ANTA-DOLMEN MÁMOA DAS LAGOCHEIRAS 1.
SENDA DAS MÁMOAS DE MARÍN X
Debuxo de Moncho Boga, 2025. |
Fotografía de megaliticia.blogspot.com |
E, xa preto do final, achégome con afán e inquedanzas librescas, a estes dous novos elementos megalíticos que forman parte da necrópole das Lagocheiras: exemplares maltratados, non tanto polos elementos, como pola pertinaz actuación dos seres humáns. En calquera caso, estes dólmenes tamén son tercos e persisten na súa gravedade de milenios, enchentos de feridas, mais siguen aí.
Fotografía de megaliticia.blogspot.com |
A mámoa número 1 de Lagocheiras atópase a media ladeira nunha especie de pequeno espolón da estribación occidental do Monte Xaxán-Gagán, nun pequeno paso natural e non é moi visible. A contorna inmediata é un bosque de repoboación de piñeiros e acacias así como monte baixo (toxo, fentos, silvas e brezo, sobre todo).
![]() |
Mesa informativa da Senda das mámoas de Marín. |
A mámoa amosa o sempiterno cráter de saqueo central e ademai atópase, como dicía, bastante alterada polas contínuas repoboacións forestais e está recortada en todo o perímetro por dous sendeiros forestais.
Planta a partir de Acuña Piñeiro, 1994. |
A mámoa pode considerarse de medianas dimensións sobrepasando por pouco a ducia de metros no eixo L-O e un pouco mais de quince metros para o eixo N-S. Non sobresae na paisaxe mais dos sesenta centímetros. Sen embargo o funil de violación pasa dos dous metros no eixo N-S e case os dous metros no eixo L-O.
Do burato do saqueo asoma unha cámara megalítica de planta alongada e coa apariencia cadrangular. Está conformada actualmente por cinco esteos de granito: dous deles semella que están na posición orixinal vertical; outros dous atópanse lixeiramente inclinados cara ao interior da cámara e aparece un gran chanto nunha beira.
Croquis do Sendeiro das mámoas de Marín. |
Malia todo iso, podemos contemplar un estupendo exemplar megalítico que todavía nos permite recordar o esplendor que tivera noutrora.
En Sigrás, no interregno de 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
ENLACES E ALGUNHA BIBLIOGRAFÍA
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/marin/2015/09/16/zarzas-asfixian-area-mamoa-chan-armada/0003_201509P16C8995.htm
https://historiaymitos.blogspot.com/2009/04/mamoas-bajo-asedio-en-o-morrazo.html
https://ahoradosmouros.blogspot.com/2012/01/duas-lousas-da-mamoa-do-chan-da-armada.html
F. Carrera Ramírez e R. Fábregas Valcarce: "Arte parietal megalítico en le Noroeste Penínsular". Tórculo Edicións, 2006.
SOBRINO LORENZO-RUZA, Ramón. “Prospecciones arqueológicas en Morrazo”. El Museo de Pontevedra. Pontevedra. 1956.
https://patrimoniogalego.net/index.php/4681/2011/09/mamoa-de-chan-da-armada-1/
https://megaliticia.blogspot.com/2024/07/Senda-mamoas-Marin.html
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-das-mamoas-de-marin-219310977/photo-132766529
https://cousasdecarragal.blogspot.com/2025/03/marin-la-recomendada-ruta-das-mamoas.html
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/o-morrazo/ruta-pasada-auga-estrear-senda-das-mamoas/202406162121471308969.html
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/o-morrazo/nueva-senda-das-mamoas-marin-podra-realizarse-proximo-2-junio/202405011229341302690.html
https://www.carriola.es/index.php/noticias-de-marin-by-julio-santos/7174-el-concello-inaugura-el-proximo-domingo-la-ruta-das-mamoas-con-una-andaina-desde-el-lago-de-castineiras
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/2024-roteiro-das-mamoas-de-marin-otonal-noviembre-desde-lago-castineiras-a-lagocheiras-192112111/photo-118661999
https://nl.wikiloc.com/routes-wandelen/ruta-das-mamoas-de-marin-circular-desde-lago-castineiras-jmc-mamoas-192531087
https://it.wikiloc.com/percorsi-escursionismo/vilaboa-lago-de-castineiras-y-rio-maior-204892555
https://pt.wikiloc.com/trilhas-trekking/ruta-das-mamoas-de-marin-circular-desde-lago-castineiras-jmc-mamoas-192531087
Ningún comentario:
Publicar un comentario