ANTA-DOLMEN DA PREGACIÓN
"Los hombres han sido siempre, en política, víctimas necias del engaño ajeno y propio. Lo seguirán siendo mientras no aprendan a descubrir, detrás de todas las frases y promesas, los intereses de una u otra clase."
Guillermo de Ockham
Debuxo de Moncho Boga, 2024. |
A verdade é que sempre é un acotecemento atopar novos elementos megalíticos no Concello de Friol: un territorio onde hai catalogadas mais de trescentas mámoas (así como unhas cen que foron destruídas nos últimos anos) das que moitas delas aínda amosan restos da estrutura arquitectónica ou anta. Coma sempre, viaxo polas ondas misteirosas e perigosas de internet, cómodo, pero sen a felicidade que aporta a viaxe e o atopar estes insignes exemplares da nosa mais fonda tradición arqueolóxica...
Para achegarnos ata alí, debemos sair de Friol e colle a estrada LU-231. E aínda que a anta atópase á beira da estrada o acceso é relativamente compricado, polo que empregar o XPS é convinte, por non dicir absolutamente necesario. A mámoa atópase completamente cuberta de monte baixo, predominando o toxo.
Pois ben, aquí estou novamente, neste fermoso concello, diante dunha mámoa de tamaño medio tirando a grande que acada os vinte metros de diámetro. Como adoita ser habitual, no centro, na croa da mámoa, aparece o sempiterno funil de saqueo vandálico, talvez froito daquiles primeiros buscadores de tesouros que, no século XVII, con autorización real, esnaquizaron unha inxente cantidade de mámoas por todo o territorio galego. Vázquez de Orxas foi un dos pioneiros desta ultraxe megalítica.
Vázquez de Orxas era un fidalgo do Couto de Recimil de Parga e, como dicía, acadou autorización do Rei para buscar tesouros no interior das cámaras: calcúlase que nas xurisdicións de San Paio de Narla, Lugo e Friol esnaquizaron ao redor de catrocentas mámoas na busca dos tesouros inexistentes.
No interior da mámoa, no interior do cono de violación, acubíllanse os restos do que foi a estrutura arquitectónica ou anta: a planta describe unha cámara das da tipoloxía poligonal e conserva seis esteos chantados noo chan verticalmente. Alguns deses chantos atópanse lixeiramente removidos da súa posición orixinal. Dicía cámara poligonal: tamén amosa parte dun corredor de acceso conformado por varios esteos.
Parece que a anta atópabase cuberta, como ven sendo habitual e necesario, por varias pedras cobertoras que indubidablemente foron destruídas ou ben reaproveitadas noutras construcións.
Fotografía do blogue megaliticia.blogspot.com |
Probablemente a anta de San Cibrao de Pregación é un das mais grandes do concello de Friol pois acada unha lonxitude duns catros metros. Apostillar tamén, que as antas con corredor non son as que mais abondan nas terras de Lugo.
Esta mámoa coa súa anta foi redescubera polo Colectivo Patrimonio dos Ancares, con Xabier Moure á cabeza, grazas ás investigacións de J. Núñez Jato e Laura Rodríguez Varela, quenes fixeros unha inxente laboura de localización de mámoas nos concellos de Lugo, Outeiro de Rei e Friol.
En Sigrás, nas vísperas de algo do mes de setembro de 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
ENLACES IMPORTANTES E NECESARIOS
https://lugoxornal.gal/medioambiente-patrimonio/11189-atopan-un-gran-dolmen-en-friol-de-4-000-anos-de-antiguidade/
https://megaliticia.blogspot.com/2019/06/dolmen-de-san-cibrao-da-pregacion.html
https://historiadegalicia.gal/2019/06/atopado-un-gran-enterramento-megalitico-con-corredor-en-friol/
Ningún comentario:
Publicar un comentario