PEDRAFITA-MENHIR O MARCO DA GÁNDARA.
Debuxo versión de Moncho Boga, 2024. |
A Pedrafita-marco-menhir de A Gándara atópase insertada, sólidamente clavada, no sitio do mesmo nome, lugar de Roxos, parroquia de Neiras. A ubicación repite algunhas das constantes propias das pedrafitas galegas, neste caso a situación nunha ampla e extensa chaira e ademais ao carón dunha antiga ruta de comunicación, talvez prehistórica, un camiño tradicional e ancestral. A pedrafita-marco, cunha omnipresente presenza na chaira, fai de marco de termo entre as parroquias de San Salvador de Neiras e Santo Estevo de Refoxo. O río Neiras serpentea non moi lonxe en dirección norte-sur, preto do lugar de O Roxo.
![]() |
Fotografía de Xabier Moure en onosopatrimonioblogspot.com |
Este pequeno pero poderoso esteo amosa os típicos rasgos que permiten a súa adscrición ás pedrafitas da tipoloxía fálica. A feitura e a presenza de dúas coviñas confírenlle un claro aspecto de pedrafita neolítica, como atestigua Alberte Alonso, que a constextualiza no ámbito das pedrafitas de tipo fálico.
As principais novas encol desta pedrafita-marco de termo proceden en case toda a súa totalidade dos interesantísimos apuntamentos de Xabier Moure no seu blogue onosopatrimonio.
![]() |
Fotografía de Xabier Moure en onosopatrimonioblogspot.com |
Sabemos tamén, a partir das pescudas de Moure, que o marco da Gándara cítase no Catastro do Marqués da Ensenada como límite das dúas parroquias. Nelas exercían o seu poder xurisdicional o conde de Amarante (Refoxo) e o conde de Lemos (Neiras).
![]() |
Fotografía de Xabier Moure en onosopatrimonioblogspot.com |
![]() |
Fotografía de Xabier Moure en onosopatrimonioblogspot.com |
![]() |
Fotografía de Xabier Moure en onosopatrimonioblogspot.com |
![]() |
Castelo de Maside, Ferreira de Pantón. Fotografía: turismodegalicia.com |
E pasou o que tiña que pasar: acabaron irremediablemente namorados. Desgrazadamente o que barruntamos malévolo Conde de Lemos non tardou moito en enterarse destes prohibidos encontros e conminou á súa fermosa sobriña a que deixase de ver ao pastor. A moza, nun acto de heroica valentía, ese valor que só posibilita o amor, negouse taxativamente e continuou xuntándose co mozo á beira da nosa pedrafita. Pero o conde, astuto e cruel, enviou aos seus secuaces ao lugar de encontro dos xóvenes namorados. Cando chegaron, asasinaron ao mozo sen compasión: a sobriña do conde, horrorizada, púxose diante do pastor para defendelo, provocando que tamén fose ferida mortalmente. O conde, finalmente, para nada arrepentido, ordenou que os enterraran ao carón do marco: un mirando cara ao leste e o outro cara ao oeste, de xeito que non se poideran nin ver nin tocar incluso despois de mortos. A crueldade do conde, para rematar, retrata sempre o poder case omnipotente dos nobles medievais galegos.
En Sigrás, nunha primavera diferente do ano 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
ALGÚNS ENLACES NECESARIOS E ALGO DE BIBLIOGRAFÍA
https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/2014/03/pedrafitas-falicas.html
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/sober/2017/03/08/span-langgl-posible-menhir-antigo-marco-divisorio-spanspan-langgl-monforte-sober-span/0003_201703M8C2991.htm












