Cista de Gandón. Aldán, Cangas do Morrazo
Trátase de dúas cistas atopadas ao realizar unha escavación no soto dunha vivenda particular. O Arqueólogo Peña Santos desenvolveu unha escavación de urxencia e sairon á luz as dúas devanditas cistas que non tiñan tipo algún de estrutura tumular. A primeira cista tiña planta trapezoidal con cincoenta e cinco centímetros de lonxitude mámima; non mantiña pedra cobertora nin unha das pedras cabeceiras. As dimensións eran de trinta centímetros na base menor e cincuenta e tres centímetros na maior. A orientación era norte-sur. No seu interior apareceron restos dunha incineración.
Plantas das Cistas de Gandón 1 e 2 segundo versión de Ramón Boga Moscoso
A segunda cista atopábase cuberta cunha lousa grande de superficie e formas irregulares cunha dimensións máximas de cento oitenta e cinco metros de lonxitude, cento sesenta metros de ancho e trinta e cinco centímetros de fondo. Nunha das pedras do sudoeste apareceron gravadas cinco cazoletas. Todo o conxunto estaba rodeado dunha especie de anel lítico perimetral. Sobre o xabre apareceu un brazal de arqueiro e unha placa de cobre.
BIBLIOGRAFÍA
Beatriz Comendador Rey: Los inicios de la metalurgia en el Noroeste de la Península Ibérica
BIBLIOGRAFÍA
Beatriz Comendador Rey: Los inicios de la metalurgia en el Noroeste de la Península Ibérica
No hay comentarios:
Publicar un comentario