Espectacular pedrafita descuberta polo investigador Alberte Alonso. Alberte catalogou a pedrafita e puxo en coñecemento de Patrimonio o perigo en que se atopaba para que as autoridades competentes solucionasen o seu abandono. Despois de moitos anos lamentablemente a pedrafita segue a estar nas mesmas condicións.
Tampouco sabemos moito máis desta pedrafita que das que a precederon. Só podemos intuir que talvez fose un marco de termo con sección cadrangular con algunha das súas caras moi plana e coroa redondeada.
Fotografía de Alberte Alonso Fernández, do blog onosopatrimonio de Xabier Moure |
No hay comentarios:
Publicar un comentario