Anta-dolmen de Rebordondo. Cualedro, Ourense
Trátase dunha anta posiblemente esnaquizada, posto que todos cantos esforzos realizamos para a súa localización foron absolutamente infructuosos ata esta data, o que constitúe ou ben un claro exemplo do expolio do noso patrimonio ou ben un claro exemplo da súa inexistencia.
Sexa como sexa parece ser que estaba situada ao sul do Rebordondo, a uns cen metros ao sueste do enlace da estrada de Cualedro coa xeral de Vilacastín-Vigo. Parece ser, sigue sendo sexa como sexa, que se emprazaba na aba dun outeiro que a estrada pasaba bordeando, a setecentos trinta e dous metros de altitude.
Debuxo de Ramón Boga Moscoso a partirdunha fotografía de Rodríguez Colmenero. |
A presunta estrutura arquitectónica, posto que non había restos da estrutura tumular, estaba conformada por medio dunha gran pedra cobertora horizontal que medía dous metros de largo e un metro de ancho. No lado oposto apoiábase nunha especie de piar feito de pedras toscas de tamaño decrecetne. Na parte posteiror había outra gran pedra colocada a xeito de peche, como un esteo de cabeceira.Esta posuía unha función de sostén. Oriéntabase cara ao oeste e a altura máxima na parte anterior acadaba un metro. O conxunto arquitectónico permanecía asentado na rocha viva.
Información recollida do artigo de Rodríguez Colmeneiro, A., "La cultura megalítica en el Alto Bubal". Boletín Auriense 2, 1970.
No hay comentarios:
Publicar un comentario