PEDRAFITAS-MENHIRES DA BAIXADA DE SAN XOSÉ
RUTA DAS PEDRAFITAS-MENHIRES DA BAIXADA DE SAN XOSÉ.
"La razón humana tiene, en una especie de sus conocimientos, el destino particular de verse acosada por cuestiones que no puede apartar, pues le son propuestas por la naturaleza de la razón misma, pero a las que tampoco puede contestar, porque superan las facultades de la razón humana."
I. Kant: "Crítica de la Razón Pura"
![]() |
Debuxos e panel de Moncho Boga, 2025. |
O Concello de Verín anunciaba, en febreiro de 2022, unha reordenación dos recursos turísticos do contorno natural do Pozo do Demo, feito no que estaba implicado con absoluto entusiasmo o amigo megaliteiro de Verín Rafa Castro. Pois ben, desde aquila, nada de nada, para disgusto do amigo descubridor deste tremendo itinerario pedrafiteiro e para disgusto meu tamén.
Anunciábanse naquel ano actuacións cunha perspectiva "revolucionaria": a implementación dun Museo Natural ao aire libre que sería visitable por medio da realización de seis roteiros temáticos. Entre esas rutas, que abarcaban una amplo espectro do patrimonio natural e cultural, atopábase a recuperación das pedrafitas descubertas por Rafa, das pedrafitas da Baixada de San Xosé. Sería un roteiro que deambularía por entre pedrafitas e petróglifos: un paradigmático roteiro sagrado da prehistoria, probablemente único.
Dese xeito, segundo o Plan Director do Pozo do Demo (ao que aludían nas novas de toda a prensa), a concreción dese Plan suporía por en valor un "megarrecurso turístico, unha zona dun potencial que ven delimitada pola súa riqueza natural."
O aproveitamento, como recurso turístico, centraríase no contorno do Pozo do Demo, na chamada Baixada de San Xosé (un auténtico camiño prehistórico, entrada natural á Meseta) e no Rego das Quintas: cachón, campo megalítico, castelo medieval, castro, xacemento romano...
A intención das autoridades municipais era convertelo nun recurso turístico para a previsible chegada de ¡cen mil visitantes ao ano!. O reclamo, por suposto, era o xigantesco "museo natural" ao aire libre, e así disfrutar dunha "das paisaxes de maior beleza da provincia, un balcón ao Val de Monterrei."
Un total de seis rutas, accesibles, temáticas, por área de interese xeolóxico, megalítico, romano, medieval, flora e fauna e historia do evento de 1909.
O roteiro megalítico engadiría megálitos e petróglifos da Baixada de San Xosé. Posiblemente o nome da ruta sería "Ruta das Pedrafitas e Petróglifos da Baixada de San Xosé".
Pero desde o ano 2022 até hoxe (2025) non voltei saber nada dese ambicioso e interesante proxecto. E falei con Rafa Castro: o devandito proxecto probablemente quedou acochado nun caixón, reducido ás estancias do esquecemento. E no esquecemento tamagano quedaron tamén as nosas pedrafitas...
![]() |
Nestes outeiros localizaron os restos do Castelo de Cabreira. |
Nesta introdución, neste pequeno limiar, onde estou a estruturar unha senda, ruta, roteiro que só existirá na miña imaxinación, vou tentar ordear os poucos coñecementos que fun acopiando paseniñamente ao redor desta máxica e ancestral área do universo, tan imaxinario como real, arqueolóxico e etnográfico galego.
Tamén quero deixar constancia que nos últimos anos a Terra de Verín-Monterrei amósase como unha das grandes áreas megalíticas de Galicia, sendo a Baixada de San Xosé a de maior concentración de pedrafitas-menhires nunha zona tan reducida espacialmente. Si a esto lle engadimos a gran cantidade de petróglifos que flanquean este camiño máxico, atopámonos sen ningún tipo de dúbida, diante dun camiño ritual, dun camiño de importancia real e simbólica para os homes do neolítico e referentes para as xentes da bisbarra até épocas históricas.
Metodolóxicamente o traballo de Rafa Castro parte da hipótese seguinte: a consideración significativa de todos os elementos con relación práctica, histórica e/ou simbólica. O contexto e a interrelación destes elementos pode aportar unha compresión significativa global.
O ancestral Camiño da Baixada de Xan Xosé comunica os lugares de A Veiga das Méás (Concello de Vilardevós) e Cabreiroá (Verín). Trátase dun sinuoso trazado que serpentea a través dun acusado desnivel. O topónimo "Baixada de San Xosé" probablemente se debe á enorme cantidade de petróglifos do do tipo "coviña" que van xalonando todo o camiño: segundo a lenda as coviñas son a marca que deixou o "caxato de San Xosé" cando deambulaba por estes lugares na compaña da Virxe e do Neno para fuxír da furia asasina de Herodes.
O Camiño está a conservar as rodeiras-sucos perforados no transcurso dos séculos por carros: esa pervivencia foi truncada por unha desafortunada actuación do Concello de Verín (2013) provocando danos irreparables. Nas beiras deste Camiño Rafa Castro atopou varias posibles (e mais que probables) pedrafitas de gran tamaño, tiradas no chan, e algunhas delas decoradas con petróglifos tipo cazoliñas ou coviñas hemiesféricas. O Camiño da acceso á Igresiña dos Mouros e á porta sur dese Castro. Neste Camiño desemboca o Camiño de Malpaso, preto do posible emprazamento do mítico Castelo de Capraria.
Rafa Castro sistematizou e nomeou as oito pedrafita-menhires da Baixada de San Xosé a través de letras e números que están a seguir unha dirección lóxica ao longo do prehistórico camiño. Son as seguintes:
1. Pedrafita A1. Amosa, segundo Alberte Alonso, trazos fálicos e atópase entre as parroquias de San Pedro de Osoño (Concello de Vilardebós) e San Salvador de Cabreiroá (Concello de Verín).
-Coordenadas da pedrafita A1: Lat 41º 54´ 92,30´´ N Lon 7º 24´ 31,2´´ O 580 m.s.n.m
2. Pedrafita A2. Na Baixada de San Xosé, entre o treito da Veiga de Meás. Na clasificación de Alberte Alonso encádranse na tipoloxía de "pedrafitas con outras funcións" e dicir, que poden ter varias das que se consideran ou ben algunha outra función descoñecida.
-Coordenadas da Pedrafita A2: Lat 41º 55´0,99´´ N Lon 7º 24´ 2,87´´ O 549 m.s.n.m.
-Coordenadas da Pedrafita A3: Lat 41º 55´0,93´´ N Lon 7º 24´ 4,39´´ O 436 m.s.n.m.
4. Pedrafita A4. Na Baixada de San Xosé, entre o treito da Veiga de Meás.
-Coordenadas da Pedrafita A4: Lat 41º 54´9,47´´ N Lon 7º 24´ 4,01´´ O 591 m.s.n.m.
5. Pedrafita A5. Na Baixada de San Xosé, entre o treito da Veiga de Meás.
-Coordenadas da Pedrafita A5: Lat 41º 54´9,89´´ N Lon 7º 24´4,48´´ O 671 m.s.n.m.
6. Pedrafita A6. Na Baixada de San Xosé, entre o treito da Veiga de Meás.
-Coordenadas da Pedrafita A6: Lat 41º 55´0,93´´ N Lon 7º 24´4,39´´ O 582 m.s.n.m.
7. Pedrafita B1. Pedrafita con características fálicas, segundo a clasificación de Alberte Alonso. Atópase entre as parroquias de San Pedro de Osoño (Concello de Vilardebós) e San Salvador de Cabreiroá (Concello de Verín).
-Coordenadas da Pedrafita B1: Lat 41º 54´ 92,10´´ N Lon 7º 24´ 31,9´´ O 580 m.s.n.m
8. Pedrafita B2. Na Baixada de San Xosé, entre o treito da Veiga de Meás.
-Coordenadas da Pedrafita B2: Lat 41º 54´9,39´´ N Lon 7º 24´3,31´´ O 670 m.s.n.m.
A ruta completarase con outras dúas pedrafitas e un posible círculo lítico que se atopan no contorno imnediato da Baixada de San Xosé, nas increíbles paisaxes do Pozo do Demo. Son a Pedrafita da Fraga Grande e o Toco das Cabras.
9. Pedrafita Toco das Cabras.
10. Pedrafita da Fraga Grande.
11. Posible Círculo Lítico nunha das terrazas do Castro da Baixada ou Viña de San Xosé.
Todas as conclusións e/ou liñas principais de investigación desta entrada, así como a inxente recolleita de dados, a analise morfolóxica e as interpretacións, foron extraídas do inxente traballo elaborado polo incombustible investigador tamaguiano Rafa Castro, logo de moitas horas de laborioso e meticuloso traballo de campo polas abruptas terras do Val de Monterrei, polas reviradas costas do Pozo de Demo, polas empinadas rutas da Baixada de San Xosé, polas envexables paraxes da parroquia de Cabreiroá, no Concello de Verín. O espléndido traballo, inédito, de Rafa Castro, títúlase "Novas exploracións no Contorno do Pozo do Demo e das Fragas de Abedes". Toda esa intensa actividade, plasmada nese fabuloso traballo, foi realizada entre os anos 2013 e 2015.
Ruta Pozo do Demo, en wilkiloc |
Para rematar coa introdución, gostaríame facelo coas palabras do meu amigo megaliteiro Alberte Alonso, extraídas do seu blogue catalogacióndepedrafitasdegalicia a saber, "...dende o cumio do Pozo do Demo, área moi posiblemente sacralizada e posteiormente transformada, por medio da conversión ao cristianismo, esnaquizando lugares de culto tradicionais, ou aplicanda a obliteración, demonizando aos deuses indíxenas, ou criminalizando como bruxaría prácticas relixiosas ancestrais, onde é probable unha secuencia ocupacional dende o neolítico ata o medievo, pódese atopar o rexistro arqueolóxico de períodos e tipoloxías diferentes: círculos líticos, pedrafitas, trilitos, pedras abaladoiras, petróglifos, lagares rupestres, pías, castros, necrópole, así como o folclore ligado ao rexistro antropolóxico e etnográfico da área."
En Sigrás, nun día húmido e chuvioso do Nadal de 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
ENLACES QUE NON SE PODEN ESQUECER
https://www.diariodotamega.es/articulo/verin/verin-quere-facer-do-pozo-do-demo-maior-museo-natural-do-sur-galicia/20220214204758021561.html
ttps://www.laregion.es/comarca-de-monterrei/verin-recuperara-ruta-menhires-milenarios_1_20220223-2278229.html
https://osil.info/verin-proxecta-desenvolver-no-pozo-do-demo-o-maior-atractor-turistico-do-sur-de-galicia-cos-next-generation/
https://venagalicia.gal/noticia/2022/02/15/verin-quiere-convertir-pozo-do-demo-museo-aire-libre-referente-turismo-galicia/0003_202202O15C4991.htm
https://www.farodevigo.es/ourense/2021/02/27/denuncian-abandono-yacimiento-arqueologico-o-35760402.html
O_Bouzadoiro_un_xacemento_romano_unico_e.pdf
https://www.gciencia.com/retro/localizan-en-verin-o-castelo-medieval-de-cabreira/
https://estarvivobajoelcieloazul.blogspot.com/2013/03/pozo-do-demo.html
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/verin-comarca-de-verin-ourense-prg-150-sendeiro-do-pozo-do-demo-22216460/photo-14031936
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/punto-geodesico-de-montemaior-44984183/photo-29545613











.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)