglifos-de.html
https://patrimoniogalego.net/index.php/77720/2015/09/petroglifos-do-couto-da-aspra/
https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919/photo-29452676
https://www.rios-galegos.com/ulla/index.html
https://historiadeza.wordpress.com/2024/12/14/la-iglesia-de-san-xulian-de-ventosa-la-catedral-del-arte-rural-gallego/
https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/sobreiral-do-arnego/20240705081019201775.html
https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/306/302/256
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7467/pazo-de-borraxeiros?langId=es_ES&tp=9&ctre=36
https://genealogiasdegalicia.wordpress.com/2012/01/21/condado-de-borrajeiros/
https://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/search?q=Anta+Coto+do+Cornellal

Ningún comentario:
Publicar un comentario