ANTA-DOLMEN DE GAGÁN OU XAXÁN
SENDA DAS MÁMOAS DE MARÍN XI
"Moviéndose en el espacio, los átomos eran originalmente unidades individuales, pero inevitablemente comenzaron a chocar entre sí, y en los casos en que sus formas eran tales que les permitían entrelazarse, comenzaron a formar grupos. El agua, el aire, el fuego y la tierra no son más que diferentes grupos de átomos inmutables."
Demócrito de Abdera
Debuxo versión de Moncho Boga, 2025. |
E, lamentablemente, chego ao último elemento megalítico da Senda das mámoas de Marín..., sen embargo, sen dúbida voltarei por estas terras para reflexionar e amosar as outras antas sitas nos concellos de Vilaboa, Moraña, Bueu e Cangas. Non tardarei moito.
Pero antes de continuar, un pequeno excursus sobre os topónimos "Morrazo" e "Gagán". "Morrazo" adoitase interpretar como un topónimo derivado da raíz prerromana "mor" ou "morr" que se refería a pedras ou a montes moi pedregosos. Por iso tamén se considera que a palabra galega "morea" (moitas cousas amontonadas) podería ter a mesma orixe como "cousas amontonadas con forma de montaña". Pero tamén podería proceder la latino "Murratium" de xeito que significaría "muro": un enorme ou gran muro que se introduce no mar...
Con respecto ao topónimo "Gagán", é probable que proceda do latino "gagates", e dicir un marco no camiño, significado que cadra moi ben coa función delimitadora e/ou marcaxes espaciais, das mámoas e das pedrafitas en todo o territorio galego.
Chego á última espléndida anta: fantástico exemplar que non coñecía, pero que hoxe xa é como unha amiga mais dentro do amplo abano do megalitismo galego. E achégome á anta catalogada como Mámoa da Chan de Xaxán. Debo aducir neste punto unha breve consideración sobre o topónimo Xaxán ou Gagán: nunha ficha da páxina web de patrimoniogalego.com asinada por Franjopadín e adicada a esta mámoa, explica que se trata dun topónimo que estivo a sofrir unha deturpación debido a unha sobrecorrección de "ghaghan", que é a denominación traidiconal coa que a coñecen as xentes do Morrazo. Polo tanto deberíamos dicir Gagán.
Nas datas en que a visitou Franjopadín, a mámoa estaba absolutamente cuberta de matoxeiras, polo que resultaba infrutuoso intentar a súa medición e determinar polo tanto as súas dimensións. Falamos do ano 2011.
O emprazamento atópase nunha leve vagoada do regato Neibó, nunha suave pendente con dirección ao devandito rego. A masa forestal constituíase mediante unha repoboación de eucaliptos. A cámara megalítica ou anta atópase totalmente valeirada por dentro, saqueada, e a mámoa está lixeiramente remozada debido ás intensivas labouras forestais.
O túmulo acada grandes proporcións a saber, mais de trinta metros de diámetro e case os dous metros para a altura. Debido a esta enorme formación en canto ao volumen, a mámoa ten unha gran visibilidade, influindo taménm o seu asentamento nun dos socalcos do río.
Fotografía de megaliticia.blogspot.com |
Dicía antes que a cámara megalítica atópase completamente valeirada por dentro: por iso pódese contemplar unha planta poligonal composta mediante cinco esteos e o inicio dun mais que probable corredor na área do leste.
Fotografía de megaliticia.blogspot.com |
Outra das características é a presenza de restos da coiraza pétrea por diversas zonas da mámoa. En definitiva e, para rematar, a área do oeste da cámara atópase bastante esnaquizada, entre outras cousas debido ao transo dunha pista forestal.
Pois ben, lástima que rematou: só me queda retornar físicamente ao Morrazo e descubrir, en exclusivo directo, as antas desta increíble Senda que todavía non fun quen de visitar.
IMPRESCINDIBLE SI TE ACHEGAS A MARÍN
Si fixemos esta viaxe megalítica á Senda das Mámoas de Marín, é imprescindible visitar a Estación de Petróglifos de Mogor: indispensable, non admite demora.
Os Petróglifos de Mogor, á beira da primorosa praia de Mogor, contan hoxe cun Centro de Interpretación e con rampas que permiten a contemplación desa escritura prehistórica da rocha. Organizan, desde o Centro, visitas guiadas no verán tanto pola día como pola noite.
Non sei si é necesario dicir, a estas alturas, que Mogor e os seus petróglifos constitúen unha das estacións de arte rupestre máis importantes de Galicia e, sen dúbida, a mais importande do universo.
Por iso débese visitar indiscutible e inexcusablemente esta apaixoante estación de petrógligos e o seu Centro de Interpretación. Moito se ten falado, estudado e analizado sobre a significación destes impresionantes petróglifos, pero no que semella que hai un certo consenso é na consideración do seu posible uso ritual que talvez engada algún tipo de vencellamento coa astronomía. E dicir, unha especie de calendario, posto que, a través dos seus aliñamentos e roteiros sinuosos, pódense distinguir os equinoccios e os solsticios, tan importantes para as sociedades de cazadores e recolectores do neolítico.
Os motivos predominantes son os circulares, labirintos, espirais, cazoliñas, círculos concéntricos e un cervo.
Os petróglifos concéntranse en tres paneis ou estacións a saber, a Pedra do Campiño, a Pedra do Labirinto e a Pedra dos Mouros.
En Sigrás, nos días centrais de setembro de 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
INTERESANTES ENLACES E BIBLIOGRAFÍA
https://patrimoniogalego.net/index.php/4713/2011/09/mamoa-de-chan-de-gagan/
https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/dolmenes-lago-castineiras-11487131
https://megaliticia.blogspot.com/2024/07/Senda-mamoas-Marin.html
https://megaliticia.blogspot.com/2024/07/Senda-mamoas-Marin.html
https://arqueologia-patinho.blogspot.com/2008/07/chan-de-armada-desvela-sus-secretos.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/marin/2015/09/16/zarzas-asfixian-area-mamoa-chan-armada/0003_201509P16C8995.htm
https://historiaymitos.blogspot.com/2009/04/mamoas-bajo-asedio-en-o-morrazo.html
https://ahoradosmouros.blogspot.com/2012/01/duas-lousas-da-mamoa-do-chan-da-armada.html
F. Carrera Ramírez e R. Fábregas Valcarce: "Arte parietal megalítico en le Noroeste Penínsular". Tórculo Edicións, 2006.
SOBRINO LORENZO-RUZA, Ramón. “Prospecciones arqueológicas en Morrazo”. El Museo de Pontevedra. Pontevedra. 1956.
https://patrimoniogalego.net/index.php/4681/2011/09/mamoa-de-chan-da-armada-1/
https://megaliticia.blogspot.com/2024/07/Senda-mamoas-Marin.html
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-das-mamoas-de-marin-219310977/photo-132766529
https://cousasdecarragal.blogspot.com/2025/03/marin-la-recomendada-ruta-das-mamoas.html
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/o-morrazo/ruta-pasada-auga-estrear-senda-das-mamoas/202406162121471308969.html
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/o-morrazo/nueva-senda-das-mamoas-marin-podra-realizarse-proximo-2-junio/202405011229341302690.html
https://www.carriola.es/index.php/noticias-de-marin-by-julio-santos/7174-el-concello-inaugura-el-proximo-domingo-la-ruta-das-mamoas-con-una-andaina-desde-el-lago-de-castineiras
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/2024-roteiro-das-mamoas-de-marin-otonal-noviembre-desde-lago-castineiras-a-lagocheiras-192112111/photo-118661999
https://nl.wikiloc.com/routes-wandelen/ruta-das-mamoas-de-marin-circular-desde-lago-castineiras-jmc-mamoas-192531087
https://it.wikiloc.com/percorsi-escursionismo/vilaboa-lago-de-castineiras-y-rio-maior-204892555
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/marin/2008/03/15/arqueologos-reconstruiran-mamoa-chan-armada/0003_6653268.htm
https://pt.wikiloc.com/trilhas-trekking/ruta-das-mamoas-de-marin-circular-desde-lago-castineiras-jmc-mamoas-192531087
https://www.bing.com/images/search?view=detailV2&mediaurl=https%3A%2F%2Fwww.paxinasgalegas.es
https://arqui-2.blogspot.com/2014/07/breve-historia-de-los-laberintos.html
https://lugaresconhistoria.com/petroglifos-mogor
https://www.concellodemarin.es/
https://turismo.concellodemarin.es/index.php/es/cultura
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/petroglifos-de-mogor/
Ningún comentario:
Publicar un comentario