jueves, 24 de mayo de 2012

Pedrafita-menir do Marco da Pena Verde e anta das Paxaregas

Pedrafita-menir do Marco da Pena Verde




Parroquia de San Estevo de Formeá, concello de Trabada, Lugo.

Trátase dunha pedrafita de cuarzo branco, de sección irregular. A forma xeral da pedra é a dun paralelepípedo rectangular e amosa unha clara inclinación hacia o norte. Probablemente se conservou ata hoxe porque foi sempre considerado coma o marco que divide os concellos de Ribadeo, Trabada e Barreiros e as parroquias de Formeá, Vidal e Arante.

O lugar de emprazamento desta fermosa pedrafita é típicamente megalítico, posto que se atopa a moi poucos metros da necrópole de Paxaregas e nunha posición orográfica moi semellante, e dicir, na parte máis alta do cordal do macizo montañoso.

As medidas aproximadas son as que a continuación se sinalan: dous metros de altura e 50 por 30 cms de grosor.



Fotografía realizada por Ramón Boga Moscoso, 1999

Os veciños da zona saben ben quen e como se construiu esta pedrafita: "dise que a trouxo unha vella na cabeza mentras comía castañas asadas".



Anta das Paxaregas

Anta moi preta á pedrafita da Pena Verde, forma parte dunha necrópole composta de varias mámoas. A pedrafita parece funcionar como fito anunciador da presenza da necrópole.

A mámoa na que se insire esta anta mide 21 ms no eixo N-S e 19,50 no eixo L-O. Sobresae un metro e medio.

Trátase dunha mámoa cuia masa tumular atópase moi arrasado. Este feito posibilitou que quedase ao descuberto a cámara megalítica que está composta por seis esteos. Deles, só un se atopa desprazado do lugar que ocupaba orixinariamente. Hoxe en día atópase caído sobre o lado leste da mámoa.

O resto dos esteos están destribuidos en forma semicircular e parece que están "in situ". Están feitos todos eles en esquisto, aínda que algún deles amosa vetas de cuarzo. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario