jueves, 7 de noviembre de 2013

ANTA-DOLMEN MADORRO DE MONTOUCIDO. Cospeito, Lugo.

ANTA-DOLMEN MADORRO DE MONTOUCIDO. Cospeito, Lugo.

Investigando por ises incomprensibles mundos virtuais, atopei nun blogue que se denomina elarqueologoimpaciente, a fotografía dos restos dunha cámara e mámoa no concello lugués de Cospeito.

Trátase dunha aparente mámoa de tamaño medio  que amosa no centro o recurrente funil de violación. Nunha beira, segundo a fotografía, sobresaen dous esteos  de considerable tamaño de cuarzo branco: de altura poden acadar máis de setenta centímetros.








Fotos do blogue elarqueologoimpaciente.

2 comentarios:

  1. Pois paréreme que lle fallan outros tantos, coma se foran roubados...
    Breves saúdos

    ResponderEliminar
  2. Perdoa pola tardanza en contestar. Efectivamente estánlle a faltar polo menos cinco esteos, o que debuxaría unha planta probablemente poligonal. Os esteos que faltan serían reaproveitados en construción da veciñanza despois de escavar na busca de tesouros...

    ResponderEliminar