PEDRAFITA-MENHIR DO MARCO DE AGRELA. Lampai, Teo
Fermosa pedrafita feita de granito que acada unha altura á vista dun metro e trinta centímetros aproximadamente. A forma é regular e na base, que debe ser tendente a circular, mide uns cincoenta centímetros e na cume uns trinta e cinco. Nunha das caras aparece gravada unha letra "R". Segundo Xabier Moure, segura e probablemente estamos diante dunha auténtica pedrafita prehistórica que posteriormente foi reutilizada como marco demarcatorio ou de termo.
Fotografía e información extraídas do blogue de Xabier Moure, onosopatrimonio. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario