sábado, 20 de octubre de 2012

Círculo Lítico de Lobeira. Vilagarcía de Arousa

Círculo Lítico de Lobeira. Vilagarcía de Arousa

Para chegar. Hai dúas opcións básicas: si saímos de Vilagarcía, hai que subir por Cornazo cara ao mirador de Monte Lobeira. Antes de chegar ao mirador, débese xirar á esquerda cara ao mirador de Faro das Lúas. Continúase recto, deixando á dereita o cruzamento que leva ao Mirador. Na primeira curva á esquerda xa se atopa o Círculo. Si saimos de Vilanova hai que subir por András cara ao mirador Monte Lobeira. Andes de chegar ao Mirador do Faro das Lúas, xa se pode ver o Círculo.




Trátase dun Círculo Lítico ben coñecido pola historiografía galega a través, primeiro de Murguía e despois de Obermaier. Non foi ata o ano 2006 que volveu a aparecer, posto que se cría desaparecido. No ano 2010 procedeuse a unha pequena intervención arqueolóxica para determinar tanto a súa naturaleza como a súa adscrición crono-cultural.

Para esta pequena reseña sigo o diario das escavacións publicadas por Beatriz Comendador no seu blog "a pedra do encanto".




A intervención arqueolóxica foi realizada por arqueólogos do CSIC coa colaboración de Beatriz Comendador. O obxectivo da intervención foi minimizar o impacto arqueolóxico obtendo o máximo de información, partindo da base dunha posible relación etre a necrópole megalítica aledaña e o Círculo. Dese xeito, planexáronse dúas sondaxes e, a partir de aí, atopouse o que se determinou como un camiño e ademais certificouse que a estrutura das pedras que forman o Círculo era moi superficial, sen ningún tipo de fosa de cimentación.

A partir destas intervencións, e á espera do traballo de laboratorio, o máis plausible é descartar a súa adscrición prehistórica: efectivamente, considéreas que o Círculo é bastante posterior aos túmulos posto que o nivel de ocupación atópase moi por enriba dos da mámoa aledaña.



O Círculo de Lobeira está ubicado nunha chaira onde tamén se asentan tres mámoas orientadas do Leste ao oeste. O Círculo mide ao redor de 18 ms de diámetro e atópase a menos de dous metros dunha das mámoas da necrópole. Compónse de pedras amoreadas de case un metro de ancho e, cada metro aproximadamente, aparecen fincadas pequenas pedras ou esteos deixando un espazo entre elas cuberto de pedras máis pequenas. Cada esteo amosa a cara plana, máis traballada, cara ao exterior.

Despois das sondaxes arqueolóxicas parece máis que probable, como dicía antes, que o Círculo Lítico de Lobeira adscríbase á época medieval. As similitudes cos círculos líticos de A Mourela en As Pontes de García Rodríguez son evidentes, tanto pola súa proximidade a unha necrópole megalítica como a existencia dun camiño primitivo. A todo iso hai agora que engadir a súa cronoloxía medieval, como xa está probado no caso de A Mourela.




Precisamente esta característica e un dos datos máis interesantes, que vinculos hai entre épocas tan disimilares como o megalitismo e a Idade Media? Est apregunta abre novos camiños e perspectivas para o estudo da sociedade tradicional galega e os seus patróns de ocupamento do territorio. Non cabe a menor dúbida de que as investigacións futuras sobre este tema arroxarán lúcidos e fecundos resultados.

Fotografías extraidas do Blog de Beatriz Comendador apedradoencanto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario